José Marchesi Dalmau
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
José Marchesi Dalmau | |
---|---|
Nacemento | 17 de decembro de 1827 |
Lugar de nacemento | A Coruña |
Falecemento | 1 de novembro de 1896 |
Lugar de falecemento | San Pedro de Nós |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Tumba de José Marchesi Dalmau no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.
José Marchesi Dalmau, nado na Coruña o 17 de decembro de 1827 e finado o 1 de novembro de 1896 en San Pedro de Nós, foi alcalde da Coruña.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Membro dunha familia de orixe boloñesa, foi alcalde da Coruña en dúas ocasións: 1890 e 1893. Durante a súa xestión fixéronse multitude de melloras na cidade, como a creación da praza de María Pita, o novo trazado da avenida dos Cantóns, o empedrado da rúa Real e o contrato e realización da traída de auga á cidade.
Ten dúas rúas adicadas na Coruña: Alcalde Marchesi (en Catro Camiños) e Marchesi Dalmau (a carón do Obelisco dos Cantóns).[2]
Predecesor: Canuto Berea Rodríguez |
![]() Alcalde da Coruña 1890 - 1891 |
Sucesor: Antonio Pérez Dávila
|
Predecesor: José Soto González |
![]() Alcalde da Coruña 1893 - 1894 |
Sucesor: Enrique Fernández Herce
|
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Marchesi Dalmau, Xosé". EGU. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2013. Consultado o 07 de outubro de 2012.
- ↑ Rueiro do concello da Coruña Arquivado 05 de decembro de 2013 en Wayback Machine. (en castelán)