A Agra do Orzán, A Coruña
A Agra do Orzán, A Coruña | |
---|---|
Rúa de Barcelona, na Agra do Orzán. | |
Concello | A Coruña |
Coordenadas | 43°21′44″N 8°25′14″O / 43.362165188643, -8.4206562333676 |
Poboación | 26 252[1] hab. (2015) |
[ editar datos en Wikidata ] |

A Agra do Orzán é o barrio máis populoso[3] (29 139 habitantes, ano 2011[4]) da Coruña. Con só 0,423 km² de superficie, a densidade de poboación acada os 68 887,52 hab/km², a máis alta do concello. Está situado na parte oeste da cidade, cara a onde se foi desenvolvendo durante os anos 70 e 80 do século XX, incorporando zonas moi variadas. Un dos seus atractivos é a rúa Barcelona, que é peonil e conta cun comercio moi activo.
A súa superficie quedaría circunscrita dentro da área delimitada polas seguintes vías, comezando pola situada máis cara ao norte e continuando en sentido horario: rúa Manuel Murguía, ronda de Nelle, avenida de Fisterra, rúa Alcalde Jaime Hervada (que incluiría o polígono do Ventorrillo, de nova traza), rúa Ágora, travesía Pedreira Ríos e ronda de Outeiro.
A Agra do Orzán identifícase co distrito censal 6 da Coruña.[5][6]
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo provén do latín ager, -ri, e é unha extensión de terreo cultivábel dividida en leiras que pertencen a varios propietarios.
Historia
[editar | editar a fonte]A historia urbana do barrio iniciouse nos anos 40 cando comezaron a establecerse emigrantes doutras zonas de Galicia nos campos da Agra do Orzán, onde construían "ranchitos", casas unifamiliares con horta. O plan de ordenamento de 1948 definiu o espazo coa creación das roldas de Nelle e Outeiro. A expansión do barrio comezou na década seguinte, con rúas sen planificar e edificios mal orientados. Ademais, o Instituto Nacional da Vivenda construíu o Grupo Mariñeiros en 1957[7] e as Casas de Franco, coñecidas popularmente como "Katanga", en 1963”.[8][9]
Fitos
[editar | editar a fonte]- 1969: inaugurábanse os centros educativos Raquel Camacho (educación primaria) e o IES Agra I.
- 1975: inaugurábase o mercado municipal de abastos das Conchiñas[10], rehabilitado a comezos de 2009[11]
- 1976: fundouse no barrio a primeira asociación de veciños da cidade.[9]
- 1985: apertura dos Multicines Chaplin, pechados vinte anos despois: o 25 de agosto de 2005. Foi a única sala da Coruña que chegou a proxectar cinema X .[12]
- 1986: inaugurábase a praza das Conchiñas tras do mercado homónimo.
- 1993: inaugurábase o centro de atención primaria e de especialidades do Ventorrillo[10].
- 1994: Francisco Vázquez Vázquez inauguraba a peonalización da rúa Barcelona.
- 26 de marzo de 2011: o entón alcalde da Coruña Javier Losada inauguraba o Centro Cívico Ágora aínda que esta instalación tardaría un tempo en abrir ao público.[13]
- 21 de setembro de 2012: quedaba inaugurada como Ronda do Real Club Deportivo de La Coruña a autoestrada urbana V-1.4, que permitiría desde aquela o tráfico entre norte e sur da parte occidental da cidade sen necesidade de atravesar o barrio pola Ronda de Outeiro.
- 20 de febreiro de 2015: Carlos Negreira inauguraba o aparcadoiro soterrado baixo unha reformada praza das Conchiñas[14].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Igrexa parroquial de San Francisco, na zona coñecida como "Katanga".
-
Escultura na praza das Conchiñas
-
Praza das Conchiñas, inaugurada en 1986
-
Centro de Saúde, inaugurado en 1993
-
Cruzamento da Ronda de Outeiro coa avenida de Fisterra, no límite co barrio da Sagrada Familia e o polígono industrial de Agrela-Bens
-
Na rotonda coñecida como do "Pavo real", pola súa escultura floral, comeza a Ronda do Real Club Deportivo da Coruña, que permitiu aliviar o tráfico do barrio.
-
Vistas do barrio desde San Pedro de Visma
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Datos do distrito censal 6 segundo o IGE (2015) Arquivado 16 de novembro de 2018 en Wayback Machine.
- ↑ Estudos previos
- ↑ Tres vecinos por metro cuadrado La Opinión A Coruña
- ↑ Agra do Orzán Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine. A Cidade dos Barrios
- ↑ "Agra Activa". Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2016. Consultado o 02 de maio de 2016.
- ↑ Datos demográficos[Ligazón morta]
- ↑ Portabales, Pablo (18-9-2007). "Una aldea en plena Ronda de Outeiro que cumple 50 años". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 25-4-2016.
- ↑ "A penúltima barriografía de Xurxo Souto proclama: “Neno, eu son de Katanga”". Música en Branco. Memoria da Agra do Orzán. 2-7-2013. Arquivado dende o orixinal o 16-03-2016. Consultado o 25-4-2016.
- ↑ 9,0 9,1 "Toponimia e historia". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2016. Consultado o 04 de marzo de 2016.
- ↑ 10,0 10,1 "1975 Inauguración do Mercado das Conchiñas (1)". Flickr. Consultado o 7-8-2016.
- ↑ Coruña, La Opinión de A. "As Conchiñas, tarde y sin inauguración - La Opinión A Coruña". www.laopinioncoruna.es. Consultado o 7-8-2016.
- ↑ Galicia, La Voz de. "El adiós del Chaplin eleva a ocho los cines cerrados en los últimos 15 años". www.lavozdegalicia.es. Arquivado dende o orixinal o 22-08-2016. Consultado o 7-8-2016.
- ↑ Coruña, La Opinión de A. "El Ágora abre reproches pero no puertas - La Opinión A Coruña". www.laopinioncoruna.es. Consultado o 2016-08-07.
- ↑ "El alcalde inaugura la plaza de las Conchiñas" (en castelán). 2015-02-21. Consultado o 2016-08-07.
- ↑ Souto, Xurxo (22-1-2016). "Pucho Boedo, XXX anos de lenda". Cadena Ser. Consultado o 8-8-2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |