A casa Rey foi un proxecto do arquitecto Julio Galán Carvajal, realizado en estilo modernista. O edificio, de cinco andares e ático, está formado por vivendas situadas arredor dunha escaleira central.[1]
Na rúa de María Barbeito e na avenida de Montoto a fachada ten grandes galerías desde o segundo andar. Ademais, hai un miradoiro curvo na esquina. No andar baixo unhas cariátides decoran a fachada, así como traballos en ferro.[1]
A fachada de María Pita segue a estética da praza.