Benito Plá Cancela
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Benito Plá Cancela | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 31 de decembro de 1812 |
Lugar de nacemento | Ferrol |
Falecemento | 3 de xullo de 1874 |
Lugar de falecemento | A Coruña |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | avogado, escritor e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Benito María Plá Cancela, nado en Ferrol o 31 de decembro de 1812 e finado na Coruña o 3 de xullo de 1874, foi un avogado, escritor e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e deseguida dedicouse á política obtendo acta de deputado pola provincia de Lugo en 1843, aos trinta anos. En 1863 volveu ser elixido deputado polo distrito da Coruña, e novamente en 1864 e 1867. Chegou a ser presidente do Congreso[Cómpre referencia] e director xeral da Débeda. Como deputado conseguiu a construción da liña de ferrocarril entre Ponferrada e A Coruña, á que se opuñan dende Zamora, pois pretendían que a liña fose por Zamora a Vigo. Fundou a Revista Jurídica de Galicia, da que dependía El Eco, e o Boletín Judicial de Galicia. Publicou algunhas obras sobre temas xurídicos.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Fillo de Benito Plá e de Teresa Cancela, casou co Josefa Huidobro del Riego, e foi pai de Balbina, Alejandro, Benito e Evaristo Pla Huidobro.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Correal y Freire de Andrade, N. (2019) [1942]. Benito M.ª Plá y Cancela. Una gran figura gallega forense, política y parlamentaria (2ª ed.). Real Academia Galega.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Biografía 31/12/2012 (en castelán).
- Ficha no Congreso dos Deputados