Brión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°51′50″N 08°40′46″O / 42.86389, -8.67944

Brión
Escudo de Brión
Capela de Santa Minia-Brión-Galicia 2.jpg
Capela de Santa Minia.
Situacion Brión.PNG
Situación
Xentilicio[1] brionés/brionesa
Xeografía
Provincia Provincia da Coruña
Comarca Comarca de Santiago
Poboación 7.519 hab. (2014)
Área 74,9 km²
Densidade 100,39 hab./km²
Entidades de poboación 9 parroquias
Capital do concello Pedrouzos
Política (2015)
Alcalde José Luis García García
Concelleiros BNG: 2
PPdeG: 2
PSdeG-PSOE: 9
Eleccións municipais en Brión
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes 64,27%
Na rede
www.concellodebrion.org
concello@concellodebrion.org

Brión é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago.

Demografía[editar | editar a fonte]

Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 7.519 habitantes (3.643 homes e 3.876 mulleres) (7.205 en 2009; 7.087 en 2007; 6.972 en 2006, 6.849 en 2005). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é brionés[3][4].

Censo total 2014 7.519 habitantes
Menores de 15 anos 1.161 (15.44 %)
Entre 15 e 64 anos 4.877 (64.86 %)
Maiores de 65 anos 1.481 (19.7 %)
Evolución da poboación de Brión   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014
5.681 6.129 6.966 6.790 6.684 7.205 7.369 {{{9}}} {{{10}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía[editar | editar a fonte]

Brión ten unha superficie de 74,9 km². Limita cos concellos de Ames, Negreira, Outes, Noia, Lousame, Rois e Teo. Abrangue 9 parroquias e 107 entidades de poboación, sendo a súa capital Pedrouzos. O seu relevo é ondulado, cunha altitude mínima de 30 m sobre o nivel do mar e unha máxima de 525 m.

Historia[editar | editar a fonte]

Consérvanse restos da cultura megalítica, como o campo de mámoas de Raña Longa. Da cultura castrexa consérvase o sitio arqueolóxico de Santa Cecía, o castro Lupario, castros de Lamiño, Boullón, Forxán, Pousada, Vioxo e Ons. Logo da romanización, por estas terras pasaba a vía romana per loca maritima. Os romanos tamén construíron o hipocaustum de Cirro.

Durante o antigo réxime as terras de Brión estiveron baixo o dominio da familia dos Moscoso, que desde o castelo de Altamira dominaban boa parte do norte de Galiza. Trala batalla de Altamira, que tivo lugar en 1471 contra as tropas do arcebispo de Compostela Alonso II de Fonseca, Rui Sánchez de Moscoso deuse o título de I Conde de Altamira. Con todo, a fortaleza de Altamira foi quedando deshabitada por mor do progresivo traslado da nobreza galega á corte debido á política centralista levada a cabo polo reino de Castela desde os Reis Católicos, até o seu abandono total no século XIX.

O 28 de abril de 1979 a decisión tomada nun pleno do concello converteu a Brión no primeiro concello galego en facer as actas dos plenos en galego. Por previsión legal, mantívose tamén unha tradución en castelán ata mediados os anos 90 do século XX.[5]

O concello ten seguido apoiando a lingua e cultura galega dende entón, sendo recoñecido por elo cun dos premios Lois Peña Novo en 2016.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Arquitectura relixiosa[editar | editar a fonte]

A maioría dos templos relixiosos desta zona foron reformados na época barroca. A igrexa parroquial de San Xulián de Bastavales ten ao seu pé unha capela da Virxe do Carme. O templo neoclásico de Luaña, conserva a primitiva cabeceira románica e pinturas medievais. A igrexa de Ons ten un retablo pétreo presidido pola Virxe da Asunción.

O santuario de Santa Minia foi construído no século XIX para honrar os restos da mártir romana, traídos desde Cádiz por un devoto emigrante. Aínda sen rematar, ten trazas dunha gran basílica.

A capela da Nosa Señora de Guadalupe está situada no Tremo, ao pé da estrada Santiago-Noia, coa mesta arboreda do campo da feira.

Arquitectura civil[editar | editar a fonte]

Consérvanse diversos pazos e casas grandes, como o pazo de Barbeira (en Trasouteiro, que fora dos condes de Altamira e ten unha magnífica fonte barroca), o pazo de Armesto (en Salaño Pequeno, Ons, recentemente restaurado xunto cunha capela), o pazo do Armental (nos Ánxeles), o pazo do Casal (en proceso de reconstrución, coa capela de San Xosé acaroada) e a casa de Pardo (en Ons, cun escudo de armas).

Arquitectura popular[editar | editar a fonte]

A fonte do Tremo está coroada por un busto do filántropo local Vicente Ramos Rodríguez, esculpido por Francisco Asorey. A fonte da igrexa de Bastavales foi pagada polos emigrantes da parroquia na Habana. En Bastavales, sobre o río Tinto, consérvase unha ponte medieval.

No concello hai máis de 60 cruceiros, en adros de igrexas, encrucilladas, quinteiros das aldeas e beiras de camiños reais. Destacan dous de capela ou loreto (un en Pousada, Viceso, datado en 1637, e outro en Vioxo de Abaixo, Luaña) ou o cruceiro de Bemil (preto da igrexa de Bastavales, coas primeiras mazarocas de millo da anada penduradas como ex-voto).

Política[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Eleccións municipais en Brión.

Xosé Luís García García, viu sendo alcalde de forma ininterrompida desde as eleccións municipais de 1979, até o 2007 como independente, e desde as eleccións municipais de 2007 encabezando a lista do PSdeG. A actual corporación municipal está composta por 13 concelleiros, 8 do PSdeG, 3 do PPdG e 2 do BNG.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Brión.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Brión

Os Ánxeles (Santa María) | Bastavales (San Xulián) | Boullón (San Miguel) | Brión (San Fins) | Cornanda (Santa María) | Luaña (San Xulián) | Ons (Santa María) | San Salvador de Bastavales (San Salvador) | Viceso (Santa María)

Lugares de Brión[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Brión vexa: Lugares de Brión.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014. 
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para brionés.
  4. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 43. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  5. Referido tanto nas consideracións como na aceptación do Premio Lois Peña Novo 2016

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Brión Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]


Concellos da Comarca de Santiago Comarca de Santiago
Ames
Ames
Boqueixón
Boqueixón
Brión
Brión
Santiago de Compostela
Santiago de Compostela
Teo
Teo
Val do Dubra
Val do Dubra
Vedra
Vedra