Huelva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 37°15′50″N 6°57′47″O / 37.26389, -6.96306

Huelva
Flag of the City of Huelva (official).PNG Escudo de Huelva1.svg
Catedral de Huelva 2005-Julio 033.jpg
Catedral de Huelva.
Situación xeográfica
Huelva en España
Huelva
Huelva
Huelva en Provincia de Huelva
Huelva
Huelva
País España
Comunidade Autónoma Andalucía
Provincia Huelva
Comarca Comarca metropolitana de Huelva
Xeografía
Altitude 54 msnm
Superficie 149 km²
Poboación
Poboación 149.310 hab. (2010)
Densidade 1002,4 hab./km²
Xentilicio onubense[1]
Información
Código postal 21001-
Alcalde Pedro Rodríguez González (PP)
Páxina web www.huelva.es

Huelva[1] é unha cidade española, capital da provincia de Huelva, en Andalucía. Está situada na costa suroeste de España, na confluencia dos ríos Tinto e Odiel, que forman a Ría de Huelva. O municipio ten unha extensión de 149 km², e a súa poboación en 2010 era de 149.310 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Huelva atópase localizada nunha pequena península confluencia dos ríos Tinto e Odiel, na chamada terra chaira pertencendo á conca do Guadiana. Está situada a escasos quilómetros do mesmo, do que o separan unha ría e varias illas. Os dous ríos fusiónanse no punto coñecido como Punta do Sebo (ou Península de Huelva ou Anicoba). A altitude media varía desde os cero aos cincuenta e catro metros sobre o nivel do mar.

Noroeste: San Bartolomé de la Torre Norte: Gibraleón Nordés: San Juan del Puerto
Oeste: Aljaraque e río Odiel Rosa de los vientos.svg Leste: Moguer, Palos de la Frontera e río Tinto
Suroeste El Rompido e Océano Atlántico Sur: Punta Umbría e Océano Atlántico Sueste: Mazagón e Océano Atlántico

Clima[editar | editar a fonte]

O clima é moi benigno, pois é de transición entre subtropical (de variedade bética) e temperado (de variedade mediterránea). A temperatura é suave grazas a ter preto o mar, posto que a súa brisa arrefría o caloroso clima.

Historia[editar | editar a fonte]

O poboamento onubense comeza a ter grande importancia na Idade do Bronce, adquirindo o seu auxe durante a civilización tartéssica (en torno aos séculos VIII e VI antes de Cristo). En séculos posteriores comezan a chegar comerciantes fenicios e gregos. Durante a época romana, o lugar que corresponde á provincia é chamada Beturia (entre o Betis, o Guadalquivir, e o Anas, o Guadiana), está poboado polos celtici, e máis tarde existe Onuba Aesturiana. Durante a época visigoda ten maior importancia a localidade de Niebla. Ao conquistar a cidade os musulmáns, chámana Welba. A cidade é reconquistada por Afonso X o Sabio. En 1873, as minas de Riotinto converten a Huelva nun importante porto. Os novos polígonos industrias do século XX fan que Huelva aumente considerablemente a súa poboación.

Economía[editar | editar a fonte]

As principais industrias onubenses son as relacionadas coa química e a pesca (Huelva conta cun importante porto pesqueiro, unha ampla frota e unha longa tradición mariñeira). O marisco e peixe onubenses gozan dunha significativa fama. O porto de Huelva é un dos de maior actividade de España, grazas a construcións portuarias de finais do século pasado.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para onubense.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Huelva Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]