Sergio Peñamaría de Llano
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1914 A Fonsagrada, España |
Morte | 29 de decembro de 2004 (89/90 anos) A Coruña, España |
Lugar de sepultura | cemiterio de Santo Amaro da Coruña |
Procurador en Cortes | |
31 de maio de 1961 – 15 de xullo de 1963 – Eduardo Sanjurjo de Carricarte → Lexislatura: VII lexislatura das Cortes franquistas | |
Alcalde da Coruña | |
19 de maio de 1959 – 1963 ← Alfonso Molina – Eduardo Sanjurjo de Carricarte → | |
Procurador en Cortes | |
6 de maio de 1959 – 18 de abril de 1961 ← Alfonso Molina Lexislatura: VI lexislatura das Cortes franquistas | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | avogado, político, oficial |
Familia | |
Parentes | Marcelino Suárez González, sogro |
Sergio Peñamaría de Llano, nado na Fonsagrada en 1914 e finado na Coruña o 29 de decembro de 2004,[2] foi un avogado, militar e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Durante a guerra civil serviu en unidades da Lexión. Foi un dos tenentes ao mando da columna da 3ª Bandeira da Lexión que se encargou da represión dos fuxidos na zona do Barco de Valdeorras en outubro de 1939.[3][4] Posteriormente integrouse no corpo xurídico militar, chegando a coronel. Foi nomeado alcalde da Coruña o 19 de maio de 1959. Impulsou as obras do aeroporto de Alvedro e cuñou a frase "A Coruña, cidade en que ninguén é forasteiro". Foi procurador en Cortes como alcalde de capital de provincia (1959-1963).
Predecesor: Alfonso Molina Brandao |
Alcalde da Coruña 1959 - 1963 |
Sucesor: Eduardo Sanjurjo de Carricarte |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Rosario Suárez Quiroga, filla de Marcelino Suárez González[3].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O cemiterio de Santo Amaro. Memoria de dous séculos. Concello da Coruña, Fundación Emalcsa. 2012. ISBN 978-84-616-1077-8.
- ↑ J. Gómez-Aller C. Fernández (30 de decembro de 2004). "Fallece Sergio Peñamaría de Llano, alcalde de la ciudad entre 1959 y 1963". La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 García Yáñez, Félix (2005). O Barco e a Terra de Valdeorras durante a II República e o Franquismo (1931-1977). Vigo: A Nosa Terra. p. 82. ISBN 84-96403-13-0.
- ↑ Manuel Monge (3 de abril de 2018). "Sergio Peñamaría de Llano, un alcalde franquista con rúa na Coruña". Praza Pública.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Fernando Pariente (29 de xaneiro de 2005). "Sergio Peñamaría de Llano: un hombre bueno". La Voz de Galicia (en castelán).