Noroeste Pop Rock

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nicholaus Arson, guitarrista de The Hives na edición de 2009.

Noroeste Pop Rock, ou Festival Noroeste é un festival de música pop rock que cada ano se celebra no mes de agosto na cidade da Coruña dentro do programa das Festas de María Pita[1]. A edición do ano 2015 foi a número 29 dende os seus comezos nos anos oitenta.

Tradicionalmente neste festival o público pode ver de balde as actuacións, que se levan a cabo nun escenario montado na area da praia de Riazor.

A primeira edición do festival celebrouse no marco das Festas de María Pita do ano 1986, baixo o nome Noroeste Pop & Rock - I Encontro Musical Cidade da Coruña[1]. Dende entón o festival celebrouse todos os anos agás o 2003, no que o concello decidiu non organizar concertos na praia polo seu elevado custo[2]. Entre os artistas máis destacados que actuaron nas sucesivas edicións deste festival hai grupos da escena internacional como Suede, Status Quo ou The Cure, españois como Radio Futura, Nacha Pop, Los Enemigos ou Los Planetas e galegos como Siniestro Total, Los Suaves ou Os Resentidos.

Historia e edicións celebradas[editar | editar a fonte]

O Noroeste Pop Rock naceu no ano 1986, cando o concello decidiu crear un evento musical no verán co obxectivo de apoiar e dar soporte aos grupos locais para que puidesen ter un escaparate no que amosarse[2]. Á súa vez pretendíase que este evento tivese a suficiente entidade como para converterse nun referente que atraese público de fora da provincia[2].

Precedentes[editar | editar a fonte]

O festival tivo o seu principal precedente no ano 1982, no primeiro concurso de Rock Cidade da Coruña[3], un evento musical primixenio da movida en Galicia.

Poucos meses antes, o 13 de novembro de 1981 actuaran no Pazo dos Deportes de Riazor o grupo norteamericano Ramones sendo o seu abreconcertos Suaves. Foi este un concerto que deixou unha fonda pegada na cidade, e deu lugar á aparición de varios grupos musicais que participarían meses despois no concurso de Rock Cidade da Coruña[4].

Neste concurso podíanse presentar grupos musicais galegos que non tivesen editado aínda ningún disco. Os grupos participantes actuaron no Pazo dos Deportes de Riazor no mes de xullo de 1982. O 10 de xullo celebrouse a final do concurso, na que tamén actuaron grupos españois consagrados como Alaska y los Pegamoides, Nacha Pop e Mamá[3]. O concurso só tivo dúas edicións, máis axudou a desenvolver a movida local e a que poucos anos despois se crease o Noroeste Pop Rock[5].

1986: 1ª edición[editar | editar a fonte]

Tivo lugar o 23 de agosto de 1986. Inicialmente planeárase celebrar os concertos ao aire libre no barrio das Durmideiras, mais a forte chuvia do día anterior obrigou a trasladar os concertos ao Pazo dos Deportes de Riazor[2].

Actuaron as seguintes bandas e artistas[2]: Homo Hábilis, Viuda Gómez e Hijos, Método Sueco, Peor Imposible, Desperados, Destellos de Pasión, Glutamato Ye-Yé, La Mode, Mermelada, Burning, Objetivo Birmania, Siniestro Total, Os Resentidos, Dramáticos e Radio Océano.

Calcúlase que o número total de espectadores que asistiu esa tarde-noite aos concertos foi de 30.000 persoas[2]. O custo total desta primeira edición do Noroeste Pop Rock foi inferior aos 5 millóns de pesetas[5].

1987: 2ª edición[editar | editar a fonte]

Tivo lugar o 25 de agosto de 1987, e de novo os concertos se levaron a cabo no Pazo dos Deportes de Riazor. Nesta ocasión os asistentes tiveron que pagar 400 pesetas para acceder ao recinto. Actuaron cinco bandas locais e seis do ámbito español, entre elas Radio Futura[6], Nacha Pop, Danza Invisible[7], Siniestro Total e Los Ronaldos[2].

1988: 3ª edición[editar | editar a fonte]

Tivo lugar o 29 de agosto de 1988, nesta ocasión na praza de María Pita debido ás queixas recibidas polo uso de instalacións deportivas para eventos musicais. De novo actuaron cinco bandas locais e seis do ámbito español, entre elas La Granja e Luz Casal[2].

1989: 4ª edición[editar | editar a fonte]

Nesta edición o festival trasladouse definitivamente á praia de Riazor debido ás queixas dos veciños da praza de María Pita. Xunto a Danza Invisible, Modestia Aparte e La Unión actuaron cinco bandas locais[2].

1990: 5ª edición[editar | editar a fonte]

A estrela principal desta edición foi Luz Casal, que actuou para aproximadamente 120 000 persoas na praia de Riazor[2].

1991: 6ª edición[editar | editar a fonte]

Calcúlase que o número total de espectadores que asistiu a esta edición do festival foi de 90 000 persoas[2]. Actuaron os grupos locais Los Modestos, Black Tears, Ritmamuchos, Cherokes, Esa Gente, La Penumbra e Cacahué. Os cabezas de cartel foron Miguel Ríos e El Norte.[8]

1992: 7ª edición[editar | editar a fonte]

Dende esta edición e por máis dunha década os organizadores tiveron que mudar o nome do festival por Coruña Pop Rock xa que un dos promotores da primeira edición rexistrara o seu nome e pedía cartos polo seu uso. Os concertos tiveron lugar o 2 de agosto de 1992. Xunto a Hombres G e Los Inhumanos actuaron seis bandas locais, entre elas Los Eskizos[2].

1993: 8ª edición[editar | editar a fonte]

1994: 9ª edición[editar | editar a fonte]

Esta foi a primeira edición na que actuaron artistas do ámbito internacional no festival, mais o que non houbo foron bandas locais[2]. O 14 de agosto de 1994 actuaron La Señal, Immaculate Fools, La Frontera e The Stranglers. O día anterior, na primeira xornada deste Coruña Pop Rock actuaron baixo o lema A noite do gran guateque o Dúo Dinámico, Pablo Abraira, Los Pekenikes e Mike Kennedy e Los Bravos[9].

1995: 10ª edición[editar | editar a fonte]

A estrela internacional desta edición foi o cantante irlandés Bob Geldof[10], que actuou ante máis de 50.000 persoas[11]. Tamén actuou Kiko Veneno[12] e Rafa Martín[13].

1996: 11ª edición[editar | editar a fonte]

A estrela principal desta edición foi o grupo británico Status Quo[10], que actuou ante 75.000 persoas[2]. Como abreconcertos actuou Mercedes Ferrer[14].

1997: 12ª edición[editar | editar a fonte]

Nesta edición a actuación principal foi a do grupo ourensán Los Suaves, que congregou a 60.000 espectadores[2].

1998: 13ª edición[editar | editar a fonte]

A estrela principal desta edición foi o grupo británico The Cure[10], que actuou o 8 de agosto de 1998. Como abreconcertos actuou Pablo Bicho.[13]

1999: 14ª edición[editar | editar a fonte]

A estrela principal desta edición foi o grupo británico Simply Red[10]. Como abreconcertos actuou Rafa Martín[13].

2000: 15ª edición[editar | editar a fonte]

As estrelas principais desta edición foron Joe Cocker e Manolo Tena[15].

2001: 16ª edición[editar | editar a fonte]

A estrela principal desta edición foi o grupo escocés The Waterboys, que tocou algún tema co gaiteiro vigués Carlos Núñez, e que foron os seus abreconcertos os locais Deluxe[2].

2002: 17ª edición[editar | editar a fonte]

O ano 2002 foi un ano en que no verán se sucederon moitos concertos na praia de Riazor algún deles multitudinario, aínda que realmente non foi recoñecible a existencia dun festival Noroeste como tal[2].

2004: 18ª edición[editar | editar a fonte]

No ano 2004 volven os concertos na praia durante unha semana trala ausencia do ano 2003. Nesta edición do festival actuaron dous grupos galegos, Los Suaves e Heredeiros da Crus[16].

2005: 19ª edición[editar | editar a fonte]

Na edición do ano 2005 o festival recupera o seu nome orixinal: Noroeste Pop Rock[6]. Actuaron as seguintes bandas e artistas[1]:

2006: 20ª edición[editar | editar a fonte]

Actuaron as seguintes bandas e artistas[17]:

2007: 21ª edición[editar | editar a fonte]

Actuaron as seguintes bandas e artistas[1]:

Segundo a organización asistiron aos concertos unhas 25.000 persoas cada día[18].

2008: 22ª edición[editar | editar a fonte]

Actuaron as seguintes bandas e artistas[1]:

2009: 23ª edición[editar | editar a fonte]

Actuaron as seguintes bandas e artistas[1]:

O custo total desta edición do festival foi de aproximadamente 600.000 euros[5].

2010: 24ª edición[editar | editar a fonte]

Nun primeiro momento anunciouse a súa suspensión por culpa da crise económica e a coincidencia co festival Africa Express na praia de Santa Cristina en Oleiros[19], mais finalmente o concello escoitou as suxestións dun grupo de cidadáns e accedeu a organizar o festival cun presuposto máis reducido e con presenza de grupos locais seleccionados mediante concurso[20]. Actuaron as seguintes bandas e artistas[21]:

2011: 25ª edición[editar | editar a fonte]

Actuaron as seguintes bandas e artistas[22]:

2012: 26ª edición[editar | editar a fonte]

Actuaron as seguintes bandas e artistas[1]:

2013: 27ª edición[editar | editar a fonte]

Actuaron as seguintes bandas e artistas[23]:

2014: 28ª edición[editar | editar a fonte]

Actuaron as seguintes bandas e artistas[1]:

2015: 29ª edición[editar | editar a fonte]

No ano 2015, ademais das actuacións do xoves 6 e venres 7 de agosto na praia de Riazor, o festival ampliouse aos tres días precedentes baixo o nome de Noroeste Expandido, nun formato diferente. No Noroeste Expandido os concertos se realizaron noutros tres escenarios montados en pequenos recunchos da zona histórica da cidade: a praza das Bárbaras, a praza de San Nicolás e o castelo de San Antón. En total actuaron 31 bandas e artistas:

2016: 30ª edición[editar | editar a fonte]

Actuaron máis de sesenta grupos[24] e ampliáronse os concertos a outras áreas como a Casa Museo Casares Quiroga, a Fundación Luís Seoane, o Campo da Leña, a igrexa das Capuchinas e o Paseo das Pontes.[25]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Selección de cartaces de pasadas edicións do festival Páxina web do Festival. Consultado o 20/08/2015.
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 2,15 2,16 La accidentada vida del Noroeste Pop Rock www.lavozdegalicia.es, 09/08/2009 (en castelán).
  3. 3,0 3,1 La cosecha roquera del 82 www.lavozdegalicia.es, 29/06/2009 (en castelán).
  4. La primera noche punk coruñesa www.laopinioncoruna.es, 12/11/2011 (en castelán).
  5. 5,0 5,1 5,2 Un festival marcado por la polémica desde antes de su nacimiento www.lavozdegalicia.es, 09/08/2009 (en castelán).
  6. 6,0 6,1 Los hermanos Auserón y Siniestro Total regresan al Noroeste Pop Rock www.lavozdegalicia.es, 20/07/2005 (en castelán)
  7. Nacha Pop, Danza Invisible y Toreros Muertos, en Riazor www.lavozdegalicia.es, 10/05/2007 (en castelán).
  8. "Histerias" del Noroeste Pop Rock 1991
  9. HEMEROTECA Coruña Pop-Rock traía a Riazor al Dúo Dinámico y a Inmaculate Fools www.lavozdegalicia.es, 24/07/2004 (en castelán).
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 Desde Shakira no hay dispendios www.lavozdegalicia.es, 21/05/2008 (en castelán)
  11. Música con arrugas www.lavozdegalicia.es, 20/01/2002 (en castelán)
  12. El Noroeste Pop Rock ficha a Kiko Veneno y Los Enemigos www.lavozdegalicia.es, 13/05/2013 (en castelán).
  13. 13,0 13,1 13,2 Pereira, Nonito (8 de xuño de 2015). "Revolviendo en los archivos - 1998 - The Cure en A Coruña". TodoMúsica&Más (en castelán). Consultado o 27 de novembro de 2015. 
  14. DESPEINANDO RECUERDOS-STATUS QUO - VERANO DEL 96 Todo Música & Más (blog de Nonito Pereira). Consultado o 21/08/2015 (en castelán).
  15. Protección Civil en concierto www.lavozdegalicia.es 17/08/2000
  16. Los Suaves vuelven a casa www.laopinioncoruna.es, 11/08/2011 (en castelán).
  17. Noroeste Pop Rock 06 marcus.gal, 01/08/2006
  18. El Noroeste Pop Rock llena la playa de Riazor durante tres noches elpais.com, 05/08/2007 (en castelán).
  19. El Ayuntamiento achaca a la crisis la suspensión del Noroeste Pop Rock www.lavozdegalicia.es, 28/05/2010 (en castelán).
  20. Dos grupos del Noroeste Pop Rock serán elegidos por votación popular www.lavozdegalicia.es, 22/06/2010 (en castelán).
  21. El rock del Noroeste contra la lluvia www.lavozdegalicia.es, 05/08/2010 (en castelán).
  22. Combo Dinamo, Cardigan Bridge, Green Fandango y los Eternos, teloneros del Noroeste Pop Rock www.radiocoruna.com, 09/08/2011 (en castelán).
  23. Suede, Kiko Veneno y los Enemigos actuarán en el Noroeste Pop de A Coruña www.elpais.com, 18/07/2013 (en castelán).
  24. Más de sesenta bandas y artistas actuarán en el Festival Noroeste Estrella Galicia
  25. Festival Noroeste Estrella Galicia

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]