Manuel Martín Ferrand

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Martín Ferrand
Nacemento11 de decembro de 1940
 A Coruña, Galicia Galiza
Falecemento30 de agosto de 2013 (72 anos)
 España Madrid
NacionalidadeGalicia Galego
OcupaciónXornalista
CónxuxeRosalía González de Haro
Premiossen etiquetar
editar datos en Wikidata ]

Manuel Martín Ferrand, nado na Coruña o 11 de decembro de 1940 e falecido en Madrid o 30 de agosto de 2013 foi un xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Diplomado en xornalismo co número un da súa promoción[1] comezou traballando no xornal El Diario de Cádiz e en Pueblo, e máis adiante pasou a colaborar coa radio en Radio Popular de Madrid. En 1960 entrou en Televisión Española como redactor de servizos informativos. Nesa época, entre 1966 e 1979 dirixe e presenta tamén diversos programas de televisión, co que se onverte nunha faciana coñecida da única cadea de televisión do momento. Presenta Imágenes para saber (1966), Nosotros con Alfredo Amestoy (1968), Con acento (1968), Siempre en domingo (1971), 24 horas (1971-1972), Sábado Cine (1977) e Hora 15 (1977-1979).

Paralelamente traballaba na Cadena SER, emisora radiofónica onde axudou a crear Matinal SER (1964), Hora 25 (histórico programa informativo da radio española do que foi o primeiro director en 1972), Hora 13, Hora 20, La Respuesta e outros máis. Tamén ocupou a dirección de dous xornais de prensa escrita nos anos da transición española: Diario de Barcelona (1973 - 1974) e Nuevo Diario (1975 - 1976).

Deixou Televisión Española e en 1982 fundou a cadea Antena 3 de Radio, da que se converteu en director xeral e conselleiro de administración. Neses anos, Antena 3 foi unha das principais emisoras de radio de España. En 1989 foi nomeado director xeral da recentemente creada de Antena 3 Televisión e permaneceu á fronte de ambos medios ata a súa demisión en xullo de 1992 cando o grupo accionarial maioritario do empresario Javier Godó lle vendeu a súa participación a PRISA. Colaborou co Grupo Zeta como asesor do seu presidente, Antonio Asensio e como articulista en El Periódico, a revista mensual Bazar e o semanario Interviú.

Nos seguintes anos pasou a colaborar coa Cadena COPE, no programa La linterna e logo en La Mañana de Cope, ata que en 2002 abandonou a emisora para regresar á prensa escrita, dixital e en papel. Así mantivo unha columna diaria en ABC e en Estrella Digital (ata 2009). Tamén formou parte do equipo de colaboradores do programa Protagonistas, dirixido por Luis del Olmo dende 2002, primeiro en Onda Cero e logo en Punto Radio e desde 2010 foi columnista do diario Republica.com.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Faleceu na Clínica de La Concepción de Madrid.[2]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Los heterodoxos, Madrid, Gondel, 1979.
  • Con España a cuestas. Escolma de 218 artigos publicados en Diario 16, Las Rozas, Eilea, 1995.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]