José Pan de Soraluce
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 14 de maio de 1875 A Coruña |
| Morte | 19 de marzo de 1948 Madrid |
| 2 de decembro de 1913 – 1915 – Saturnino Aller Rodríguez → | |
| Datos persoais | |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Actividade | |
| Ocupación | avogado, diplomático, político, xornalista |
| Membro de | |
| Premios | |
José Pan de Soraluce Español, nado na Coruña o 14 de maio de 1875 e finado en Madrid o 19 de marzo de 1948, foi un avogado, político e diplomático galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Despois de finalizar os estudos diplomáticos desempeñou en París os cargos de vicecónsul e cónsul. Escribiu crónicas xornalísticas que se publicaron no xornal coruñés El Noroeste baixo o pseudónimo de "Micromegas". Regresou á Coruña, foi deputado provincial e despois da dimisión de Casimiro Torre Sánchez-Somoza elixírono presidente da Deputación da Coruña o 2 de decembro de 1913. Dirixiu El Orzán e foi elixido deputado en Cortes (1918-1919), e despois senador pola provincia da Coruña (1921-1922). En 1930 nomeárono subsecretario do Ministerio de Economía Nacional. Despois da súa actividade política, volveu á carreira diplomática e foi destinado a embaixadas de diversos países.
Trala guerra civil foi conselleiro do Ministerio de Industria e xefe da sección europea da Dirección Xeral de Política do Ministerio de Asuntos Exteriores.
| Predecesor: Casimiro Torre Sánchez-Somoza |
Presidente da deputación da Coruña 1913 - 1915 |
Sucesor: Saturnino Aller Rodríguez |
Obras
[editar | editar a fonte]- La ciudad encantada, 1908.