Ramón Pérez Costales
Ramón Pérez Costales | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 31 de maio de 1832 |
Lugar de nacemento | Oviedo |
Falecemento | 18 de xaneiro de 1911 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Oviedo e Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | político e médico |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ramón Pérez Costales, nado en Oviedo en 1832 e finado na Coruña o 18 de xaneiro de 1911, foi un médico e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Malia comezar os seus estudos na Universidade de Oviedo, tivo que trasladarse a Santiago de Compostela debido a compromisos laborais do seu pai, cidade onde remataría a licenciatura de medicina en 1854. En 1866 trala sublevación dos sarxentos do cuartel de San Gil en Madrid exíliase a Portugal.[1] Dous anos despois, en 1868 volta instalándose na Coruña e formando parte do Partido Repúblicano Federal de Francesc Pi i Margall, alí traballaría duramente na actividade política do partido ata ser apartado da dirección, intre no que comeza a espallar a idea de crear a Unión Republicana de Galicia.
Foi elixido deputado pola Coruña en 1872 e en 1873 (Cortes Constituíntes da I República) volveu ser deputado por Carral. Presentou ás Cortes a proposta de Estatuto de Galicia de José Sánchez Villamarín, na que se pedía "una Galicia independiente pero parte integrante de la nación", aínda que o intento de autodeterminación non prosperou pola pouca duración da I República. Os republicanos federalistas elaboraron de novo en 1883 un proxecto de Constitución para o Estado Galaico, que foi aprobado pola primeira asemblea federal galega celebrada en 1886, que elixiu un Consello de Goberno executivo presidido por Moreno Barcia e outros catro membros, un por cada provincia galega, sendo designado Pérez Costales en representación da Coruña.
Cando Pi i Margall se fixo cargo da República foi designado ministro de Fomento o 28 de xuño de 1873.
En 1894 senta o precedente da Real Academia Galega ao promover xunto coa escritora Emilia Pardo Bazán a Comisión Xestora para a creación da Academia Gallega sobre a base da sociedade Folklore Gallego. Posteriormente, na creación da actual Real Academia Galega, en 1906, sería nomeado académico de honra ao ser a materialización dunha das súas ideas.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Bugallal Marchesi, José Luis (1956). "Cuatro retratos y cuatro retratistas de D. Ramón Pérez Costales: Meléndez, Pardo Reguera, Picasso y Vaamonde". Boletín da Real Academia Galega 27 (309-320): 24–58.
- ↑ Martínez Murguía, Manuel (1911). "Necrología. D. Ramón Pérez Costales". Boletín da Real Academia Galega 4 (43): 149–172.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ramón Pérez Costales ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Ossorio y Bernard, Manuel (1903). "Pérez Costales (Ramón)". Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX. Madrid: Imprenta y litografía de J. Palacios.
- "Pérez Costales, Ramón". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- "Ramón Pérez Costales". no Álbum da Ciencia do Consello da Cultura Galega.
- Ramón Pérez Costales Enciclopedia de Oviedo.