Illas de San Pedro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°22′44.48″N 8°26′58.72″O / 43.3790222, -8.4496444 As Illas de San Pedro son un arquipélago galego da provincia da Coruña, situadas no municipio da Coruña, na parroquia de San Pedro de Visma, ao pé do Monte de San Pedro. Son 5 illotes case chairos moi próximos uns aos outros, separados por unha canle inferior ao quilómetro e a 250 metros da costa. O conxunto das illas suma unha extensión de 15 hectáreas (a maior conta con 4). Tradicional zona de marisqueo. A súa vexetación é de carácter herbáceo onde se distinguen 14 especies diferentes.

Os illotes tamén teñen nomes de seu e son: Illa Vendaval ou Cetárea, Illa do Pé, Aguión,[1] As tres illas e Os Fernandiños.

En 2009 o arquipélago foi declarado espazo natural de interese local de xeito provisorio[2].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Historias deshabitadas de la costa". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de setembro de 2002. Consultado o 28 de novembro de 2015. 
  2. Consellería do Medio Rural "ORDE do 2 de xuño de 2009 pola que se declaran, de xeito provisorio, como espazo natural de interese local as Illas de San Pedro, no concello da Coruña, na provincia da Coruña." DOG Núm. 112 do 10/06/2009 pp. 9.946-9.947

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]