Eusebio da Guarda
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1825 A Coruña |
| Morte | 20 de marzo de 1897 A Coruña |
| Lugar de sepultura | igrexa de Santo André da Coruña |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Actividade | |
| Ocupación | empresario, filántropo, comerciante de escravos |
| Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Dicionario biográfico de Galicia |
Eusebio da Guarda González, nado na Coruña en 1825 e finado na mesma cidade o 20 de marzo de 1897, foi traficante de escravos[1], empresario e filántropo galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun zapateiro portugués chamado Gonzalo da Guarda e dunha coruñesa chamada Lorenza González, formouse como piloto e ingresou na mariña mercante en 1843 co nomeamento de "terceiro piloto". Traballou co armador e traficante de escravos Juan Menéndez Fuertes[2] [3]. Figura co apelido como capitán dun buque negreiro, o falso bergantín portugués nomeado Constante Amizade, capturado polos británicos.[4] Acadou para A Coruña a representación dos vapores de Antonio López e da Compañía Transatlántica Española.
Menéndez finou en 1852 e dous anos despois da Guarda casou coa súa viúva, Modesta Goicouría Cabrera, once anos máis vella ca el.[2] Xunto con ela reuniu unha gran fortuna que empregou na construción de grandes edificios. Os traficantes de escravos caracterizáronse por dedicar parte da súa fortuna a obras filantrópicas: Ramón Plá creou a Fundación Amboage; Antonio López, a Universidade Pontificia Comillas; José Xifré, o hospital de Arenys de Mar... O propio papa Gregorio XVI condenou en 1839 este infame comercio na carta apostólica In supremo apostolatus fastigio.[5] Da Guarda construíu o Instituto de Segunda Ensinanza, as Escolas da Guarda e o mercado da praza de Lugo. Realizou a reconstrución da igrexa de Santo André, propiedade do gremio de mareantes (cos que mantivo un preito de nove anos) coa condición de que el e a súa dona fosen enterrados nela.[6] A igrexa é unha capela castrense dende 1937.[6][7]
Para Luís Alonso Álvarez: "Da Guarda constitúe o paradigma do traficante galego que abandona as actividades ilegais e inviste nas relacionadas co transporte marítimo e sobre todo na banca".[8]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Modesta Goucouría, que anteriormente estivera casada co seu socio Juan Menéndez Fuertes.
Galería
[editar | editar a fonte]
- Retrato de Eusebio da Guarda (1896) por Gumersindo Pardo Reguera.
- Monumento a Eusebio da Guarda na praza de Pontevedra, A Coruña.
- Monumento a Eusebio da Guarda resignificado coa inscrición "esclavista".
- CEIP Eusebio da Guarda na praza de Pontevedra, A Coruña.
- Igrexa de Santo André.
- Eusebio da Guarda na portada de El Duende, poucas semanas antes do seu pasamento.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pérez Pena, Marcos (2025-12-19). ""Non queremos facer un xuízo a ningunha familia, o tráfico de escravos en Galicia foi sistémico"". Praza Pública. Consultado o 2025-12-20.
- 1 2 "Eusebio da Guarda, el benefactor de la ciudad". El Ideal Gallego (en castelán). 17 de maio de 2015. Consultado o 6 de decembro de 2015.[Ligazón morta]
- ↑ "Vista de LA PARTICIPACIÓN DE GALICIA EN EL COMERCIO TRANSATLÁNTICO DE ESCLAVIZADOS:". raco.cat (en catalán). Consultado o 2025-07-11.
- ↑ "A propósito de Eusebio da Guarda e o tráfico de escravizados na Galicia do século XIX". Praza Pública. 2024-06-07. Consultado o 2025-07-11.
- ↑ Piqueras, José Antonio (2021-12-10). Negreros: Españoles en el tráfico y en los capitales esclavistas (en castelán). Los Libros De La Catarata. ISBN 978-84-1352-332-3.
- 1 2 "De capilla para pescadores a templo de los militares". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de novembro de 2004. Consultado o 6 de decembro de 2015.
- ↑ "Mapa". España esclavista (en castelán). Consultado o 2025-07-11.
- ↑ "A propósito de Eusebio da Guarda e o tráfico de escravizados na Galicia do século XIX". Praza Pública. 2024-06-07. Consultado o 2025-07-11.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eusebio da Guarda |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Guarda González, Eusebio da". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 187.
- "Guarda González, Eusebio da". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Alonso Álvarez, Luis (7/6/2024). "A propósito de Eusebio da Guarda e o tráfico de escravizados na Galicia do século XIX". Praza Pública.
- Curros Enríquez (1911). "Eusebio da Guarda" pp. 253-256. Hijos ilustres de Galicia. Obras Completas v. IV. Madrid. Hernando (en castelán).
- Meijide Pardo, Antonio (1991). Eusebio da Guarda y el Instituto de 2ª enseñanza de La Coruña. La Voz de Galicia. ISBN 84-85287-84-3 (en castelán).
- Vilanova, Alberto; et al. (2005). "Guarda González, Eusebio da". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.