Bebel García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Bebel García García»)
Infotaula de personaBebel García

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1914 Editar o valor em Wikidata
Ribadeo, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de xullo de 1936 Editar o valor em Wikidata (21/22 anos)
Parque Punta Herminia, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteFerida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Deportivo da Coruña Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJosé García Iglesias Editar o valor em Wikidata
IrmánsFrance García García e Pepín García García Editar o valor em Wikidata

Bebel García García, nado en Ribadeo en 1914 e finado na Coruña o 29 de xullo de 1936, foi un futbolista e político galego.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de José García Iglesias, naceu en Ribadeo, trasladándose logo coa súa familia á Coruña, onde el e os seus sete irmáns eran coñecidos como "Os da lexía", porque seu pai montou na cidade un negocio de fabricación e venda de lixivia.[2] Ademais do negocio familiar adicouse ao fútbol, debutando no Deportivo da Coruña en setembro de 1932, no primeiro partido da tempada 1932/33 do Campionato de Galicia, que enfrontaba no campo de Riazor ao equipo coruñés co Eiriña.[3][4] Disputou esa tempada e outra máis co equipo herculino, despois xogou no Recreativo Granada e volveu finalmente ao Deportivo. Xogou ademais varios partidos co Club Coruña.[5]

Militante das Juventudes Socialistas da Coruña, incorporouse ás Juventudes Socialistas Unificadas. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 participou na defensa da cidade da Coruña fronte aos sublevados, transportando milicianos a puntos defensivos e levando feridos e alimentos ao hospital Labaca.[2] Foi detido o 25 de xullo en Guitiriz, cando tentaba chegar a Asturias, e encarcerado na prisión provincial da Coruña. Xulgado por rebelión militar, foi condenado a pena de morte e executado en Punta Herminia xunto co seu irmán France.[6][7] Un terceiro irmán, Jaurés, tamén foi encarcerado, e aínda que non foi fusilado nun principio por ser menor de idade, finalmente apareceu morto no Campo da Rata, mentres o trasladaban de prisión.[2][8] Pepín, outro dos irmáns, foi xulgado por sedición, pero conseguiu fuxir, uniuse á loita contra as tropas franquistas, perdeu unha perna na batalla de Brunete e finalmente exiliouse na Arxentina.[9]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Eduardo Galeano adicoulle un relato dentro do seu libro Espejos. Una historia casi universal, en 2008.[10][11][12] A coruñesa rúa "Hermanos de la Lejía" chámase así en memoria de Bebel e os seus irmáns.[2][13]

No verán de 2018 a Asociación Cultural Xermolos, de Guitiriz rendeulles homenaxe cunha serie de actos, entre eles a inauguración dunha escultura conmemorativa na parroquia de Santa Mariña, realizada polo escultor Xosé Val Díaz.[14][15][16]

Monumento aos represaliados polo franquismo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ventureira, Rubén: "Bebel García era un destacado socialista. «Muy buen chico y buen delantero», recuerda García Vizoso, que jugó con él" La Voz de Galicia, 24/9/2008 (en castelán).
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Un partido de fútbol homenaxeará a Bebel, "zurdo para xogar e para pensar"". 17 de agosto de 2018. Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  3. "Gana el Deportivo al Eiriña". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de setembro de 1932. p. 7. 
  4. "El campeonato gallego". La Zarpa (en castelán). 20 de setembro de 1932. Consultado o 27 de maio de 2020. 
  5. "Los jugadores con que cuenta el Coruña". El Pueblo Gallego (en castelán) (3265). 19 de setembro de 1934. p. 4. Consultado o 16 de setembro de 2021. 
  6. "Tres fusilamientos en Adormideras". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de xullo de 1936. p. 1. 
  7. "En La Coruña - Fusilamientos". El Compostelano (en castelán). 30 de xullo de 1936. p. 1. Consultado o 27 de maio de 2020. 
  8. "Los hermanos de la Lejía, referente histórico del socialismo coruñés" (en castelán). 2 de marzo de 2002. Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  9. "En memoria de Pepín de la Lejía". La Opinión A Coruña (en castelán). 18 de agosto de 2018. Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  10. "Galeano dedica un relato a un deportivista fusilado en 1936". La Voz de Galicia (en castelán). 2008-09-24. Consultado o 2019-03-22. 
  11. 1940-2015., Galeano, Eduardo, (2008). Espejos : una historia casi universal (1ª ed.). Madrid: Siglo XXI de España. ISBN 9788432313141. OCLC 221866147. 
  12. "“Última voluntad”". Memoria do cárcere A Coruña. 8 de febreiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2019. Consultado o 22 de marzo de 2019. 
  13. "Calle Hermanos de la Lejía" (en castelán). Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  14. "En memoria dos Irmáns da Lexía". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de agosto de 2018. 
  15. "Guitiriz erixirá un monolito en honor a 'Os da lexía'". Xornal de Lugo. 27 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2019. Consultado o 22 de marzo de 2019. 
  16. Río, Raúl (15 de agosto de 2018). "Alfonso Blanco Torrado e os Irmáns da Lexía". GaliciaDigital. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]