Juan Fernández Latorre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Juan Fernández Latorre
Nacemento8 de agosto de 1848
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento14 de marzo de 1912
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e emprendedor
FillosMaría Victoria Fernández-Latorre e Felisa
editar datos en Wikidata ]
Gravado en Coruña Moderna, 1905.

Juan Fernández Latorre, nado na Coruña o 8 de outubro de 1848[1] e finado en Madrid o 14 de marzo de 1912, foi un empresario e político galego, fundador do xornal La Voz de Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Caricaturizado por Cilla (Madrid Cómico, 1887)

Ingresou no Exército, onde chegou a sarxento de artillaría e participou na rebelión do cuartel de San Gil, un golpe de Estado progresista que tivo lugar contra a raíña Isabel II en xuño de 1866 en Madrid. En 1869 redactou unha proclama, pola que foi condenado á morte, pena que lle foi conmutada pola de cadea perpetua. Fuxiu a Francia, de onde volveu a España con ocasión da amnistía de 1870.

Foi secretario do concello de Granollers e deputado a Cortes na Primeira República. Tralo golpe do xeneral Pavía, Latorre exiliouse de novo a Francia.

De volta a Galicia, a canda Antonio Prieto Puga e José Manuel Martínez Pérez fundou La Voz de Galicia en 1882. En 1885 disolveuse a sociedade fundacional e Latorre converteuse en propietario único do diario.

Nas eleccións lexislativas de 1891 obtivo acta de deputado republicano por Ortigueira, e en 1910 conseguiu escano pola Coruña. Ademais de deputado a Cortes, tamén foi subsecretario de Gobernación en 1905 e en 1910. En 1911 nomeárono gobernador civil de Madrid, cargo que desempeñou ata o día da súa morte en 1912.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Felisa Ozores de Prado, e foi pai de María Victoria Fernández-Latorre[2].

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Rúa Fernández Latorre no Barqueiro.

Na cidade da Coruña está o CEIP Juan Fernández Latorre, e en 1906 púxoselle o seu nome a unha avenida.[3] En 2004 bautizouse co seu nome a biblioteca municipal de Ortigueira[4], localidade onde unha das súas rúas preserva tamén a súa memoria.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Muerto ilustre: Fernández Latorre". Gaceta de Galicia. 16 de marzo de 1912. 
  2. "Falleció la hija del fundador de La Voz", artigo en La Voz de Galicia, 20 de decembro de 2000 (en castelán).
  3. García López, Alfonso. Calles con historia (en castelán). Espacio Cultura. 
  4. "Ortigueira dedica su nueva biblioteca municipal a Juan Fernández Latorre". La Voz de Galicia (en castelán). 14-1-2004. Arquivado dende o orixinal o 25-08-2016. Consultado o 9-8-2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]