Pascual Veiga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pascual Veiga
Pascual Veiga.jpg
Nome completo Pascual Veiga Iglesias
Data de nacemento 9 de abril de 1842
Lugar de nacemento Mondoñedo, Galiza Galiza
Data de falecemento 12 de xullo de 1906 (64 anos)
Lugar de falecemento Madrid, España España
Composicións destacadas Himno galego
Alborada Gallega
Sepultura de Pascual Veiga, no antigo cemiterio de Mondoñedo

Pascual Veiga Iglesias, nado en Mondoñedo o 9 de abril de 1842 e finado en Madrid o 12 de xullo de 1906, foi un compositor galego, autor da música do Himno galego e doutras composicións como Alborada Gallega, coñecida tamén como Alborada de Veiga. É considerado o pioneiro do rexurdimento musical galego.[1]

Compositor de talento precoz, comezou a compoñer sendo un neno, e ao longo da súa vida fundou numerosas agrupacións orquestrais e corais como o Orfeón Coruñés.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pascual Veiga naceu en Mondoñedo o 9 de abril de 1842, comezando os seus estudos musicais a unha idade moi temperá como neno de coro da Catedral de Mondoñedo baixo a dirección de José Pacheco, daquela mestre de capela na catedral mindoniense.[3] Ao pouco, con 13 anos, comezou a impartir clases na capela catedralicia, primeiramente de solfexo e máis tarde de harmonía.[4] Foi nesta época cando realizou a súa primeira composición, o Septenario á Virxe das Dores.[3][4]

Foi profesor do Conservatorio Nacional de Madrid e fundou e dirixiu varios orfeóns, cos que recibiu numerosos premios. Co Orfeón Coruñés obtivo a medalla de ouro e as Palmas Académicas durante a Exposición Universal de París de 1889. Foi organista da Igrexa de San Domingos de Betanzos e da Colexiada da Coruña.

Está enterrado no cemiterio de Mondoñedo, nun mausoleo adicado polos seus admiradores e paisanos.

O seu fillo José Adolfo Veiga Paradís foi tamén compositor.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Xunta de Galicia, ed. (7 de marzo de 2007). "Noticias: Na primeira xornada do congreso". Consultado o 21 de febreiro de 2014. 
  2. Biografías y vidas (ed.). "Pascual Veiga" (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2014. 
  3. 3,0 3,1 Concello de Mondoñedo (ed.). "Pascual Veiga Iglesias (1842 – 1906)". Consultado o 21 de febreiro de 2014. 
  4. 4,0 4,1 Galegos (ed.). "Pascual Veiga". Consultado o 21 de febreiro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]