N-VI

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
N-VI
Estrada Madrid - A Coruña
TipoloxíaEstrada convencional
RedeRede de estradas do Estado
Dimensións
Lonxitude606 km
Formato1 ou 2 carrís por sentido, con beiravía
Localización
InicioMadrid
FinA Coruña
Circulación
Velocidade máxima90-100 km/h

A N-6 (anteriormente nomeada N-VI), coñecida tamén como Estrada da Coruña, é unha estrada radial española que une as cidades de Madrid e A Coruña, pasando por San Rafael, Tordesillas, Benavente, Astorga, Ponferrada e Lugo, entre outras.

A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1940 (Plan Peña). A N-VI foi desdobrada en autovía A-6 desde o seu nacemento en Moncloa ata Collado Villalba, e no tramo entre Adanero e Benavente. No tramo entre Guadarrama e Adanero o seu itinerario é o alternativo á autoestrada de peaxe AP-6 polo Porto dos Leóns e a localidade segoviana de San Rafael. Tampouco foi desdobrada no tramo entre Benavente e Nadela. Foi desdobrada entre as localidades de Nadela e Lugo pasando a denominarse LU-11, e entre Lugo e o fin do seu límite municipal, ademais desde O Carballo (San Pedro de Nós, Oleiros) no km 586 pasa a denominarse AC-12 durante 9 km ata o porto da Coruña.

No ano 2012 estreouse a película N-VI, do director compostelán Pela del Álamo[1].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "N-VI opta ao premio ao mellor documental do XV Festival de Málaga", artigo de Pablo Gallego en Galicia Confidencial, 5 de abril de 2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]