Celedonio de Uribe
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Celedonio de Uribe | |
---|---|
Nacemento | 1823 |
Oiartzun | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | enxeñeiro |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Monólito en homenaxe a Celedonio de Uribe na Coruña
Celedonio de Uribe y Urbiquiain, nado en Oiartzun (Guipúscoa) en 1823 e finado en Madrid en 1871 foi un enxeñeiro de camiños, canais e portos español.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Uribe rematou os seus estudos en 1847, tras os que foi nomeado enxeñeiro e destinado en Ourense. Tras pasar por Castellón e Valencia en 1859 foi nomeado enxeñeiro xefe da provincia da Coruña.
Durante a súa estadía en Galicia participou nos estudos dos faros do plan de iluminación marítima e redactou actuacións de enxeñería en localidades como Pontedeume, Mugardos e Ribeira.
En 1867 deseñou a ampliación do porto da Coruña sobre a que se crearon os xardíns de Méndez Núñez[1] e o primeiro proxecto da dársena da Mariña.[2][3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Bugallal, Isabel (4-11-2008). "El ingeniero que ensanchó A Coruña". La Opinión (en castelán). Consultado o 21-12-2016.
- ↑ Vázquez, Dolores (29-5-2012). "A Coruña homenajea a Celedonio de Uribe y Eduardo Vila". La Voz de Galicia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 22-12-2016. Consultado o 21-12-2016.
- ↑ Historia Século XIX
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Dalsa Escudero, Juan Luis. El ingeniero Uribe y el arranque de las obras provinciales en La Coruña (1859-1870) (en castelán).