Galo Salinas
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 14 de marzo de 1852 A Coruña, España |
| Morte | 30 de setembro de 1926 A Coruña, España |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor, mestre, dramaturgo, xornalista, poeta |
| Membro de | |
| Familia | |
| Cónxuxe | María del Carmen Corsanego |
| Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Salinas y Rodríguez (Galo), p.410) Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Enciclopedia Galega Universal |
Xosé María do Carme Galo Salinas Rodríguez, nado na Coruña o 14 de marzo de 1852[1] e finado na mesma cidade o 30 de setembro de 1926,[2] foi un mestre, xornalista, dramaturgo e escritor do Rexurdimento, en lingua galega e lingua castelá, de ideoloxía galeguista, considerado o iniciador do teatro contemporáneo galego. Presidiu a Escola Rexional de Declamación que iniciou a súa andaina en 1903 coa estrea da obra ¡Filla...!, comedia dramática de costumes galegos en verso (que fora publicada en 1892), do propio Salinas. Participou na Cova Céltica e fundou a Revista Gallega. Empregou os pseudónimos de Janiño, Xan de Morás, Manecho ou Xaniño.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1864, con doce anos de idade, emigrou a Montevideo (Uruguai), onde atopou un traballo de comerciante. No seu retorno a Galiza, en 1876,[3] Galo Salinas estableceuse na vila de Pontedeume, onde exerceu o maxisterio. En 1891, na inauguración do comité local eumés da Asociación Regionalista Gallega, leu o Discurso de inauguración da Asociación Rexionalista Galega de Pontedeume, que supuxo o primeiro discurso de carácter político lido en lingua galega.

Posteriormente deixou a profesión de mestre para traballar de xornalista na súa cidade natal, A Coruña. Alí dirixiu a Revista Gallega (1895-1907), que representaba a banda máis belixerante do rexionalismo coruñés,[4] e entrou en contacto cos intelectuais da Cova Céltica.
En 1903 pasou a dirixir a Escola Rexional de Declamación, fundada recentemente por un grupo de rapaces liderado por Eduardo Sánchez Miño. De feito, a primeira obra teatral que estreou esta escola dramática foi ¡Filla...! (1892) de Galo Salinas, no Teatro Principal da Coruña.[5] As súas loitas de poder con Manuel Lugrís Freire propiciaron que Salinas abandonara a dirección da Escola Rexional de Declamación en 1904.
Foi a primeira persoa que ocupou o cargo de arquiveiro/bibliotecario da Real Academia Galega desde o 4 de setembro de 1905 [6] ata o 30 de xuño de 1907.[7] Marchou despois a Madrid, onde foi chanceler da legación uruguaia[8][9] até a súa xubilación.
Prolífero escritor dramático, a el débese o primeiro estudo teórico sobre teatro galego, Memoria acerca de la dramática gallega. Causas de su poco desarrollo é influencia que en el mismo puede ejercer el regionalismo (1896),[10] vertido en 1995 á lingua galega por Laura Tato en Cadernos de Teatro.
Obra
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- "¡Galicia! Himno popular regional", himno rexional con música de José María Varela Silvari (1893).
- ¡Lenda de horrore! A mitra de ferro ardente (1894), versión da lenda da coroa de fogo.[a]
Drama
[editar | editar a fonte]
- A torre de Peito Burdelo, drama histórico en verso (1891).[b]
- ¡Filla...!, comedia dramática de costumes galegos en verso (1892).[5]
- Sabela, comedia de costumes galegos en prosa (estreada en 1903 en Madrid polo cadro de declamación do Centro Gallego).[c][11]
- A fidalga, poema idílico dramático (1904).[d]
- A campán (honor golfesco) (1904).
- Gloriosa derrota: diálogo pasional en prosa (1904). En castelán.
- Alma gallega, tríptico simbólico dramático (1904).
- La huelga: monólogo dramático en versos endecasílabos (1905). En castelán.
- Feromar, drama tráxico (estreado en 1907).[c]
- Entre dous mundos, comedia pasional en prosa (1919).[11]
- Bodas de ouro, diálogo festivo en prosa (1921).
- Copas e bastos, sainete de feitos galegos en prosa (estreada en 1922).[11]
- Os meus amores, monólogo humorístico en prosa (datada en 1922).[11]
- Entre o deber e o querer, zarzuela en verso e prosa (estreada en 1923).
- Sen data
- Contrabando e contrabanda, comedia festiva en prosa.
- O crime da Silveira, entremés humorístico en prosa.
- Vós e nós, rapsodia traxicómica en prosa.
- ¡Coida non cho creben!, en prosa e verso.
Outras, en lingua castelán, levaron os seguintes títulos: La expiación de un sacrificio, Martirio sin palma, ¡Emancipado!, El bloqueo, El lujo de la miseria, El estornudo, El primer puro, ¡Redimido!, ¡Hasta los muñecos aman!, El crimen del justo, El curandero e Lo que puede el honor.[12]
Ensaio (en castelán)
[editar | editar a fonte]- El regionalismo gallego. Estudio social (1892).
- Memoria acerca de la dramática gallega. Causas de su poco desarrollo é influencia que en el mismo puede ejercer el regionalismo (1896).
Biblioteca virtual
[editar | editar a fonte]-
A torre de Peito Burdelo, drama histórico, 1891.
-
El regionalismo gallego, estudio social, 1892.
-
¡Filla...!, coadro dramático de costumes galegas, 1892.
-
¡Lénda de horrore! A mitra de ferro ardente, 1894.[a]
-
Memoria acerca de la dramática gallega, 1896.
-
Gloriosa derrota, diálogo pasional en prosa, 1904.
-
La huelga, interpretado por B. Bermúdez Jambrina, 1905.
-
Bodas de ouro, diálogo festivo, 1921.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]A súa cidade dedícalle, dende 1966, o nome dunha rúa.[13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Con portada de Ovidio Murguía.
- ↑ Reeditada en 2021 por Morgante, ISBN 978-84-15166-96-2, con introdución e notas de Héitor Mera.
- ↑ 3,0 3,1 Vertido ao castelán polo propio autor.
- ↑ Presentando nun prólogo-epílogo: "O conto do abolito", e tres xornadas en prosa: "O amañecer", "O mediodía" e "O anoitecer".
- Referencias
- ↑ "Salinas Rodríguez, Galo". Enciclopedia Galega Universal.
- ↑ El Ideal Gallego, 1/10/1926, p. 2 (en castelán).
- ↑ "Galo Salinas (1852 - 1926)". Biblioteca Virtual Galega. Consultado o 20 de agosto de 2024.
- ↑ Durán, J.A. (Julio-Septiembre 1973). "Agrarios del minifundio: los solidarios (1907-1912)". Revista Española de la Opinión Pública (33): 28. ISSN 0034-9429. doi:10.2307/40181964.
- ↑ 5,0 5,1 Vilavedra 2000.
- ↑ Real Academia Gallega (20 de maio de 1906). "Constitución de la Academia". Boletin de la Real Academia Gallega (1): 3–6.
- ↑ Real Academia Gallega (20 de xullo de 1907). "Junta Ordinaria del 12 de Julio de 1907". Boletín de la Real Academia Gallega (14).
- ↑ Rodríguez González, Eladio (1926). "Letras de luto: D. Galo Salinas Rodríguez". Boletín da Real Academia Galega (en castelán) (188): 179–180.
- ↑ "Un nombramiento". La Correspondencia Gallega (5196). 6 de xuño de 1907.
- ↑ Memoria acerca de la dramática gallega: causas de su poco desarrollo é influencia que en el mismo puede ejercer el regionalismo'
- ↑ 11,0 11,1 11,2 11,3 Ogando & Tato 2012.
- ↑ Rabunhal Corgo 1988, pp. 143-144.
- ↑ Gutiérrez, José Manuel. "Callejero: Galo Salinas y Rodríguez: El fundador de la Revista Gallega". La Opinión A Coruña (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Galo Salinas |
| A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Galo Salinas |
| A Galicitas posúe citas sobre: Galo Salinas |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Salinas Rodríguez, Galo". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 221.
- "Salinas Rodríguez, Galo". Diciopedia do século 21 3. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1859. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Salinas Rodríguez, Galo". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Agrelo, Eulalia (2005). "Salinas Rodríguez, Galo Xosé María do Carme". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Carballo Calero, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. p. 426-429. ISBN 84-7154-227-7.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. pp. 284–285.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 401. ISBN 84-7492-465-0.
- Hermida, Modesto (1995). Narrativa galega: tempo do Rexurdimento. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-886-9.
- Lourenzo, Manuel; Pillado Maior, Francisco (1979). O teatro galego. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-013-2.
- Ogando, I.; Tato, L. (2012). Textos recuperados. De Galo Salinas a Castelao (CC BY-SA 4.0). Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor. UDC. ISBN 978-84-9749-533-2. doi:10.17979/spudc.9788497495332.
- Rabunhal Corgo, Henrique Manuel (1988). "Galo Salinas no teatro galego" (PDF). Agália (Associaçom Galega da Língua) (14): 139–156. ISSN 1130-3557.
- Tato Fontaíña, Laura (1996). O teatro galego e os coros populares 1915-1931 (tese). UDC. ISBN 978-84-692-8929-7.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. pp. 546–548. ISBN 84-8288-019-5.
- ——————, ed. (2000). "¡FILLA!". Diccionario da literatura galega. Obras III. Vigo: Editorial Galaxia. pp. 211–214. ISBN 84-8288-365-8.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Galo Salinas na Biblioteca Virtual Galega.
- «'Filla...', de Galo Salinas (1903)» RAG,
- «Galo Salinas e o teatro galego» RAG, 27/3/2014.
- Arquivo da RAG. Fondos persoais. Galo Salinas en Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia.
- "A xeración dos Restauradores e o seu contexto histórico: a prosa e o teatro" Enciclopedia da Historia da Literatura Galega. AS-PG.
| Predecesor: Cargo novo |
Arquiveiro/Bibliotecario da RAG 1905-1907 |
Sucesor: César Vaamonde Lores |
- Dramaturgos en lingua galega
- Arquiveiros/Bibliotecarios da Real Academia Galega
- Nados na Coruña
- Nados en 1852
- Finados en 1926
- Escritores de Galicia coa obra no dominio público
- Poetas en lingua galega
- Poetas de Galicia
- Membros correspondentes da Real Academia Galega
- Dramaturgos en lingua castelá
- Escritores de Galicia en lingua castelá
- Ensaístas de Galicia
- Xornalistas da Coruña
- Poetas en lingua castelá