Coliseum da Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°20′20″N 8°24′32″O / 43.338936, -8.408983

Coliseum da Coruña
Vista frontal cos despachos de billetes.
Datos
LocalizaciónA Coruña, Galiza
Construción
Inauguración19 de maio de 1991
ArquitectoVV. AA.
Estadio
Capacidade10.000 espectadores
Eventos
I Fase da Euroliga 1991-1992 de baloncesto
Copa do Rei 2016 de baloncesto

O Coliseum da Coruña é un recinto multiúsos destinado a espectáculos, xestionado polo Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE), situado no acceso principal á Coruña dende a autoestrada AP-9 e a autovía A-6. Foi deseñado polos enxeñeiros de camiños Jesús Ortiz Herrera, Juan A. Domínguez, María Jesús Izquierdo e Julio Martínez Calzón máis os arquitectos Salvador Pérez Arroyo[1], Javier García Alba; Fernando Río Durán e Berta Rodríguez Rodríguez.[2] Inaugurouse o 19 de maio de 1991, o 6 de xuño dese mesmo ano tivo lugar o primeiro concerto, do músico Sting.[3]

Características[editar | editar a fonte]

O recinto acolle varios tipos de eventos, dende espectáculos musicais, eventos deportivos, eventos de lecer (como patinaxe sobre xeo), grandes asembleas e feiras sectoriais, e durante unha época, cada mes de agosto, converteuse tamén en praza de touros, hoxe canceladas.

Evento deportivo.

A base do edificio é circular, ten unha arena duns 1.900 que se emprega como cancha deportiva, auditorio para macroconcertos, feiras de mostras, ou, noutrora, coma praza de touros. A capacidade do Coliseum para concertos é de 11.000 persoas, e de 8.000 cando se empregaba para touradas.

Artistas máis salientábeis[editar | editar a fonte]

Vista lateral.

Feira Taurina da Coruña[editar | editar a fonte]

Tourada no Coliseum.

Durante máis de vinte anos na Coruña celebrouse unha feira taurina que habitualmente tiña lugar no mes de agosto coincidindo coas festas de María Pita, e que adoitaba estar composta por 3 festexos, un o venres, un o sábado e outro o domingo. O uso taurino deste recinto resucitou as corridas de touros na cidade da Coruña, unha cidade que hai anos tivo outra praza de touros e na que dende o 7 de outubro de 1967 non se celebraban festexos taurinos.

A primeira corrida de touros que se celebrou no "Coliseum" foi o 12 de agosto de 1991. Nesa data actuaron Luis Francisco Esplá, Morenito de Maracay e Víctor Méndez. Camilo José Cela conservaba a cabeza do primeiro touro ó que se lle cortou unha orella neste recinto.

Para a práctica taurina, o recinto dispuña de tódalas dependencias que ten calquera praza de touros, cunha arena de 45 metros de diámetro, enfermería, capela etc.

No ano 2010 actuaron figuras tan salientables como Enrique Ponce, El Fandi ou Jesulín de Ubrique. En 2014 a feira tivo lugar en outubro, coincidindo coas festas do Rosario.[16][17]

Existiu na cidade bastante polémica os últimos anos polas celebracións destes festexos que xa caeran en desuso e pola teima do concello en recuperar e subvencionar a feira con diñeiro público para a manter viva. Diversas asociacións coma Galicia mellor sen touradas intentaron acabar coa feira na cidade[18]. Finalmente, en xullo de 2015 o concello suspendeu a feira.[19][20]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "O autor confirma, na súa páxina persoal, a autoría do proxecto". Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2014. Consultado o 13 de xaneiro de 2014. 
  2. Networks, Abertal. "Coruña Turismo. Coruña contemporánea". www.turismocoruna.com. Consultado o 2018-10-08. 
  3. Javier Becerra (2015-07-14). "Las anteriores visitas coruñesas de Sting". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2018-10-08. 
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 4,12 Gemma Malvido, La Opinión de A (2015-10-25). "La memoria del Coliseum" (en castelán). Consultado o 2018-10-08. 
  5. Xosé V. Gago (2005-06-16). "Carlinhos Brown presenta hoy en A Coruña «Sarau du Brown»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2018-10-08. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Ramón Castro (2003-05-19). "El Coliseo, mayor de edad con 12 años". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2018-10-08. 
  7. "Heredeiros da Crus encabeza el cartel del festival Oiste’s Rock". El Ideal Gallego (en castelán). Consultado o 2018-10-08. 
  8. Juan Gómez-Aller (2003-05-21). "Iron Maiden comienza mañana en A Coruña su gira mundial". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2018-10-08. 
  9. "Iron Maiden regresa a Galicia trece años después". Economía Digital (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2018. Consultado o 2018-10-08. 
  10. Albino Mallo (2003-09-04). "Paco de Lucía trae sus Cositas buenas al Coliseo de A Coruña". El Correo Gallego (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2018. Consultado o 2018-10-08. 
  11. Carlos Fernández (2004-06-19). "«Genius» en el Coliseo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2018-10-08. 
  12. R. D. R. (2018-06-30). "Ringo, entre amigos". La Opinión A Coruña. Consultado o 2018-10-08. 
  13. Ana Carro (2017-06-28). "Shakira vuelve once años después". La Opinión A Coruña. Consultado o 2018-10-08. 
  14. Nebreda, Marcos. "La nostalgia de Supertramp en A Coruña ante un Coliseum a medio aforo". www.elmundo.es (en castelán). Consultado o 2018-10-08. 
  15. Javier Becerra (2016-07-18). "Los conciertos que no llegaron a ser". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2018-10-08. 
  16. "La Coruña ya tiene carteles". Revista de toros. Noticias toreros y corridas. Portal taurino (en castelán). Consultado o 2020-02-04. 
  17. "A Coruña presenta la Feria Taurina de octubre con la sociedad Tauro Siglo XXI". El Progreso de Lugo (en castelán). 2014-09-27. Consultado o 2021-02-10. 
  18. "Denuncian a "teima" do Concello da Coruña en manter viva a feira taurina". Praza Pública. Consultado o 2018-10-08. 
  19. "O IMCE suspende a Feira Taurina por razón de interese público". Concello da Coruña. Consultado o 2018-10-08. 
  20. "A Feira Taurina supuxo uns gastos para o IMCE de máis de 2,2 millóns dende o ano 95". Concello da Coruña. Consultado o 2018-10-08. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]