Sobrado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°1′20.64″N 8°0′51.84″O / 43.0224000, -8.0144000

Sobrado
Bandeira de Sobrado---Escudo de Sobrado
Mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes 2.jpg
Situacion Sobrado.PNG
Situación
Xentilicio[1] sobradés/sobradesa
Xeografía
Provincia Provincia da Coruña
Comarca Comarca da Terra de Melide
Poboación 1.911 hab. (2015)
Área 120,6 km²
Densidade 15,85 hab./km²
Entidades de poboación Lugares de Sobrado
Política (2015)
Alcalde María Jesús García Souto
Concelleiros
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 4
Outros: TxS 2
Eleccións municipais en Sobrado
Uso do galego[2] (2011)
Galegofalantes 88,59%
Na rede
www.sobrado.es
info@sobrado.es

Sobrado é un concello situado no sueste da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Terra de Melide. Segundo o IGE no 2015 tiña 1.911 habitantes (2.139 no 2010, 2.289 no 2006, 2.316 no 2005, 2.360 no 2004, 2.400 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «sobradés».

Xeografía[editar | editar a fonte]

Limita ó sur cos concellos de Melide e Toques, ó leste con Friol (provincia de Lugo), ó norte con Curtis e ó oeste con Boimorto e Vilasantar. Pertence á comarca de Terra de Melide ó Partido Xudicial de Betanzos e á Diocese de Santiago. As dez parroquias do concello distribúense nun territorio de 120,6 km².

O termo municipal localízase nun área montañosa pertencente á Dorsal Galega. Atópase en Sobrado o monte Campelo, da serra da Cova da Serpe, que con 811 m de altitude é o máis alto da provincia.

Sobrado ten un réxime térmico e pluviométrico característico do clima oceánico hiperhúmedo, cunha temperatura media anual de 8,4 °C, sufrindo importantes variacións, con máximas en xullo de 22 °C e mínimas en decembro de 2,3 °C. É moi importante a cantidade de precipitacións anuais nesta comarca, cunha media superior ós 1.200 mm. A rede fluvial caracterízase por cursos pequenos e de pouco caudal.

En Sobrado nacen o Mandeo, que desemboca na ría de Betanzos, e o Tambre, que forma a ría de Muros e Noia.

Clima[editar | editar a fonte]

O seu clima é oceánico húmido e fresco, con importantes precipitacións.

Patrimonio histórico e artístico[editar | editar a fonte]

Da era castrexa consérvanse varios castros[3]:

  • Castro do Cruceiro (Carelle)
  • Roda da Froxa (Carelle)
  • As Castronelas (Carelle)
  • Castro de Revillón (Carelle)
  • Castro de Roda de Socastro (Cumbraos)
  • Castro de Cumbraos (Cumbraos
  • Castro de Grixalva (Grixalva)
  • Castro de Vilanova (A Porta)
  • Castro de Seixo (Roade)
  • Castro das Lagoas (Roade)

Na parroquia da Ciadella atópase o importante campamento romano da Ciadella, o máis importante dos escavados en Galicia (xunto con Aquis Querquennis en Bande). Nel apareceron gran cantidade de tégulas, lápidas, moedas e outras pezas romanas. Probablemente estaría á beira da vía romana entre Brigantium e Lugo. Estivo activo entre os séculos II e IV.

Unha pressura romana deu orixe ao condado de Présaras, que comprendía ademais do concello de Sobrado as terras dos concellos actuais de Vilasantar e Curtis e estendía os seus dominios sobre varias vilas, portos de mar, igrexas e outros mosteiros do norte de Galicia. O derradeiro dos condes de Présaras, Hermenexildo, fundou no ano 952 o mosteiro de Sobrado dos Monxes e nel foi frade logo de quedar viúvo da súa esposa Paterna Gundesíndez. Desta forma, todos os bens do condado pasaron a formar parte das que foron as posesións do cenobio. Refundado no ano 1142, fábrica da que se conservan a capela funeraria da Magdalena, a sala capitular e algunhas partes soltas. No século XVI foi cando se comezou a levantar a igrexa e o mosteiro actuais.

No lugar de Santiago do Campo hai vestixios dunha igrexa prerrománica.

Poboación[editar | editar a fonte]

A poboación de Sobrado variou, coma moitos concellos do interior de Galicia, pola emigración do agro ás cidades. Así dende os anos 1950 diminuíu a poboación ata uns estables dous mil habitantes que mantén. Sobrado é un concello da Galicia rural. A súa economía está moi ligada á explotación da terra, a gandería e a explotación forestal. O concello matén unha importante fonte de ingresos no turismo e a hostalería ao ser un dos concellos polos que pasa o Camiño de Santiago.

Evolución da poboación de Sobrado   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016
4.899 5.583 6.459 3.466 2.360 2.139 2.037 1.965
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Censo total 2015 1.911 habitantes
Menores de 15 anos 111 (5.81 %)
Entre 15 e 64 anos 1.065 (55.73 %)
Maiores de 65 anos 735 (38.46 %)

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Sobrado.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Sobrado

Carelle (San Lourenzo) | A Ciadella (Santa María) | Codesoso (San Miguel) | Cumbraos (San Xiao) | Folgoso (Santa Cristina) | Grixalba (San Xiao) | Nogueira (San Xurxo) | A Porta (San Pedro) | Pousada (San Mamede) | Roade (Santo André)

Lugares de Sobrado[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Sobrado vexa: Lugares de Sobrado.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014. 
  3. PXUM Sobrado

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Concellos da comarca da Terra de Melide Terra de Melide
Melide
Melide
Santiso
Santiso
Sobrado
Sobrado
Toques
Toques