Casa Museo Picasso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°22′2.03″N 8°24′25.52″O / 43.3672306, -8.4070889

Casa Museo Picasso
Casa picasso a coruña paio gomez14.jpg
Casa Museo Picasso
País Galicia Galicia
Cidade A Coruña
Tipo Artístico, histórico
Construción Século XIX
Inauguración 18 de decembro de 2002
Superficie 150 m²
Visitantes 4.000[1]

A Casa Museo Picasso é unha casa museo da cidade da Coruña inaugurada o 18 de decembro de 2002. No museo reprodúcense 33 obras, das cales 4 son do pai e as demais foron realizadas polo Picasso novo durante a súa estancia na cidade herculina, as obras están integradas dentro da decoración da casa nas diferentes estancias agás nos dormitorios. Entre as obras expostas hai óleos sobre lenzo, óleos sobre madeira, debuxos a lapis e a pluma, tintas, carbóns e acuarelas. Na casa que alberga o museo residiu o pintor Pablo Picasso entre 1891 e 1895, trátase dunha vivenda típica da zona do ensanche coruñés do século XIX e se conserva igual a como estaba cando vivía a familia Ruiz Picasso con mobles, obxectos e aparellos orixinais e da época. A casa está situada no segundo andar do número 14 da rúa Paio Gómez, en pleno centro da cidade.

Historia[editar | editar a fonte]

A familia Picasso saíu de Málaga o 20 de outubro de 1891 e chegaron a Vigo o día 25, día do décimo aniversario de Picasso. De aí foron en tren ata Compostela e dende alí trasladáronse á cidade da Coruña no coche da Ferrocarrilana. Na Coruña o seu pai fora contratado como mestre de belas artes no Eusebio da Guarda onde Picasso foi alumno. Nesas datas A Coruña tiña 32 970 habitantes e Málaga 130 000 habitantes. Residiron na cidade dende outubro de 1891 ata abril de 1895 e alí Picasso fixo as súas primeiras pinturas ao óleo. Debuxou retratos e caricaturas en revistas feitas a man por el mesmo con títulos como "La Coruña", "Azul y Blanco" ou "Torre de Hércules". Pintou tamén diversas rúas da cidade, o porto, as xentes e retratos delas. Picasso chamaba á Coruña: A cidade do vento. A primeira exposición de Picasso tivo lugar no número 20 da rúa Real cando tiña 13 anos. En 1895 morreu na Coruña a súa irmá Conchita de difteria e a familia decidiu marchar a Barcelona.

En 1970 entre un lote de libros vellos na librería do coruñés Matías, situada moi preto da casa de Picasso, atopouse un dos cadernos de Picasso. Son páxinas con varias sinaturas e debuxos do xove artista[2].

En outubro de 2012 o Concello da Coruña presentou o proxecto para ampliar o museo alugando o baixo do edificio para facer del unha zona de recepción e sala para organizar obradoiros con actividades[3].

O 20 de xuño de 2013 foi inaugurado o baixo da Casa Museo como sala de exposicións[4].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Escudo de A Coruña.svg
A Galipedia ten un portal sobre:

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]