Pedro Payo Piñeiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de setembro de 1814 A Coruña, España |
Morte | 1 de xaneiro de 1889 (74 anos) Manila, Filipinas |
Metropolitan Archbishop of Manila (en) | |
12 de marzo de 1876 – ← Gregorio Martínez (en) – Bernardino Nozaleda Villa → Diocese: Arquidiocese de Manila (pt) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico, Arcebispo |
Orde relixiosa | Orde dos Predicadores |
Consagración | Juan de la Cruz Ignacio, Cardenal Moreno y Maisonave |
Premios | |
Pedro Payo Piñeiro, nado na Coruña o 15 de novembro de 1814 e finado en Manila o 1 de xaneiro de 1889,[1] foi un relixioso galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Entrou no convento de San Domingos con dezasete anos.[2] En 1837 foi enviado ás Filipinas,[3] onde estudou na Universidade de Santo Tomás de Manila. En 1839 ordenouse sacerdote.[1]
Entre 1863 e 1866 foi nomeado procurador das misións en Hong Kong antes de volver ás Filipinas, onde ocupou diferentes cargos.[3] En 1872 faleceu o bispo de Cebú, entón a máis grande do mundo,[2] e tres anos despois Payo foi elixido para sucedelo.[1] Porén, non chegou a asumir o cargo porque foi nomeado arcebispo de Manila en 1876. Durante o seu bispado ordenou realizar un censo nas illas, estableceu un vapor por mor do conflito con Alemaña sobre as illas Carolinas e consagrouse a nova catedral de Manila.[1]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Recibiu as Cruces de Isabel a Católica, de Carlos III e do Mérito Naval.[1] En 1966 o concello da Coruña nomeou unha rúa na súa honra en Eirís.[2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Real Academia de Historia
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Gutiérrez, José Manuel (01-10-2009). "Fray Pedro Payo Piñeiro: Tan lejana como las misiones". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 17-05-2021.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Naya, Juan. Calles y plazas coruñesas. Volumen II (en castelán). A Coruña: Grafinsa. p. 55-56.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Huetz de Lemps, Xavier. La controversia de las sepulturas en Filipinas. Finales del siglo xviii – finales del siglo xix (en castelán). Consultado o 17-05-2021.