Saltar ao contido

Casa do Sol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casa do Sol
A Coruña Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Implicados
 Arquitecto/a
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Wikidata C:Commons

A Casa do Sol é un edificio situado na cidade da Coruña, na esquina da rúa Sol coa avenida de Pedro Barrié de la Maza, fronte á praia do Orzán.

Foi deseñado por Pedro Mariño en 1903,[1] e nun primeiro momento foi dedicado a tratar doenzas como a tuberculose. Actualmente é propiedade do concello da Coruña, e nel ten a súa sede a Comisión de Festas da cidade.

Descrición

[editar | editar a fonte]

A Casa do Sol é un edificio de planta cadrada de 12×12 metros dun único andar. As fachadas son simétricas e nelas destaca a decoración da cornixa. Remátase cun lucernario situado no centro, sobre a que era a sala de espera do dispensario.[1]

Inicialmente ía construírse entre as cocheiras do tranvía e o lavadoiro do Orzán, mais en 1905, cando se concedeu a licenza de construción, decidiuse a súa localización actual.[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Martínez Suárez, Xosé Luís; Casabella López, Xan (1989). Catálogo arquitectura. A Coruña 1890-1940. COAG. ISBN 978-84-85665-09-9.