Aeroporto da Lavacolla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aeroporto de Santiago de Compostela
Aeroporto da Lavacolla

Nueva torre de lavacolla.jpg

IATA: SCQ – ICAO: LEST
Sumario
Tipo Público
Propietario AENA
Cidade/Illa Santiago de Compostela
Localización A Lavacolla, Sabugueira
Elevación (msnm) 1213 pés / 330 metros
Coordenadas 42°53′47″N 8°24′55″W / 42.89639°N 8.41528°W / 42.89639; -8.41528
Web www.aena-aeropuertos.es
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
pés metros
17/35 10498 3200 asfalto
Estatísticas (2013)
Número de pasaxeiros 2 073 055
Operacións 18.688
Carga (ton.) 1 929 000
Sala de espera.

O Aeroporto de Santiago de Compostela (IATA: SCQOACI: LEST), no pasado tamén coñecido como Aeroporto da Lavacolla, é un aeródromo situado preto da capital de Galicia, concretamente na Lavacolla, Sabugueira, Santiago de Compostela.

Na actualidade está xestionado por AENA, e abrangue a maior parte do tráfico aéreo en Galicia, tanto nacional como internacional. Na actualidade dende Lavacolla hai voos regulares a 29 destinos, 24 deles durante todo o ano e o resto estacionais.

Historia[editar | editar a fonte]

O aeroporto de Santiago de Compostela comenza a súa andaina no ano 1932, cando un grupo de aficionados da aeronáutica construe un aeroclube na cidade, máis concretamente, no termo municipal da Lavacolla. Nos seus inicios, o aeroporto contou con tres zonas de aterraxe formando un triángulo de pistas de dimensións 1100 por 200 m, 950 × 150 m e 600 × 125 m.

O aeroporto adquire protagonismo militar coa chegada da Guerra Civil española, e non é ata 1937 cando inícianse os servizos comerciais regulares, coa liña Santiago-Salamanca-Valladolid-Zaragoza, operando nun aeroporto que só contaba cun simple barracón de madeira para albergar ós pasaxeiros.

En 1939 e 1940 un batallón de 388 traballadores, prisioneiros políticos, traballaron na construción do aeroporto e na ampliación das pistas[1].

No ano 1948 inícianse obras de asfaltado da pista e no ano 1953 constrúense a pista de rodadura e o estacionamento. Non é ata os anos sesenta cando podemos falar dun gran aeroporto comercial, posto que é nesta década cando realízanse obras de especial transcendencia, como son o parque contra incendios, a nova torre de control, melloras nas pistas de aterraxe e de rodadura, e constrúense a nova terminal de pasaxeiros.

Nos anos 80 constrúese a terminal de carga, que se ten que ampliar posteriormente debido á forte demanda de mercancías que sufre Santiago polo aire. Un factor fundamental na operatividade do aeroporto foi a instalación do sistema ILS Cat II/III no ano 1993, que permite á aviación operar en condicións meteorolóxicas de baixa visibilidade e reducir así as cancelacións e desvíos de voos.

Xa por último, é necesario recalcar a importancia do Ano Santo Compostelán (celébrase cando o 25 de xullo coincide en domingo) para o aeroporto, posto que sempre que coincidiu co mesmo, leváronse a cabo importantes melloras. Co motivo do Ano Santo de 2010 constrúese unha nova terminal de pasaxeiros.

Aeroliñas e destinos[editar | editar a fonte]

As seguintes aeroliñas operan dende o Aeroporto da Lavacolla:[2]

Vueling Airbus A320-200 en Santiago de Compostela
Iberia Express Airbus A320-200 en Santiago de Compostela
Aeroliñas Destinos 
Aer Lingus Estacional: Dublín
Air Europa Gran Canaria, Lanzarote, Tenerife–Sur
Tempada: Fuerteventura, Eivisa, Menorca, Palma de Mallorca
easyJet Londres–Gatwick
easyJet Switzerland Basilea–Mulhouse, Xenebra
Iberia
operado por Air Nostrum
Bilbao, Madrid–Barajas
Estacional: Fuerteventura, Gran Canaria, Lanzarote, Palma de Mallorca, Tenerife–Norte
Iberia Express Madrid–Barajas
Ryanair Barcelona–El Prat, Gran Canaria, Frankfurt–Hahn, Lanzarote, Londres–Stansted, Madrid–Barajas, Málaga, Palma de Mallorca, Sevilla, Tenerife–Sur, Valencia
Estacional: Milán (Bérgamo)
SATA International Chárter estacional: Madeira
Swiss Zúric
Turkish Airlines Estambul–Atatürk
Vueling Barcelona–El Prat
Estacional: Ámsterdan–Schiphol (empeza o 20 xuño 2014), Bruxelas, Málaga, París–Charles de Gaulle, Roma–Fiumicino (empeza o 21 xuño 2014),[3] Zúric

Comunicacións[editar | editar a fonte]

Edificio da vella terminal do aeroporto

O aeroporto encóntrase comunicado coa cidade de Santiago de Compostela a través da autovía A54, dende a cal se accede facilmente cara ao centro da cidade a través do periférico SC20. Grazas á autoestrada AP-9 (de pago) é posible chegar ó centro de Santiago de Compostela dende Ferrol, A Coruña, Pontevedra e Vigo. O mesmo ocorre co ferrocarril da Renfe, que opera con trens cada hora entre as cidades da Coruña e Vigo e dende aí desprazarse ó aeroporto.

O autobús é unha das opcións coas que conta o aeroporto de Santiago, con servizos dende as 6.50 da mañá ata as 23.30, todos eles procedentes da estación de autobuses de Santiago e da rúa Doutor Teixeiro, que se atopa en pleno centro da cidade. Existen tamén dúas liñas de autobús directas dende as cidades da Coruña (1 servizo diario) e Lugo.

Xa por último, existe a posibilidade de tomar un taxi asa ou dende o centro da cidade, outra boa opción dado que existe unha tarifa fixa no ano 2010 de €20.

Datos de tráfico[editar | editar a fonte]

Dende a implantación no aeroporto das compañías de baixo custe, como Ryanair, Vueling, ou easyJet, o aeroporto experimentou un aumento progresivo do número de pasaxeiros, aínda que perdeu peso na cota de mercado dos tres aeroportos galegos, movendo por primeira vez en anos menos do 50 % do total de pasaxeiros de Galicia.

É o 17º aeroporto na clasificación a nivel nacional de tráfico aéreo e é o 9º aeroporto na clasificación de tráfico aéreo da Península Ibérica (datos 2007). Durante o ano 2007 produciuse un aumento do número de pasaxeiros do 2,8 % con respecto ó ano 2006 e o número de operacións descendeu nun 0,3 %.

En canto ó número de mercancías transportadas, destaca un forte descenso nos últimos anos pasando do ano 2000 de 6 733 877 kg a 2 749 984 kg no 2007.

Pasaxeiros do aeroporto de Santiago 2000-2014 (en millóns)
Ano Nº de pasaxeiros T Mercancías Operacións
2000 1 332 896 6.733 19.660
2001 1 281 334 6.288 19.084
2002 1 240 730 5.716 17.362
2003 1 381 826 5.318 18.454
2004 1 580 675 4.938 21.593
2005 1 843 118 3.805 25.693
2006 1 994 519 2.587 24.712
2007 2 050 121 2.749 24.637
2008 1 917 466 2.418 21.945
2009 1 944 068 1.988 20.166
2010 2 172 869 1.964 21.247
2011 2 464 431 1.787 22.317
2012 2 194 611 1.815 19.509
2013 2 073 055 1.928 18.668
2014 2 083 873 2.095 19.431
Fonte: AENA

Estatísticas das rutas[editar | editar a fonte]

Rutas nacionais más transitadas (2014)[4]
Posto Cidade Pasaxeiros Compañías Aéreas
1 Madrid-Barajas 494.304 Air Nostrum, Iberia, Iberia Express, Ryanair
2 Barcelona-El Prat 389.248 Ryanair, Vueling.
3 Palma de Mallorca 104.399 Air Europa, Air Nostrum, Ryanair.
4 Málaga 96.499 Air Europa, Ryanair, Vueling.
5 Gran Canaria 89.339 Air Europa, Air Nostrum, Ryanair.
6 Tenerife Sur 88.077 Air Europa, Ryanair.
7 Valencia 85.831 Air Nostrum, Ryanair.
8 Alacant 82.337 Ryanair.
9 Lanzarote 68.528 Air Europa, Air Nostrum, Ryanair.
10 Sevilla 45.517 Ryanair.


Rutas internacionais mais transitadas (2014)[5]
Posto Cidade Pasaxeiros Compañías Aéreas
1 Xenebra-Cointrin 72.733 easyJet.
2 Londres-Stansted 68.645 Ryanair.
3 Basilea-Mulhouse 41.641 easyJet.
4 Londres-Gatwick 41.525 easyJet.
5 Frankfurt-Hahn 38.718 Ryanair.
6 Estambul-Ataturk 33.349 Turkish Airlines.
7 París-Charles de Gaulle 31.282 Vueling.
8 Bérgamo-Orio al Serio 29.058 Ryanair.
9 Dublín 28.827 Aer Lingus.
10 Zurich 19.095 Vueling.

Nova terminal e melloras previstas[editar | editar a fonte]

O 4 de maio de 2007 AENA presentou o proxecto da nova terminal de pasaxeiros do aeroporto de Santiago de Compostela, con capacidade para máis de 4 millóns de pasaxeiros. O edificio ten un total de 74.230 e conta con 32 mostradores de facturación, 8 hipódromos de recollida de equipaxes, 12 portas de embarque e 3.665 prazas de aparcadoiro. Pretendíase inaugurala no 2010, coincidindo co próximo ano santo compostelán, pero finalmente foi inaugurada na segunda metade de 2011.

Entre outras melloras aeroportuarias previstas nas actuais instalacións están a mellora da capa de rodadura da pista de aterraxe, a ampliación da plataforma de aeronaves, as intervencións no sistema eléctrico, melloras do aparcadoiro e outras pequenas intervencións no interior da vella terminal.

Aeroportos en Galicia[editar | editar a fonte]

En Galicia a máis do Aeroporto de Santiago de Compostela hai dous aeroportos con conexións internacionais:

Tamén hai varios aeródromos (Ponteareas, Monterroso, Lugo etc.), que permiten gozar aos afeccionados da aviación.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aeroporto da Lavacolla Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]