Trofeo Teresa Herrera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Trofeo Teresa Herrera
Trofeo teresa herrera en el Museo del Mar de Galicia de Vigo.jpg
Fundación1946
RexiónGalicia
Número de equipos2-4
Actual campiónsGalicia Deportivo da Coruña
Club máis exitosoGalicia Deportivo da Coruña (23 títulos)
Páxina webPáxina oficial
Trofeo Teresa Herrera 2020

O Trofeo Teresa Herrera é un torneo futbolístico de carácter amigábel que ten lugar cada ano na cidade da Coruña, desde 1946. O equipo anfitrión é o Deportivo da Coruña e o actual campión é o propio Deportivo, tras a final de 2020.

É o torneo amigábel de fútbol que máis edicións leva celebradas no mundo de xeito ininterrompido e está considerado como un dos máis prestixiosos debido á máxima categoría que teñen os equipos que participaron na súa historia.[1]

Nos seus comezos o torneo xurdiu como unha idea para recadar fondos para os máis desfavorecidos. Por iso leva o nome de Teresa Herrera, unha muller coruñesa que a finais do século XVIII doou os seus bens para a construción dun hospital público. Desde a súa primeira edición en 1946, houbo edicións do trofeo con dous, tres e catro equipos. Os partidos xóganse no estadio de Riazor, habitualmente na segunda quincena do mes de agosto, formando parte do programa de festas da Coruña, aínda que non sempre é así. Ata o ano 2000 era organizado polo Concello da Coruña, cando o equipo local, o Deportivo, fíxose cargo da organización.

Historia[editar | editar a fonte]

Anos 40[editar | editar a fonte]

O torneo naceu en 1946 baixo o amparo do Concello da Coruña e a Xunta Local de Beneficencia, co obxectivo de recadar fondos para os hospitais da cidade nunha época de penurias.[2] Os equipos elixidos para a disputa da primeira edición foron o Sevilla FC, campión de liga na tempada 1945/46, e o Athletic de Bilbao, campión da Copa do Xeneralísimo de 1945.[3] O Sevilla cobrou unhas 45.000 pesetas pola súa participación e o Athletic unhas 40.000,[4] mentres que o custo do trofeo que se puxo en xogo foi doutras 40.000 pesetas.[5][3] Os prezos das entradas oscilaron entre as 7 pesetas da localidade máis barata ata as 26 da máis cara,[6] e o estadio de Riazor, inaugurado menos de dous anos antes, rexistrou entre 20.000 e 25.000 espectadores segundo as crónicas da época.[7][8] Telmo Zarra anotou o primeiro gol do torneo no minuto 13 de xogo tras unha asistencia de José Luis Panizo, e aínda que o dianteiro biscaíño marcou aínda un segundo gol, non foi suficiente para contrarrestar os tres goles sevillistas, obra de Araujo, Arza e Doménech.[8]

O primeiro equipo internacional chegou na segunda edición do torneo, en 1947, na que repetiu participación o Athletic de Bilbao, enfrontándose esta vez ao Vasco da Gama brasileiro, que gañara o Campionato Carioca en 1945 e que gañaría tamén o dese ano. A pesar de contar con numerosos xogadores da selección brasileira ou que formarían parte dela nos seguintes anos como Augusto, Alfredo II, Ely, Friaça, Maneca, Lelé, Chico ou o célebre porteiro Barbosa, o Vasco non puido co Athletic, que gañou o trofeo con tres tantos anotados na primeira media hora de partido, obra de Gaínza, Iraragorri e Iriondo.[9][10][11]

O éxito desa segunda edición, cun Riazor ateigado con preto de 40.000 espectadores,[11] propiciou que se seguise convidando a equipos estranxeiros, ocorrendo isto en case todas as edicións das seguintes décadas. Así, o FC Barcelona de César e o Real Madrid de Miguel Muñoz e Pahiño conquistaron as seguintes dúas edicións fronte ao FC Porto e o Racing de París respectivamente.

Anos 50[editar | editar a fonte]

En xuño de 1950 a Lazio de Puccinelli e Flamini foi o primeiro equipo estranxeiro en conquistar o trofeo, tras derrotar por 3-1 con goles de Magrini, Sentimenti III e Alzani a un Atlético de Madrid campión de liga que xogou reforzado con varios futbolistas emprestados como César, Babot e Rafeal Lesmes, debido á ausencia de varios dos seus xogadores por mor da disputa da Copa do Mundo de Brasil. O torneo recadou unha cifra récord de 540.000 pesetas.[12] O FC Barcelona foi o primeiro en gañar un segundo trofeo, tras derrotar en 1951 por 4-2 ao Young Boys suízo, con dous goles de Kubala, un de César e outro de Cheché Martín, o primeiro galego e o primeiro coruñés en marcar un gol no torneo.[13]

Nas seguintes dúas edicións os equipos foráneos convidados foron dous franceses: o Olympique de Roubaix-Tourcoing, que caeu derrotado contra o Valencia, e o hoxe desaparecido Toulouse FC, que recibiu a maior goleada da historia do torneo por parte do Real Madrid, 8-1, con catro goles de Olsen, dous de Britos, un de Atienza e outro de Pérez Payá. O Sevilla de Helenio Herrera conquistou o trofeo en 1954, tras derrotar por 3-2 ao Helsingborgs, subcampión da liga sueca.[14]

En 1955 o trofeo ía disputarse por primeira vez en agosto, enfrontando ao Stade de Reims, campión francés, co Athletic de Bilbao. Con todo, pouco antes do partido anunciouse que o Stade de Reims non podía viaxar por non ter xogadores suficientes, contando con numerosas ausencias como as de Raymond Kopa,[15][16] sendo substituído entón o club francés polo Deportivo da Coruña. A pesar de que o concello da Coruña recorreu ao Deportivo por non poder conseguir a participación de ningún outro club de máis categoría,[17] o torneo foi todo un éxito e o club galego acabou levando o trofeo na súa primeira participación, no que a prensa da época definiu como un dos días máis memorábeis da historia do fútbol coruñés.[18] O Athletic, que viña de gañar a Copa do Xeneralísimo, e que gañaría ese ano liga e Copa, adiantouse no minuto 41 por mediación de Artetxe, cun disparo que golpeou nas costas de Manín antes de entrar na portería defendida por Otero. Aos poucos minutos de comezar a segunda parte logrou o empate o histórico Pahiño, que marcou aínda dous goles máis que foron anulados. Co tempo cumprido e o empate no marcador xogouse unha prórroga ao final da cal o partido aínda seguía 1-1, polo que se engadiu máis tempo extra que remataría cando un dos equipos marcase. Finalmente, no minuto 130 de partido, Pahiño bateu de novo a Carmelo Cedrún para darlle ao Deportivo o seu primeiro título.[18]

Trala edición de 1954 na que o Atlético de Madrid bateu ao FC Köln por 4-1, tomaron o protagonismo os equipos de América do Sur, participando en tres anos cinco equipos deste subcontinente, catro deles do Brasil. Así, na edición de 1957 reeditouse o partido de 1947 entre o Vasco da Gama e o Athletic de Bilbao, desquitándose o equipo brasileiro daquela derrota cunha contundente vitoria por 4-2, cun gol de Laerte e un triplete de Válter Marciano.[19] Ao ano seguinte disputouse a primeira edición sen equipos españois, enfrontándose o Nacional de Montevideo contra o Flamengo de Río de Xaneiro, gañando o equipo uruguaio por 2-1 con goles de Héctor Núñez e Guillermo Escalada.[20]

En 1959 disputouse unha histórica edición que enfrontou ao Santos de Pelé co Botafogo de Garrincha. O Santos chegaba á Coruña como líder do Campionato Paulista, que acabaría gañando uns meses despois coa escandalosa cifra de 143 goles, 58 deles de Pelé.[21] Pola súa banda o Botafogo viña de facer un gran Campionato Carioca en 1958, quedando empatado na primeira posición co Flamengo e o Vasco da Gama, sendo necesarios dous torneos triangulares de desempate ata que o título se decidiu a favor do Vasco no que foi chamado o "Super Super Campionato".[22] Os 40.000 espectadores que ateigaron Riazor naquel Teresa Herrera viron sobre o terreo de xogo a 7 campións do mundo, membros da selección brasileira que viña de gañar o Mundial de Suecia o ano anterior: Pelé, Zito e Pepe polo Santos e Garrincha, Didi, Nílton Santos e Mário Zagallo polo Botafogo. O trofeo acabou nas mans do equipo santista, que goleou por 4-1 aos cariocas, con dous goles de Pepe, un de Coutinho e outro de Pelé, que contaba con só 17 anos e que foi a gran figura do partido.[23]

Anos 60[editar | editar a fonte]

O Sevilla gañou en 1960 o seu terceiro título fronte ao Newcastle, o primeiro club inglés en disputar o torneo,[24] e ao ano seguinte o Sporting de Lisboa derrotou ao campión francés, o Stade de Reims.[25] En 1962 os organizadores convidaron por segunda vez ao Deportivo da Coruña, para enfrontarse ao poderoso Benfica de Eusébio e Mário Coluna, que viña de conquistar dúas Copas de Europa consecutivas. Nun Riazor cheo, o Deportivo despregou un gran xogo, vencendo ao equipo portugués por 4-2 con goles de Montalvo, Veloso, Ruiz e Jaime Blanco.[26] Ao ano seguinte participou por terceira vez o Vasco da Gama, sendo derrotado polo Mónaco, campión da liga e a copa francesas, con tres goles do francés André Hess.[27]

En 1964 participaron por primeira vez catro equipos, disputándose o torneo en tres días con formato de semifinais e final. Ademais os encontros xogáronse de noite, utilizando por primeira vez en partidos de fútbol a iluminación artificial de Riazor, que fora inaugurada uns días antes nos Mundiais Militares de Atletismo.[28][29] Na primeira semifinal o Deportivo derrotou por 2-0 ao FC Porto, mentres que na segunda o Sporting de Lisboa deixou fóra á Roma. Na final o Deportivo goleou por 4-0 ao vixente campión da Recopa de Europa e o capitán Veloso, autor de tres goles, dous deles na final, recolleu das mans de Francisco Franco o terceiro título do club coruñés.[30][31]

Finais[editar | editar a fonte]

Ano Campión Resultado Subcampión
1946 España Sevilla 3−2 España Athletic Club
1947 España Athletic Club 3−2 Flag of Brazil.svg Vasco da Gama
1948 España Barcelona 2−1 Portugal Porto
1949 España Real Madrid 2−1 Francia Racing de París
1950 Italia Lazio 3−1 España Atlético de Madrid
1951 España Barcelona 4−2 Suíza Young Boys
1952 España Valencia 2−1 Francia Olympique de Roubaix-Tourcoing
1953 España Real Madrid 8−1 Francia Toulouse FC
1954 España Sevilla 3−2 Flag of Sweden.svg Helsingborgs
1955 Galicia Deportivo da Coruña 2−1 España Athletic Club
1956 España Atlético de Madrid 4−1 Alemaña Köln
1957 Flag of Brazil.svg Vasco da Gama 4−2 España Athletic Club
1958 Uruguai Nacional de Montevideo 2−1 Flag of Brazil.svg Flamengo
1959 Flag of Brazil.svg Santos 4−1 Flag of Brazil.svg Botafogo
1960 España Sevilla 2−1 Inglaterra Newcastle United
1961 Portugal Sporting CP 3−2 Francia Stade de Reims Champagne
1962 Galicia Deportivo da Coruña 4−2 Portugal Benfica
1963 Flag of Monaco.svg Monaco 3−2 Flag of Brazil.svg Vasco da Gama
1964 Galicia Deportivo da Coruña 4−0 Portugal Sporting CP Portugal Porto e Italia Roma
1965 España Atlético de Madrid 2−1 Portugal Vitória de Setúbal
1966 España Real Madrid 2−0 Galicia Deportivo da Coruña
1967 Galicia Racing de Ferrol 3−0 Galicia Celta de Vigo Galicia Deportivo da Coruña Galicia Pontevedra
1968 Portugal Vitória de Setúbal 2−1 Austria Rapid Viena
1969 Galicia Deportivo da Coruña 1−0 Uruguai Nacional de Montevideo Bélxica Olympic Charleroi Alemaña Bayern München
1970 Hungría Ferencváros 0−0 (4−2 p) Flag of Argentina.svg San Lorenzo
1971 Iugoslavia Estrela Vermella 3−1 Galicia Deportivo da Coruña
1972 España Barcelona 2−0 Países Baixos Den Haag
1973 España Atlético de Madrid 2−1 Iugoslavia Spartak Trnava Hungría Újpest Dózsa Países Baixos Ajax
1974 Uruguai Peñarol 3−2 Alemaña Borussia Mönchengladbach España Barcelona España Atlético de Madrid
1975 Uruguai Peñarol 3−3 (p) Flag of Brazil.svg Cruzeiro España Atlético de Madrid Inglaterra Stoke City
1976 España Real Madrid 2−0 Flag of Brazil.svg Cruzeiro Países Baixos PSV Eindhoven Uruguai Peñarol
1977 Flag of Brazil.svg Fluminense 4−1 República Checa Dukla Praha España Real Madrid Países Baixos Feyenoord
1978 España Real Madrid 2−0 Flag of Brazil.svg Flamengo Galicia Deportivo da Coruña Flag of Brazil.svg Fluminense
1979 España Real Madrid 1−0 España Sporting de Gijón Hungría Budapest Honvéd Inglaterra West Bromwich Albion
1980 España Real Madrid 2−1 España Sporting de Gijón Portugal Porto Flag of Brazil.svg Flamengo
1981 Unión Soviética Dynamo Kyiv 1−0 España Atlético de Madrid Galicia Deportivo da Coruña España Barcelona
1982 Unión Soviética Dynamo Kyiv 4−1 España Barcelona Alemaña Bayern München Flag of Brazil.svg Internacional Porto Alegre
1983 España Athletic Club 1−0 Uruguai Peñarol España Real Madrid Unión Soviética Dynamo Kyiv
1984 Italia Roma 2−2 (p) Flag of Brazil.svg Vasco da Gama Inglaterra Manchester United España Athletic Club
1985 España Atlético de Madrid 1−0 Portugal Porto Flag of Brazil.svg Fluminense España Real Madrid
1986 España Atlético de Madrid 1−0 Flag of Brazil.svg Santos España Real Madrid Flag of Brazil.svg São Paulo
1987 Portugal Benfica 1−1 (p) Galicia Deportivo da Coruña España Sporting de Gijón Inglaterra Everton
1988 Países Baixos PSV Eindhoven 3−1 España Atlético de Madrid Inglaterra Liverpool España Real Sociedad
1989 Alemaña Bayern München 4−1 Romanía Steaua Bucarest España Real Madrid Países Baixos PSV Eindhoven
1990 España Barcelona 2−0 Portugal Benfica Alemaña Bayern München Galicia Deportivo da Coruña
1991 Portugal Porto 1−0 Galicia Deportivo da Coruña Países Baixos Ajax España Real Madrid
1992 Flag of Brazil.svg São Paulo 4−1 España Barcelona Uruguai Peñarol Galicia Deportivo da Coruña
1993 España Barcelona 1−0 Flag of Brazil.svg São Paulo Galicia Deportivo da Coruña Italia Lazio
1994 España Real Madrid 1−0 Galicia Deportivo da Coruña Italia Sampdoria Portugal Porto
1995 Galicia Deportivo da Coruña 2−0 España Real Madrid Flag of Brazil.svg Flamengo Portugal Benfica
1996 Flag of Brazil.svg Botafogo 4−4 (3−0 p) Italia Juventus Galicia Deportivo da Coruña Países Baixos Ajax
1997 Galicia Deportivo da Coruña 2−2 (p) Países Baixos PSV Eindhoven España Atlético de Madrid Flag of Brazil.svg Vasco da Gama
1998 Galicia Deportivo da Coruña 2−0 Italia Lazio España Real Madrid España Atlético de Madrid
1999 Galicia Celta de Vigo 1−0 Flag of Argentina.svg Boca Juniors Galicia Deportivo da Coruña Flag of Brazil.svg Corinthians
2000 Galicia Deportivo da Coruña 2−2 (4−3 p) Italia Lazio
2001 Galicia Deportivo da Coruña 2−1 España Real Madrid Uruguai Peñarol Flag of Mexico.svg Cruz Azul
2002 Galicia Deportivo da Coruña 1−0 Flag of Mexico.svg Cruz Azul España Atlético de Madrid Uruguai Nacional de Montevideo
2003 Galicia Deportivo da Coruña [Triangular] Flag of Mexico.svg Club América Uruguai Nacional de Montevideo
2004 Galicia Deportivo da Coruña 3−1 España Atlético de Madrid España Zaragoza Portugal Sporting CP
2005 Galicia Deportivo da Coruña [Triangular] Uruguai Nacional de Montevideo Uruguai Peñarol
2006 Galicia Deportivo da Coruña 3−1 Italia Milan España Atlético de Madrid Uruguai Nacional de Montevideo
2007 Galicia Deportivo da Coruña 2−1 España Real Madrid Flag of Mexico.svg Atalanta Portugal Belenenses
2008 Galicia Deportivo da Coruña 2−1 España Atlético de Madrid Flag of Mexico.svg Cruz Azul España Sporting de Gijón
2009 España Atlético de Madrid 1−1 (4−3 p) Galicia Deportivo da Coruña
2010 Inglaterra Newcastle United 0−0 (5−3 p) Galicia Deportivo da Coruña
2011 España Sevilla 1−1 (4−3 p) Galicia Deportivo da Coruña
2012 Galicia Deportivo da Coruña 2−2 (4−3 p) España Atlético de Madrid
2013 España Real Madrid 4−0 Galicia Deportivo da Coruña
2014 Galicia Deportivo da Coruña 1−0 España Sporting de Gijón Portugal Sporting CP Uruguai Nacional de Montevideo
2015 Galicia Deportivo da Coruña 1−0 Portugal Sporting de Braga
2016 Galicia Deportivo da Coruña 2−0 España Villarreal
2017 Galicia Deportivo da Coruña 2−0 Inglaterra West Bromwich Albion
2018 España Athletic Club 2−2 (4−1 p) Galicia Deportivo da Coruña
2019 Galicia Deportivo da Coruña 1−0 España Betis Deportivo Balompié
2020 Galicia Deportivo da Coruña 6-0 Galicia Combinado do Fútbol Afeccionado Coruñés

Palmarés[editar | editar a fonte]

Equipo Títulos Anos
Galicia Deportivo da Coruña 23 1955, 1962, 1964, 1969, 1995, 1997, 1998, 2000, 2001, 2002, 2003, 2004, 2005, 2006, 2007, 2008, 2012, 2014, 2015, 2016, 2017, 2019, 2020
España Real Madrid 9 1949, 1953, 1966, 1976, 1978, 1979, 1980, 1994, 2013
España Atlético de Madrid 6 1956, 1965, 1973, 1985, 1986, 2009
España Barcelona 5 1948, 1951, 1972, 1990, 1993
España Sevilla 4 1946, 1954, 1960, 2011
España Athletic Club 3 1947, 1983, 2018
Uruguai Peñarol 2 1974, 1975
Flag of Ukraine.svg Dinamo de Kiev 2 1981, 1982
Flag of Italy.svg Lazio 1 1950
Flag of Spain.svg Valencia 1 1952
Flag of Brazil.svg Vasco da Gama 1 1957
Flag of Uruguay.svg Nacional de Montevideo 1 1958
Flag of Brazil.svg Santos 1 1959
Flag of Portugal.svg Sporting de Lisboa 1 1961
Flag of Monaco.svg Mónaco 1 1963
Flag of Galicia.svg Racing de Ferrol 1 1967
Flag of Portugal.svg Vitória de Setúbal 1 1968
Flag of Hungary.svg Ferencváros 1 1970
Flag of Yugoslavia (1946-1992).svg Estrela Vermella 1 1971
Flag of Brazil.svg Fluminense 1 1977
Flag of Italy.svg Roma 1 1984
Flag of Portugal.svg Benfica 1 1987
Flag of the Netherlands.svg PSV Eindhoven 1 1988
Flag of Germany.svg Bayern de Múnic 1 1989
Flag of Portugal.svg Porto 1 1991
Flag of Brazil.svg São Paulo 1 1992
Flag of Brazil.svg Botafogo 1 1996
Flag of Galicia.svg Celta de Vigo 1 1999
Flag of England.svg Newcastle United 1 2010

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "O fútbol coruñés conserva o torneo máis antigo do mundo". Deportivo da Coruña. 20 de decembro de 2020. Consultado o 21 de decembro de 2020. 
  2. "Trofeo Teresa Herrera". Deportivo da Coruña. Consultado o 21 de decembro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 "Bilbao-Sevilla, el 30 de junio en el Estadio de Riazor" (en castelán) (A Coruña ed.). 28 de maio de 1946. p. 7. 
  4. "Noticiario deportivo". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 7 de xuño de 1946. p. 3. 
  5. "Trofeo Teresa Herrera". El Correo Gallego (en castelán). 26 de xuño de 1946. Consultado o 21 de decembro de 2020. 
  6. "La importante jornada del dia 30". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 4 de xuño de 1946. p. 7. 
  7. "El Sevilla ganó la I Copa Teresa Herrera al vencer al Sevilla por tres a dos". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 2 de xullo de 1946. p. 7. 
  8. 8,0 8,1 Balón, Pepe (1 de xullo de 1946). "El Sevilla, obtiene el Trofeo Teresa Herrera al vencer al Bilbao por 3 goles a 2". La Noche (en castelán). p. 4. Consultado o 21 de decembro de 2020. 
  9. "En La Coruña se disputó el Trofeo Teresa Herrera". El Pueblo Gallego (en castelán). 1 de xullo de 1947. p. 7. Consultado o 22 de decembro de 2020. 
  10. "El Atlético de Bilbao venció al Vasco de Gama, en el Estadio (tres - dos)". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 1 de xullo de 1947. p. 3. 
  11. 11,0 11,1 "El Atlético de Bilbao vence al Vasco de Gama por tres goles a dos". La Noche (en castelán). 30 de xuño de 1947. p. 3. Consultado o 22 de decembro de 2020. 
  12. "El Lazio de Roma vence en el quinto Trofeo Teresa Herrera". El Progreso (en castelán). 6 de xuño de 1950. p. 4. Consultado o 22 de decembro de 2020. 
  13. "El Barcelona ganó el VI Trofeo Teresa Herrera, al vencer al equipo suizo YOUNG BOYS, por 4 a 2". El Correo Gallego (en castelán). 30 de xuño de 1951. p. 4. Consultado o 22 de decembro de 2020. 
  14. Fernández, Carlos (29 de xuño de 2004). "El Sevilla ganaba en Riazor el trofeo Teresa Herrera frente a un equipo sueco". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 22 de decembro de 2020. 
  15. "El Teresa Herrera aplazado". La Noche (en castelán). 30 de agosto de 1955. p. 4. Consultado o 22 de decembro de 2020. 
  16. "El Stade de Reims no tenía jugadores para venir a La Coruña". El Correo Gallego (en castelán). 1 de setembro de 1955. p. 4. Consultado o 22 de decembro de 2020. 
  17. "El Deportivo de La Coruña será el rival del Atlético de Bilbao". La Noche (en castelán). 31 de agosto de 1955. p. 4. Consultado o 22 de decembro de 2020. 
  18. 18,0 18,1 "Con todos los honores, el Deportivo se adjudica el X Trofeo Teresa Herrera, al vencer al Atlético de Bilbao (2-1)". La Noche (en castelán). 2 de setembro de 1955. p. 4. Consultado o 22 de decembro de 2020. 
  19. Henry (17 de xuño de 1957). "Ganó el Vasco de Gama el XII Trofeo Teresa Herrera". La Noche (en castelán). p. 6. Consultado o 27 de decembro de 2020. 
  20. "El Nacional vence al Flamengo por 2 a 1". La Noche (en castelán). 16 de xuño de 1958. p. 5. Consultado o 17 de decembro de 2020. 
  21. "Paulista de 1958, a explosão do Santos de Pelé" (en portugués). 14 de decembro de 2019. Consultado o 28 de decembro de 2020. 
  22. "Vasco, o super-supercampeão carioca em 1958" (en portugués). 29 de xaneiro de 2016. Consultado o 28 de decembro de 2020. 
  23. Henry (22 de xuño de 1959). "Santos, 4 - Botafogo, 1". La Noche (en castelán). p. 4. Consultado o 28 de decembro de 2020. 
  24. "Por 2 a 1 venció el Sevilla al Newcastle". La Noche (en castelán). 30 de maio de 1960. p. 7. Consultado o 28 de decembro de 2020. 
  25. Henry (30 de xuño de 1961). "XVI Trofeo Teresa Herrera". La Noche (en castelán). p. 4. Consultado o 28 de decembro de 2020. 
  26. "El Deportivo conquistó el XVII Trofeo Teresa Herrera". La Noche (en castelán). 10 de setembro de 1962. p. 5. Consultado o 28 de decembro de 2020. 
  27. "Mónaco 3 - Vasco de Gama, 2". La Noche (en castelán). 17 de xuño de 1963. p. 5. Consultado o 29 de decembro de 2020. 
  28. "General, durante a inauguración da iluminación artificial en 1964". Consultado o 4 de xaneiro de 2020. 
  29. "La Coruña: Primer encuentro del trofeo Teresa Herrera". El Progreso (en castelán). 29 de agosto de 1964. p. 6. Consultado o 4 de xaneiro de 2020. 
  30. Henry (31 de agosto de 1964). "Partido memorable". La Noche (en castelán). p. 5. Consultado o 4 de xaneiro de 2020. 
  31. NO-DO (7 de setembro de 1964). Resumo da final de 1964 (RTVE) (en castelán). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]