Coral Polifónica El Eco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Coral Polifónica El Eco é unha agrupación coral da cidade da Coruña. Fundada en 1881 por Pascual Veiga, trátase da coral en activo máis antiga da Península Ibérica[1]. Entre os seus recoñecementos cómpre salientar a Medalla de Prata da Coruña, e as medallas de ouro de París e Porto.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Entre os directores que estiveron á cabeza da coral figuran José Castro "Chané", Xosé Baldomir, Mauricio Farto, Rodrigo A. de Santiago, Francisco Méndez, Rogelio Groba ou Fernando V. Arias, Marcel Van Bree e Pedro Martínez Tapia, no cargo dende 2012[2][3].

Algunhas das figuras salientables que formaron parte de El Eco foron o vocalista Pucho Boedo ou o compositor Xabier de Paz.

O seu repertorio vai dende a ópera ás cantatas e oratorios, pasando pola opereta ou a zarzuela.

O día 26 de outubro de 2017(estando como presidente da entidade Don Carlos Gonzalez-Garces Santiso) organizou o I Encontro de polifonía galega Eduardo Pondal.

No seu repertorio figuran temas de música relixiosa e popular, zarzuelas e coros operísticos, habaneras entre outros.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]