Manuel Lago González
Manuel Lago González | |
---|---|
![]() Manuel Lago González | |
Arcebispo da Igrexa católica latina | |
Biografía | |
Nacemento | 25 de outubro de 1865 en Tui, Provincia de Pontevedra |
Pasamento | 18 de marzo de 1925 en Santiago de Compostela |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 26 de maio de 1888 |
Consagración episcopal | 3 de abril de 1910, por Benito Murúa López |
Arcebispo de Santiago de Compostela | |
1923 - 1925 | |
Predecesor | José Mª Martín de Herrera |
Sucesor | Julián de Diego |
Cargos anteriores | Bispo de Osma (1909-1917) Bispo de Tui (1917-1923) |
Obra escrita | |
Linguas | Galego e castelán |
Xéneros | poesía e prosa |
Outros | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
Manuel Lago González, nado en Randufe (Tui) o 25 de outubro de 1865 e finado en Santiago de Compostela o 18 de marzo de 1925, foi un eclesiástico, poeta, teólogo e arqueólogo galego, en lingua galega e castelán. En 1973 foille dedicado o Día das Letras Galegas.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fixo o bacharelato e seguiu a carreira eclesiástica no seminario diocesano de Tui. En 1888 sería ordenado sacerdote. No propio seminario exerceu despois o profesorado de Sagrada Escritura, de Teoloxía, de grego e hebreo. Contribuíu a crear o diario La Integridad (1888), redactando as sección fixas "A la médula" e "Ripios".[2] Formou parte da Asociación Regionalista Gallega de Manuel Murguía.[3] Participou nos segundos xogos florais de Galicia (1891) co discurso "Gabanza da lingua galega".
Gañou por oposición unha coenxía na catedral de Lugo. Posteriormente accedeu á dignidade episcopal, sendo bispo de Burgo de Osma (1909-1917), da diocese de Tui (1917-1923) e finalmente arcebispo de Santiago de Compostela (1924-1925), tras 129 anos de predecesores foráneos.[3]
Foi académico fundador da Academia Gallega, en 1906, co discurso de ingreso "Elogio de la lengua gallega"[4] Foi correspondente da Real Academia da Historia[5] e, en 1924, foi elixido membro do Seminario de Estudos Galegos.
Os seus restos descansan na Capela da Comuñón da Catedral de Santiago de Compostela.
“ | Pulvis est ille vir—cui nomen—Emmanuele Lago González—magnifico animo—acri ingenio—doctrina praestans.— Lauro cinctus vatum.—Religionis adsertor indefessus—Oxomen nec-non Tuden—Gregis Pater mitius ea vigilans—Pleniore laudatus ore — decessit Compostellanus Archiepiscopus — Anno natus LIX-XVI Kal Martiis anno MCMXXV—Pax Risusque cœles-tium. — Inscrición na sepultura de Lago na Catedral de Santiago.[6] | ” |
Posuía unha magnífica biblioteca, que á súa morte foi adquirida pola Universidade de Santiago de Compostela.
Obra escrita[editar | editar a fonte]
Publicou unha chea de poesías, espalladas por varias publicacións da época, como La Integridad, El Norte de Galicia, Galicia Diplomática ou Galicia Católica. Unha escolma delas figura na edición d'Os estudantes ao arcebispo de Santiago datada en 1924. Dez anos despois apareceron tamén composicións da súa autoría no Homenaxe ao arcebispo Lago González, Fror Nova e O neno Xesús, saídos da súa pluma, púxolles música o compositor José Torres Creo. En 1967 sesenta e dous poemas galegos de Lago foron recollido por Xosé Filgueira Valverde nun libro publicado pola Editorial de los Bibliófilos Gallegos.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
|
Dignidades da Igrexa católica latina | ||
---|---|---|
Predecesor: José María García Escudero y Ubago |
Bispo de Osma 1909-1917 |
Sucesor: Mateo Múgica y Urrestarazu |
Predecesor: Leopoldo Eijo y Garay |
Bispo de Tui 1917 - 1923 |
Sucesor: Manuel María Vidal Boullón |
Predecesor: José Martín de Herrera y de la Iglesia |
Arcebispo de Santiago de Compostela 1924 - 1925 |
Sucesor: Julián de Diego García de Alcolea |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Lembranza de Lago González (1973). Editorial Galaxia.
- ↑ Vilavedra, D., ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega I. Galaxia. pp. 316–317. ISBN 84-8288-019-5.
- ↑ 3,0 3,1 Enciclopedia Historia da Literatura AS-PG.
- ↑ Boletín de la Academia Gallega. Ano 1, número 1 Arquivado 06 de maio de 2016 en Wayback Machine. 20/5/1906.
- ↑ Boletín de la Real Academia de la Historia
- ↑ Ramón Otero Pedrayo (1965) Guía de Galicia. p. 414.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Abellás, C. (1925): Oración fúnebre del Excmo. e Ilmo. Sr. Arzobispo de Santiago Dr. D. Manuel Lago González.
- Aparisi, Luis M. (2016). Gallegos en la Real Academia Española (PDF) (en castelán). Asociación Cultural da Vieira.
- Carballo, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. ISBN 84-7154-227-7.
- Carré Aldao, Eugenio (1911). Literatura gallega. Barcelona, Maucci.
- Couceiro Freijomil, A. (1951-54). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 261.
- Dobarro Paz, Xosé María (2005). Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Fernández del Riego, F. (1990). Diccionario de escritores en lingua galega. Do Castro. p. 220. ISBN 978-84-7492-465-7.
- Filgueira Valverde, X. (1934): Lago González. Arcebispo galego. 40 p.
- Filgueira Valverde, X. (1965). Lago González: biografía y selección de su obra gallega. Santiago de Compostela, Bibliófilos Gallegos.
- Rodríguez, Eladio (1924). Boletín de la Real Academia Gallega. nº 161, p. 98-101 (en castelán).
- Rodríguez, Eladio (1925) Boletín de la Real Academia Gallega. nº 170-171. p. 50-52, 1925 (en castelán).
- Vilavedra, D., ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega I. Galaxia. pp. 316–317. ISBN 84-8288-019-5.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuel Lago González |
![]() |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Manuel Lago González |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Día das Letras Galegas Arquivado 08 de abril de 2012 en Wayback Machine., Real Academia Galega.
- Enciclopedia Historia da Literatura AS-PG.
- Biblioteca Virtual Galega UDC e Deputación da Coruña.
- Escritores de Galicia en lingua galega
- Escritores de Galicia en lingua castelá
- Poetas de Galicia
- Poetas en lingua galega
- Poetas en lingua castelá
- Día das Letras Galegas
- Membros de número da Real Academia Galega
- Arcebispos e bispos de Compostela - Iria
- Bispos católicos de Galicia
- Nados en Tui
- Nados en 1865
- Finados en 1925
- Escritores de Galicia coa obra no dominio público
- Bispos da diocese de Tui-Vigo
- Membros do Seminario de Estudos Galegos
- Arcebispos católicos de España
- Arcebispos da Igrexa católica latina
- Teólogos de Galicia
- Arqueólogos de Galicia
- Bispos da diocese de Osma
- Académicos correspondentes da Real Academia Española