Parque Punta Herminia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°23′17″N 8°23′56″O / 43.38806, -8.39889

Caracola, Parque de la Torre, La Coruña, España, 2015-09-25, DD 20-22 HDR.JPG

O Parque Punta Herminia é un parque da cidade da Coruña, situado na punta homónima, preto da Torre de Hércules. O parque está incluído na área Patrimonio Mundial da Humanidade.[1]

En xuño de 2017 solicitouse dende o concello a declaración como espazo natural de interese local xunto coa contorna da Torre de Hércules.[2]

Descrición[editar | editar a fonte]

Petróglifos

O parque sitúase nunha área que foi empregada como polvoreira militar. O Ministerio de Defensa vendeu a zona ao concello da Coruña na década de 1980[3] e en 2003 aprobouse o investimento para convertelo nun parque público.[4] Foi inaugurado o ano seguinte.[5]

No seu interior atópase a rocha chamada Monte dos Bicos, na que Alfredo Mª de la Iglesia descubriu petróglifos en 1895. O estado de conservación dos gravados é malo debido á erosión e os impactos de bala que recibiron no tempo no que o parque foi zona militar.[6][7]

A escultura "Caracola", de Moncho Amigo, forma parte do Parque escultórico da Torre de Hércules.

Historia[editar | editar a fonte]

A proximidade á prisión provincial converteu punta Herminia, como o campo da Rata, nun lugar habitual para os fusilamentos que se realizaron despois da sublevación do 18 de xullo de 1936. Entre os que foron asasinados neste lugar estiveron Alfredo Suárez Ferrín, Francisco Pérez Carballo, Ramón Maseda Reinante e os irmáns Bebel e France García García.[8]

Servizos[editar | editar a fonte]

O parque ten xogos de madeira para nenos e sendeiros. Ten ademais miradoiros e lugares para a observación das aves.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Tower of Hercules". UNESCO (en inglés). Consultado o 27 de decembro de 2015. 
  2. O Pleno aproba a proposta do Goberno local de solicitar á Xunta declarar ENIL a contorna da Torre, a segunda petición de protección que impulsa o Concello no que vai de mandato
  3. C., R. (31-5-2001). "El patrimonio militar, bajo mínimos". La Voz de Galicia (en español). Consultado o 3-4-2016. 
  4. Pousa, Luis (14-1-2003). "El antiguo polvorín de Punta Herminia se transformará en un gran mirador". La Voz de Galicia (en español). Consultado o 3-4-2016. 
  5. "Punta Herminia estrena nueva imagen y un circuito de atletismo". La Voz de Galicia (en español). 29-11-2004. Consultado o 3-4-2016. 
  6. Arqueoloxía no PXOM
  7. G.M., M. (19-8-2014). "Patrimonio Galego “redescubre” uno de los petroglifos de Punta Herminia". El Ideal Gallego (en español). Consultado o 3 de abril de 2016. 
  8. Reiriz Rey, Jesús María; Alfeirán Rodríguez, Xosé (2004). Tiempos republicanos. A Coruña: Ateneo Republicano de Galicia. ISBN 84-933103-2-8. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]