Ensanche da Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ensanche da Coruña
Edificios da Rúa de Ferrol.
ConcelloA Coruña
Coordenadas43°21′53″N 8°24′27″O / 43.364638628986, -8.4074276596582Coordenadas: 43°21′53″N 8°24′27″O / 43.364638628986, -8.4074276596582
Poboación6867[1] hab. (2015)
editar datos en Wikidata ]
Situación do Primeiro Ensanche (vermello) e o Ensanche de Riazor (laranxa) no concello da Coruña.[2] En amarelo, áreas previstas no segundo Ensanche e en verde, a Cidade Xardín.

O Ensanche é unha área da Coruña composta por ampliacións sucesivas da cidade fóra da zona antiga.

Historia[editar | editar a fonte]

Rúa de Sánchez Bregua contra 1906.

Co crecemento da poboación da cidade decidiuse a ordenación do plano e a súa ampliación. As zonas escollidas foron o Campo de Carballo, onde se derrubaran as murallas da fronte da Pescadería en 1869, e as Hortas de Garás.

O Primeiro Ensanche, entre o Camiño Novo e Garás, foi proposto en 1878 e aprobado segundo o proxecto do arquitecto municipal Juan de Ciórraga en 1885. Rematou de urbanizarse nas décadas de 1930 e 1940 coa construción dos edificios que rodean a praza de Vigo.[3]

Proposto o concurso en 1903, o proxecto do Segundo Ensanche de Pan de Soraluce[4] e Pedro Mariño publicouse en 1907 e tras recibir varias alegacións foi aprobado o 24 de maio de 1910.[5] O plan incluía espazos industriais e colonias de obreiros na Gaiteira e grandes parques, e por primeira vez incluía a urbanización de Riazor e San Roque, ademais de estenderse ata a antiga estación de ferrocarril. Porén, poucas das propostas do Segundo Ensanche se levaron a cabo e as que se fixeron en xeral non foron máis que algúns plans de aliñamentos.[3] Sobre o proxecto dun gran parque creouse a Cidade Xardín e a zona comprendida entre a Avenida de Fisterra, a Avenida de Bos Aires e a Cidade Xardín foi modificada en 1935, creando a praza do Mestre Mateo. A construción do Estadio de Riazor tamén transformou esa área, que finalmente se converteu na Cidade Escolar.[5]

Descrición[editar | editar a fonte]

Os quinteiros do Ensanche son parcelas rectangulares situadas entre rúas que se cortan perpendicularmente. No proxecto orixinal do Primeiro Ensanche tívose en conta a orientación dos ventos habituais na cidade.

No Primeiro Ensanche estableceuse parte da burguesía da Coruña, o que deu lugar á existencia de edificios de interese de estilo modernista, como os que se localizan na praza de Lugo ou na rúa de Ferrol.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Suma dos datos das seccións correspondentes ao primeiro Ensanche segundo o IGE (2015) Arquivado 16 de novembro de 2018 en Wayback Machine.
  2. Estudos previos
  3. 3,0 3,1 Precedo Ledo, Andrés (1990). La Coruña metrópoli regional (en castelán). Fundación Caixa Galicia. 
  4. Quirós Linares, Francisco (2010). Atlas temático de España. Nobel. 
  5. 5,0 5,1 González-Cebrián Tello, José (1984). La ciudad a través de su plano. La Coruña (en castelán). Concello da Coruña. ISBN 9788450099904. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]