Jazz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Jazz
Orixes do estilo: blues, folk, marcha, ragtime
Orixes culturais: principios dos 1910 en Nova Orleáns
Instrumentos típicos: saxofón, clarinet, baixo, contrabaixo, frauta, vibráfono, trompeta, piano, guitarra eléctrica, banjo, tuba, voz, trombón, piano Rhodes, batería
Popularidade: anos 20 - anos 70
Derivados: jump blues, jazz fusion, rhythm and blues, rock and roll, ska, reggae, funk
Banda de Jazz no Market Cafe en Nova Orleáns.

O jazz é un estilo musical, nacido entre 1890 e 1910 en Nova Orleáns. A súas raíces remontan á música dos negros e crioulos dos Estados Unidos desde as súas épocas como escravos que datan pouco antes de 1850. As influencias nomean o ragtime, as worksongs músicas cantadas polos negros ao traballaren e o blues, principalmente, non se sabe moi ben como era esta música anterior a 1910, o primeiro músico do que se ten noticia é Buddy Bolden, do que só se conservan unha foto e as opinións dos seus compañeiros, que falan dun virtuoso cun son potente e limpo.

Historia[editar | editar a fonte]

Nacemento[editar | editar a fonte]

A música que se tocaba polas rúas e nos locais de Nova Orleáns era festiva e desenfadada, tocada principalmente por músicos negros e crioulos. A maioría eran marchas e a instrumentación era a propia deste estilo: a tuba levaba o ritmo, e a corneta, clarinete e trombón tecían as melodías. Cando tocaban nun local, uníaselles piano, banjo e axiña un novo instrumento, criado especialmente para a nova música: a batería (que aqui durante moitos anos se chamou jazz band). O característico deste estilo que continúa até hoxe (co nome de Dixieland ou New Orleans) era a improvisación colectiva: a corneta toca unha melodía adornada por riba polo clarinete e complementada polos contracantos do trombón, todo sobre unha rítmica sólida e sincopada de batería, tuba ou contrabaixo, piano e banjo ou guitarra, a escritura non conta para nada, é unha arte puramente auditiva, a súa liberdade creadora vai máis alá da do compositor clásico, dúas versións distintas dun tema son dúas obras distintas; cando existe a composición e a escritura son elementos auxiliares da música jazz xa que a súa forma final depende da adaptación do músico ao lugar e ao momento onde ten lugar a actuación. Esta música foi gañando popularidade e foise estendendo cara ao Norte por Saint Louis e Chicago (di a lenda que o feche dos bordeis de Storyville en 1917 foi a causa desta emigración). É neste momento cando a nova música se comeza a se chamar jass, polo que parece utilizando un termo común no século XIX para referirse ao intercambio sexual. O 26 de febreiro de 1917, a Victor publicou o primeiro disco de jazz gravado pola Original Dixieland Jazz Band: un grupo de brancos liderados polo competente Nick LaRocca pero que non eran nin moito menos un dos baluartes desta música, como os músicos negros e crioulos King Oliver, Freddie Keppard, Kid Ory ou Jelly Roll Morton. Precisamente da banda de King Oliver sairía o home que levaría o jazz a ser o que hoxe coñecemos: Louis Armstrong. Entre 1925 e 1929 este cornetista e despois trompetista transformou a improvisación colectiva no solo, e convertiu ao Jazz nun vehículo de expresión individual e autoafirmación, e xunto con Sidney Bechet configurou o Swing.

O swing[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Swing (música).

Os anos 20 foron chamados a "Era do Jazz" [1] e a música foi o epítome dunha época de paro e desesperanza, e o alcol ilegal e o baile que lle servían de válvula de escape. Foi o nacemento das Big Bands, orquestras de baile que tocaban os temas de éxito nun estilo hot e chispeante e que conducirían á "Era do Swing (música)Swing|" onde toda América bailaba ao ritmo de Benny Goodman e Glenn Miller.

O bebop[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Bebop.

Durante a II Guerra Mundial nace o bebop, estilo duro e agresivo que se xestou nos locais de Harlem. Na contrapartida surxe, entón, o cool jazz cunha proposta máis intelectualizada e con énfase nos arranxos. A continuación do bop é o hardbop, máis negro e con influencias do gospel e do rhythm and blues. Todas estas innovacións conlevaran unha complicación progresiva desde o ponto de vista técnico e, sobre todo, harmónico que afogaba aos solistas, isto levou a algúns músicos, principalmente despois do Kind of Blue de Miles Davis a apostar polo jazz modal, onde o solista xa non segue uns cambios de acorde, senon que ten unha série de modos que lle deixan mais espazo á improvisación.

Durante a década de 1960 afundouse no jazz modal e apareceu o funk e sobre todo a vangarda con elementos de composición atonais, polirritmia e moita improvisación, foi unha fase bastante experimentalista do estilo. A aparición do rock como música maioritaria entre a xuventude branca e o soul entre os negros desprazou ao jazz dos gostos populares, fenómeno axudado polo carácter anticomercial do jazz da época. Ao mesmo tempo, a toma de conciéncia do pobo negro tivo a súa expresión no free jazz (até o propio termo jazz, considerado derogatorio, chegou a abandonarse, usandose denominacións como new thing). O entertainer era o novo Tío Tom e os músicos de free mostrábanse cínicos e condescendentes co público.

O jazz fusion[editar | editar a fonte]

Artigo principal: fusion.

Os 70 foron a época do fusion: a fusión do rock co jazz, liderada máis unha vez por Miles Davis, coa introdución de instrumentos electrónicos (ao comezo piano Fender Rhodes e baixo eléctrico e continuando despois con todo tipo de instrumentos amplificados). Apostouse por un estilo directo e rítmico (incluso bailábel) e pola existencia de bandas relativamente lonxevas no estilo rockeiro como Weather Report e Return to forever.

Frente ao triunfo da avangarda e a fusión nos setenta, ambos estilos moi alonxados do jazz tradicional, nos oitenta apareceron os Young Lions coma Wynton Marsalis ou Roy Hargrove que propoñían un retorno ao jazz acústico e mainstream.

Grandes nomes do Jazz[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Francis Scott Fitzgerald, Tales of the Jazz Age (1922)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]