Ángel del Castillo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Ángel del Castillo López")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ángel del Castillo
Ángel del Castillo 1917.jpg
Nacemento24 de xaneiro de 1886
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento14 de marzo de 1961
Lugar de falecementoCircunscrición electoral da Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor, historiador da arte e arquitecto
CónxuxeObdulia García Cerdido
Fillosseis
editar datos en Wikidata ]

Ángel del Castillo López, nado na Coruña o 24 de xaneiro de 1886 e finado na mesma cidade o 14 de marzo de 1961, foi un historiador e arqueólogo galego, cronista oficial da Coruña. Foi membro de varias academias, fundacións e institucións culturais de diversa índole.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ángel del Castillo en 1933.

Foi un erudito de tardía formación, pois non puido iniciar a formación universitaria até cumpridos os corenta anos. Gran parte da súa vida estivo adicada á docencia, exercéndoa na Escola de Comercio, academias particulares e a Universidade de Santiago de Compostela. En 1905 foi elixido membro adxunto da Real Academia Galega, integrándose coma membro numerario en 1927. En 1924 entrou a formar parte do Seminario de Estudos Galegos.

Militante de Acción Republicana, na República foi nomeado gobernador civil de Pontevedra o 22 de maio de 1932, permanecendo no cargo ata o 14 de setembro de 1933.

A súa achega á defensa, clasificación e preservación do patrimonio artístico galego é de grande importancia, destacando a súa obra Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia[1] (Editorial de los Bibliófilos Gallegos 1972, reeditado en 1987 e en 2008),[2] con introdución e bibliografía de José Filgueira Valverde.

Ademais, escribiu unha novela curta A Dona das Torres, Lénda Galega,[sic] de 21 páxinas, publicada o 22 de agosto de 1925 no número 12 da revista Lar. Trátase dunha lenda ambientada no século XV, con notas históricas e documentais que aumentan o atractivo da narración, transformándoa nun relato pseudohistórico.

Desde 1946 foi o cronista oficial da cidade da Coruña e desde 1951 tamén da provincia homónima.[3]


Predecesor:
César Vaamonde Lores
 Escudo de A Coruña.svg
Cronista Oficial da Coruña
 
1942 - 1961
Sucesor:
Juan Naya Pérez


Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Foi nomeado Cabaleiro da Lexión de Honra polo goberno francés en 1934.[4]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Elección de Eladio Rodríguez como presidente da Real Academia Galega, A Coruña, 20 de novembro de 1926
Fotografía de grupo, de 1928.[5] 
Recepción de Castelao na Real Academia Galega na Coruña o 25 de xullo de 1934.[6] 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Castillo, Ángel del (1987) [1972]. Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia (2ª ed.). A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza. ISBN 84-85728-62-9. 
  2. «La Barrié reedita el inventario de patrimonio artístico gallego de Ángel Castillo »
  3. Troyano Viedma, José Manuel. "Cronistas oficiales de las comunidades autónomas de Cantabria, Cataluña, Extremadura y Galicia (España)". Real Asociación Española de Cronistas Oficiales (en castelán). 
  4. El Pueblo Gallego, 28-7-1934, p. 8.
  5. Nela aparecen: César Otero, José Berguer, Pardo, Liste Mourenza, Abelaira, Salvador Mosteiro, Manuel Cabanillas, Calviño Domínguez e A. Villar Ponte. Laureano Alonso, Eladio Rodríguez, Pedrayo, Risco, del Castillo e Rafael González.
  6. De pé, de esquerda a dereita: Sebastián González, Eladio Rodríguez González, Enrique Peinador, Gonzalo López Abente, Pura González Varela (muller de Lugrís), Celia Brañas Fernández, Otero Pedrayo, David Fernández Diéguez, Ángel del Castillo e Fernando Cortés Bugía. Sentados: Fernando Martínez Morás, Castelao, Manuel Lugrís Freire, Antón Villar Ponte e Félix Estrada Catoyra.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]