Javier Losada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francisco Javier Losada de Azpiazu

Escudo de A Coruña.svg
Alcalde da Coruña
24 de marzo de 2006 – 11 de xuño de 2011
Precedido por Francisco Vázquez Vázquez
Sucedido por Carlos Negreira

Primeiro Tenente de Alcalde no Concello da Coruña
1983 – 2006
Sucedido por Carmen Marón Beltrán

Concelleiro de Urbanismo do Goberno Municipal da Coruña
2004 – 2006
Precedido por José Luis Méndez Romeu
Sucedido por Mar Barcón

Coat of Arms of the Senate of Spain.svg
Senador das Cortes Xerais de España
por A Coruña
Actualmente no cargo
Desde o 2006

18 de novembro de 1997 – 17 de febreiro de 1999

Datos persoais
Nacemento 16 de xullo de 1955 (61 anos)
A Coruña, Galicia Galicia
Partido PSdeG-PSOE
Profesión Médico, político
Residencia A Coruña
Twitter @conJavierLosada

Francisco Javier Losada de Azpiazu, nado na Coruña en 1955, é un político galego. Foi alcalde da Coruña dende o 24 de marzo de 2006 ata o 11 de xuño de 2011.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Médico de formación, é membro da executiva galega do PSdeG-PSOE. Formou parte da corporación municipal coruñesa dende o ano 1983 desenvolvendo diversos cargos, entre eles Educación, Cultura, Economía, Planificación e Urbanismo e a Tenencia de Alcaldía.

Tras as eleccións ao Parlamento de Galicia 1997 foi elixido deputado para a 5.ª lexislatura (1997–2001), mais oficializou a súa baixa o 17 de febreiro de 1999, sendo substituído por Marisol Soneira Tajes.[1]

O 24 de marzo de 2006 sucedeu na alcaldía a Francisco Vázquez Vázquez, tras ser este designado embaixador no Vaticano. Tamén relevaría o excalde dos seu cargos no Senado e o comité executivo da FEMP[2].

Nas eleccións municipais do 2007 o PSdeG-PSOE obtivo 11 concelleiros, perdendo así a maioría absoluta. Desde entón Javier Losada liderou un goberno de coalición co BNG.

Nas eleccións de 2008 presentouse como senador, e foi elixido pola provincia da Coruña.

Nas eleccións municipais do 2011 o PSdeG-PSOE obtivo 8 concelleiros, 3 menos ca nas anteriores eleccións,e perdeu a alcaldía da Coruña ao obter a maioría absoluta o PPdeG, á fronte do que estaba o candidato Carlos Negreira. Ese mesmo ano 2011 revalidou o mesmo resultado que obtivera no Senado e resultou de novo o representante socialista na Cámara Alta.

Javier Losada foi secretario xeral dos socialistas coruñeses durante doce anos, entre 1999 e 2011, así como membro da Executiva Nacional Galega do PSdeG-PSOE e do Comité Federal do PSOE.

Foi tamén membro fundador da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) e ocupou a presidencia de distintos organismos como a Empresa Municipal de Aguas de La Coruña EMALCSA, o Consorcio para la Promoción de la Música o o Consorcio de Turismo.

Ligazóns[editar | editar a fonte]

Ficha do Senado español de Javier Losada de Azpiazu


Predecesor:
Francisco Vázquez Vázquez
Escudo de A Coruña.svg
Alcalde da Coruña

2006 – 2011
Sucesor:
Carlos Negreira

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]