Arata Isozaki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Arata Isozaki (磯崎新) nado en Oita (Kyūshū) o 23 de xullo de 1931, é un arquitecto xaponés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na universidade de Tokio, onde un dos seus profesores foi o coñecido arquitecto Kenzō Tange. Ao finalizar os seus estudos traballou con el ata 1963, e estableceu entón o seu propio despacho.

Os primeiros proxectos de Isozaki caracterizáronse pola combinación da tradición xaponesa coas modernas estruturas realizadas con tecnoloxía moi avanzada. A partir de 1970 o seu estilo foi cambiando, e comezou a substituír os elementos tradicionais por elementos posmodernistas, é dicir, formas como bóvedas, esferas e outros elementos.

Isozaki introduce nos seus deseños espazos ben definidos que teñen un significado determinado. A estrutura do edificio convértese nun elemento que fai de conexión entre a realidade e a ilusión que crea a contemplación dos volumes da obra.

Isozaki, a pesar do cambio de estilo que realizou, segue combinando elementos orientais con elementos occidentais, algo que fai con mestría e polo que se lle valora en todo o mundo. Consegue incorporar aos seus edificios orixinais efectos visuales, de maneira que a contemplación destes varía segundo o ángulo desde o que se observan.

Isozaki foi distinguido con numerosos premios internacionais, como o da Asociación de Arquitectos do Xapón, o da Royal Institute of Architects británico e o da American Academy, entre outros moitos. Isozaki é profesor visitante en varias universidades importantes, entre elas as de Harvard, Yale e Columbia.

Obras representativas[editar | editar a fonte]

Kyoto Concert Hall, Quioto, Xapón.
  • Edificio de Colegio de Médicos (1959-1960 Desaparecido, Oita, Xapón)
  • Biblioteca Municipal (1962-1966 Kitakyushu, Xapón)
  • Museo de Belas Artes (1971-1974 Takasaki, Xapón)
  • Casa Yano (1973-1975 Kawasaki, Xapón)
  • Edificio Shuhosha (1974-1975 Fukuoka, Xapón)
  • Centro Cívico (1979-1983 Tsukuba, Xapón)
  • Museo de Arte Contemporánea (1981-1986 Os Ánxeles, California, EUA)
  • Palau Sant Jordi (1983-1990 Barcelona)
  • Ampliación do Museo de Arte de Brooklyn (1986-1992 Nova York, Estados Unidos)
  • Proyecto de Fundación Daniel Templon (1986 Valbonne, Francia)
  • Edificio Arch, Universidad Bond (1987-1989 Gold Coast, Australia)
  • Edificio de Oficinas Team Disney (1987-1991 Orlando, Florida, Estados Unidos)
  • Pavillón polideportivo en Palafolls "Palauet" (1987-1996 Barcelona)
  • Concurso de Museo de Arte Contemporánea (1990 Stuttgart, Alemaña)
  • Centro de Arte e Tecnoloxía Xaponesa (1990-1994 Cracovia, Polonia)
  • Quioto Concert Hall,(1991-1995 Quioto, Xapón)
  • Daimler Benz AG, Proxecto Potsdamer Platz (1992-1993 Berlín, Alemaña)
  • Casa do Home (1993-1995 A Coruña)
  • Parc de la Muntanyeta de Sant Boi, (1994-2000 Barcelona)
  • Parque Universitario de Santiago de Compostela (1995 Santiago de Compostela)
  • Illa de Blanes (1998-2002 Xirona)
  • Acceso ao CaixaForum Barcelona (1999-2002 Barcelona)
  • Isozaki Atea (1999-2009 Bilbao, España)
  • Palacio de Xeo para Olimpíada de 2006 (2000-2006 Turín, Italia)
  • Concurso Museo da Evolución Humana (2000 Burgos)
  • Concurso Ordenación de la Estación de Canfranc (2001 Huesca)
  • Concurso Conjunto Arquitectónico dedicado a los Sanfermines (2001 Pamplona)
  • CMA. Cidade do Motor de Aragón (2002-2005 Teruel)
  • D38 (2002-2011 Barcelona)
  • Planta 10 do Hotel Puerta América (2003-2005 Madrid)
  • Bahns d'Arties (2004- Val d'Aran)
  • Puerto Triana (2006 Sevilla)
  • Concurso Grande Espazo Escénico da Cidade de Granada (2008 Granada)
  • Bodegas La Horra (2008- Burgos)
  • Museo Nacional de Civilización Egipcia - Deseño da Exposición (2010- O Cairo, Exipto)
  • Concurso de Ideas para o Centro de Interpretación da Murcia Medieval (2011-2012 Murcia)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]