Saltar ao contido

Mesoiro, Elviña, A Coruña

Mesoiro

Río Mesoiro
ParroquiaElviña
ConcelloA Coruña
Coordenadas43°19′54″N 8°25′31″O / 43.331583333333, -8.4253611111111
Poboación8.226 hab. (2021)
[ editar datos en Wikidata ]

Mesoiro[1] é un lugar da parroquia de Elviña no concello coruñés da Coruña na comarca da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística,[2] en 2021 tiña 8226 habitantes (4124 homes e 4102 mulleres). O seu xentilicio é mesoiriño[3].

Non aparece no Nomenclátor de Galicia de 2003, pero si na actualización de 2026[4].

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O lugar é atravesado polo río Mesoiro, ficando na marxe esquerda do río o polígono industrial de Pocomaco e na marxe dereita o casco antigo da vila. Na primeira década do século XXI edificouse no Alto do Monte do Muíño, a carón da aldea, unha grande urbanización chamada Novo Mesoiro, nun espazo considerado tradicionalmente parte de Feáns[5]. A construción da urbanización provocou críticas por parte de colectivos ecoloxistas, veciños e mais de urbanistas e docentes de diversas universidades, xa que o lugar escollido ten un gran valor biolóxico e o deseño da urbanización resulta moi agresivo co contorno, pois presenta grandes bloques de vivendas no alto dun monte arredor dunha zona rural[6].

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Elviña

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Elviña no concello da Coruña

Os Aguaceiros | As Castiñeiras | Castro de Elviña | O Currelo | Elviña | O Escorial | Feáns | A Felga | A Fontaíña | O Foxo | Galán | O Lagar | O Monte Alfeirán | Mesoiro | Palavea | Pedralonga | Pedro Fernández | Penarredonda | A Ponte da Pasaxe | O Río de Quintas | Santa Xema | O Souto | Vío | Xuxán | A Zapateira

Lugares desaparecidos: Carracedo

Parroquias da Coruña

[editar | editar a fonte]
  1. "DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.". Xunta de Galicia. Consultado o 2026-05-15.
  2. "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Xunta de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 27 de abril de 2021.
  3. "Xentilicios_0.pdf" (PDF). p. 25. Consultado o 22 de xullo de 2021.
  4. "Busca directa - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2025-11-30.
  5. Xurxo Souto (2005) "O centro e a periferia. A vivencia do emprego do galego na Coruña" Lingua e cidade. I Xornadas sobre lingua e usos. Servizo de Normalización Linguística, Universidade da Coruña. (p.59)
  6. Mesoiro-Feáns: contra a urbanización salvaxe Colectivo R.U.A.
  7. Estudos previos

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]