Roma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.

Coordenadas: 41°54′N 12°30′L / 41.900, -12.500

Roma
Flag of Rome.svg Coat of arms of Rome.svg
Collage Rome.jpg
Vistas da cidade
Situación xeográfica
Roma en Italia
Roma
Roma
País Italia Italia
Rexión Lacio
Provincia Provincia de Roma
Xeografía
Altitude 20 msnm
Superficie 1.285,31 km²
Poboación
Poboación 2.645.907 hab. (2013)
Densidade 2.100 hab/km²
Xentilicio Romano[1]
Información
Código postal 00100; 00121 a 00199
Alcalde Ignazio Marino (PD)
Páxina web Páxina oficial de Roma

Roma é unha cidade, capital da Italia e da rexión do Lazio, provincia de Roma, con 2.754.440 habitantes (2010). Esténdese por unha área de 1.285 km², tendo unha densidade de poboación de 2.136,13 hab/km². Ten máis de 3,33 millóns de habitantes na súa zona metropolitana.

A cidade, que xurdiu no século VIII a.C., foi capital do Imperio Romano, e antes dun reino e unha república (ver Roma Antiga).

Roma é unha das cidades con maior importancia na historia mundial, sendo un dos símbolos da civilización europea e centro espiritual do catolicismo. Conserva numerosas ruínas e monumentos de tres milenios na parte da cidade antiga, declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO e que congrega cada ano a millóns de visitantes.

No interior da cidade encóntrase tamén o estado do Vaticano, residencia do Papa desde o século I. Tras o repregamento do dominio de Bizancio no século VII, foi centro dos Estados Pontificios ata a súa anexión en 1870 por parte do Reino de Italia.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Fai fronteira con Albano Laziale, Anguillara Sabazia, Ardea, Campagnano di Roma, Castel Gandolfo, Castel San Pietro Romano, Ciampino, Colonna, Fiumicino, Fonte Nuova, Formello, Frascati, Gallicano nel Lazio, Grottaferrata, Guidonia Montecelio, Marino, Mentana, Monte Porzio Catone, Monte Compatri, Monterotondo, Palestrina, Poli, Pomezia, Riano, Sacrofano, San Gregorio da Sasola, Tivoli, Trevignano Romano, Zagarolo.

Segundo a tradición Roma tería sido fundada no ano de 753 a.C. por Rómulo. No comezo foi gobernada por reis, pero tornouse unha república en 509 a.C. (de acordo coa tradición). A cidade crecía, e no final da República, a cidade de Roma era a capital dun vasto imperio arredor do Mar Mediterráneo. A poboación de Roma medraba, tanto que no seu auxe chegou a albergar máis dun millón de habitantes.

Co fortalecemento do Cristianismo na cidade, no século III, o Bispo (que despois pasaría a ser chamado Papa) de Roma tornouse a maior autoridade relixiosa na Europa Occidental.

A partir de mediados do século III, co comezo das invasións bárbaras no Imperio Romano (que chegaron a asaltar por varias veces a cidade), produciuse un fluxo de habitantes da cidade para o campo; cando o Imperio Romano se derrubou, pouco máis de 50 mil habitantes moraban aínda na cidade. A cidade de Roma estaría en mans bárbaras (e apoiada economicamente e politicamente polo Imperio Bizantino) durante polo menos catro séculos máis, cando en 756, Pipino III derrotou os longobardos. Roma pasaría a ser capital dos Estados Pontificios ata 1870, onde o Papa era a autoridade máxima do Estado.

Roma pasou a ser a capital da nova Italia unificada, en 1871. O 11 de febreiro de 1929, Benito Mussolini estableceu, nunha serie de acordos co papado cristián, o Estado independente do Vaticano, cedendo un espazo de 0,44 km² da cidade de Roma ao novo país.

Roma sufriu pesados bombardeos e foi tamén o campo de varias batallas, na Segunda Guerra Mundial, aínda que a cidade teña sufrido menos danos que outras cidades controladas polo Eixo (como Berlín ou Varsovia). Roma foi capturada polos aliados o 4 de xuño de 1944, a primeira capital dunha potencia central do Eixo en caer.

A cidade foi escenario dun crecemento acelerado nos anos que se seguiron á guerra. Con cerca de 240 mil habitantes na época da unificación italiana, a cidade medrou ata 692 mil en 1921 e 1.6 millón en 1962.

En 1960, a cidade foi sede das Olimpíadas de Verán.

Subdivisións[editar | editar a fonte]

O concello de Roma divídese oficialmente en 19 entidades singulares denominadas municipios e antes de 2000 coñecidas como circunscricións. O centro histórico divídese en rione que non teñen carácter administrativo senón histórico, na actualidade hai 22 rioni. Fóra do centro histórico Roma divídese en 35 quartieri, 6 suburbios e 59 zonas.

Economía[editar | editar a fonte]

O turismo posúe un papel vital na economía de Roma, dado o status da cidade como un dos máis famosos e máis coñecidos destinos turísticos do mundo.

A cidade é tamén un centro bancario e financeiro. Outros elementos destacados son o marketing e a moda (roupas de griffe).

Deportes[editar | editar a fonte]

O Estadio Olímpico de Roma, un dos estadios máis grandes de Europa, sede do AS Roma e SS Lazio.

A cidade de Roma foi sede dos Xogos Olímpicos de 1960, sendo o principal fito deportivo da súa historia recente. Porén tamén foi sede das finais dos Mundiais de Fútbol de 1934 e 1990, organizados pola FIFA, e as Eurocopas de Fútbol de 1968 e 1980, organizadas pola UEFA.

Ao mesmo tempo tódolos anos organízase entre outros eventos o Masters 1000 de Roma de Tenis, que reúne aos mellores tenistas do circuíto.

Os principais equipos deportivos estábeis da cidade son o AS Roma e SS Lazio en fútbol, o Pallacanestro Virtus Roma de baloncesto, o M. Roma Volley en voleibol e o Rugby Roma Olimpic e SS Lazio Rugby en rugby, todos nas máximas categorías dos seus deportes.

Símbolos e celebracións[editar | editar a fonte]

  • Cores: amarelo e vermello, representando, respectivamente, o cristianismo e o imperio.
  • Festivos municipais:

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

  • Dende 1956, ten unha relación de irmanmento exclusivo e recíproco con París, Francia Francia. Só París é digna de Roma; só Roma é digna de París.

Tamén ten relación de amizade con outras cidades:

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Roma
Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Roma

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]