Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
Tipotribunal superior de xustiza
Data de fundación1989
SedeA Coruña
PaísGalicia
Na rede
http://www.poderjudicial.es/cgpj/es/Poder-Judicial/Tribunales-Superiores-de-Justicia/TSJ-Galicia/
Dialnet: 2627486
editar datos en Wikidata ]
Entrada principal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia é o órgano que culmina a estrutura da Administración de Xustiza na Comunidade Autónoma. Con sede na cidade da Coruña, exerce xurisdición a través de tres salas: Sala do Civil e Penal, Sala do Contencioso-Administrativo e Sala do Social. Ademais, a súa Sala de Goberno desempeña funcións gobernativas sobre a xudicatura galega.

Nos supostos admitidos polo ordenamento xurídico este tribunal resolve recursos contra as sentenzas das audiencias provinciais, os xulgados do contencioso-administrativo e os xulgados do social. Xulga en única instancia determinadas demandas en procesos civís, contencioso-administrativos e laborais, e instrúe e xulga causas criminais contra autoridades aforadas. O recurso de casación fundado na infracción de normas do dereito propio de Galicia é tamén competencia do Tribunal Superior de Xustiza, mentres que nos demais casos está atribuído ao Tribunal Supremo.

O presidente do Tribunal Superior de Xustiza, con categoría de maxistrado do Tribunal Supremo, exerce a representación do poder xudicial en Galicia.

O seu actual presidente é José María Gómez y Díaz-Castroverde.

Lista de presidentes[editar | editar a fonte]

Planta do Tribunal Superior de Xustiza[editar | editar a fonte]

Sala do Civil e Penal: un presidente e cinco maxistrados. Sala do Contencioso-Administrativo: un presidente e dezaoito maxistrados (véxase BOE do 10/06/2010, inclúense as dúas prazas creadas polo Real decreto 819/2010,que serán efectivas cando o determine o Ministerio de Xustiza). Sala do Social: un presidente e dezasete maxistrados. O presidente do Tribunal o é tamén da Sala do Civil e Penal. A Sala do Contencioso-Administrativo está organizada actualmente en catro seccións; tamén está organizada en catro seccións a Sala do Social.

Sede[editar | editar a fonte]

Vista xeral do Pazo de Xustiza da cidade da Coruña, onde está instalado o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia está instalado no Pazo de Xustiza da Coruña, na Praza de Galicia. O edificio, de estilo modernista con influencia neoclásica foi construído entre os anos 1926 e 1929 seguindo planos do arquitecto Antonio Palacios[2].

Notas[editar | editar a fonte]