Deportivo da Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Real Club Deportivo da Coruña»)
Deportivo da Coruña
NomeReal Club Deportivo de La Coruña, S.A.D.
Alcume(s)Dépor;
Deportivistas;
Herculinos;
Branquiazuis;
Turcos;[1]
Superdépor
Fundación8 de decembro de 1906 (117 anos)
EstadioRiazor,
A Coruña, Galicia
Inauguración28 de outubro de 1944
Capacidade32.490
PropietarioAbanca (78%) + 25.400 accionistas[2][3]
PresidenteÁlvaro García Diéguez[4]
AdestradorImanol Idiakez
LigaPrimeira Federación – Grupo 1
2022–23Primeira Federación – Grupo 1: 4.º de 20
VestimentaKappa
PatrocinadorEstrella Galicia
Na rede
http://www.rcdeportivo.es/gl
Facebook: RCDeportivo Twitter: RCDeportivo Instagram: rcdeportivo Youtube: UCY2s1XaPzO60Hu6M_YZCTgA Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo
Terceiro
Tempada actual

O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 32.490 espectadores.[5] Na tempada 2023/24 compite no Grupo 1 da Primeira División RFEF.

Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gaña unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor". En total, o club ten no seu haber unha Liga, cinco subcampionatos e catro terceiros postos, dúas Copas do rei e tres Supercopas de España como máximos logros estatais, alén do Concurso España de 1912, e unha clasificación á semifinal da Recopa de Europa e outra á da Liga de Campións como éxitos internacionais. En 2004, ocupou o 6º lugar na clasificación de clubs da UEFA.[6]

Logo de 46 temporadas en Primeira División, o club ocupa o posto 12º na Clasificación histórica da primeira división española. O club conta con 196 agrupacións de afeccionados (segundo datos de outubro de 2020).[7]

Dende a tempada 2020–21 compite na terceira categoría do fútbol español, logo de descender na tempada anterior (e sendo a primeira vez na súa historia que compite durante máis dunha temporada consecutiva no terceiro chanzo do fútbol español). Con todo, xogou 25 das últimas 32 tempadas en Primeira División, 20 delas consecutivas (1991-2011)[8] e 16 delas entre os 10 primeiros clasificados.[9]

Mantén historicamente unha gran rivalidade co Celta de Vigo.[10]

Historia[editar | editar a fonte]

A fotografía máis antiga do Deportivo, 1907.

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Xogadores do Deportivo en 1912

O Club Deportivo da Sala Calvet foi fundado o 2 de marzo de 1906 por un grupo de alumnos dese ximnasio coruñés propiedade de Federico Fernández-Amor Calvet, sendo nomeado presidente do club Luís Cornide Quiroga.[11] Dende a súa fundación, o Deportivo mantivo unha gran rivalidade co Real Club Coruña.[12][a] En 1909, o club obtivo o título de Real, pasando a chamarse Real Club Deportivo da Sala Calvet.[13]

No ano 1910 o Deportivo xogou un dos dous trofeos da Copa do Rei celebrados ese ano, o organizado pola Federación Española de Clubs de Fútbol disputado en Madrid en formato triangular entre os deportivistas, o Futbol Club Barcelona e o Club Español de Madrid.[14] En 1911, o club muda o seu nome polo de Real Club Deportivo da Coruña.[13] Entrementres, as disputas entre o Deportivo e o Coruña non paran de aumentar, chegando un punto no que a directiva deportivista decide non xogar máis partidos cos coruñistas.[12] Porén, en 1912 gáñase o Concurso España, o que posteriormente sería ratificado como o primeiro título oficial deste equipo a nivel estatal.[15][16]

En xullo de 1914 os xogadores do Deportivo deciden unilateralmente disputar dous encontros fronte ao Coruña. A directiva non apoia a decisión, provocando que os xogadores abandonen o club e funden o Deportivo F.C. Auténtico.[12] En 1918, prodúcese un acordo e os xogadores deciden disolver o club escindido e regresar á estrutura do Real Club Deportivo. Durante as seguintes tempadas, o Deportivo participa no Campionato de Galicia, torneo do que se proclamou campión seis veces antes de que fose suprimido en 1940.[17]

Fundación da Liga e ascenso a Primeira[editar | editar a fonte]

Xogadores do Deportivo en 1927

O Deportivo quedou encadrado, no primeiro campionato de Liga celebrado en 1929 no grupo primeiro da segunda división, formada por dez equipos: Sevilla, Iberia, Alavés, Sporting, Valencia, Betis, Oviedo, Celta, Racing Madrid e Deportivo, que finalizaría na oitava posición.[18] Permanecería o club en devandita categoría dez tempadas ata lograr o ascenso á primeira división na tempada 1940/41.[19] O ano anterior foi campión do seu grupo en segunda, pero non logrou ascender ao perder o encontro de promoción ante o Celta de Vigo por 1-0.[20] Na súa primeira participación en primeira división quedou cuarto, destacando as vitorias fronte Real Madrid (1-0), Celta (4-0) e Barcelona (1-0).[21] O seu porteiro, Juan Acuña, logrou ser o porteiro menos batido da competición, honor que volvería conseguir na tempada seguinte.[b][22]

A inauguración do novo Estadio de Riazor, en 1944 fronte ao Valencia,[23] foi o preludio do descenso do club de novo á segunda división. Tras sucesivos ascensos e descensos, o Deportivo acada o seu primeiro subcampionato de liga na tempada 1949-50, con Alejandro Scopelli no banco, quedando a un só punto do campión, o Atlético de Madrid de Helenio Herrera.[24] Logo do subcampionato o club rematou en postos que lle permitían manter a categoría con tranquilidade. En 1950 o equipo fichou dous arxentinos, Corcuera e Oswaldo, que xunto a Franco, Moll e Tino formaron a dianteira coñecida como a Orquestra Canaro, e que marcaría na tempada 1950-51 64 goles en 30 partidos.[25] Permanecería o club herculino en primeira división ata a tempada 1956-57. Na tempada 1961-62 o equipo recuperou a categoría, porén a pesar do bo inicio da tempada, gañando o Trofeo Teresa Herrera ante un Benfica que viña de proclamarse campión de Europa, o equipo descendeu tras finalizar a tempada. Dende ese momento o equipo collería a fama de equipo "ascensor" polos seus continuos ascensos e descensos, se ben na tempada 1968-69 conseguiu manterse dous anos consecutivos na máxima categoría. En xullo de 1969, o presidente González nomeou xerente ao xornalista deportivo Manuel Fernández Trigo.[26]

Os peores anos[editar | editar a fonte]

Arsenio Iglesias chegou por primeira vez ao banco do Deportivo en decembro de 1970. Na imaxe o busto do adestrador que se encontra fronte ao Estadio de Riazor.

O 30 de decembro de 1970, co equipo en Segunda, chegou ao banco branquiazul Arsenio Iglesias.[27] Baixo a dirección do adestrador arteixán o equipo conseguiu de novo o ascenso á primeira división logo de finalizar na terceira posición e conseguir unha das catro prazas de ascenso directo á máxima categoría do fútbol español, que se ía ampliar a 18 equipos na seguinte tempada fronte aos 16 que viñan competindo.[13] Arsenio conseguiría manter ao equipo en Primeira dúas tempadas,[28] conseguindo a 14ª posición na tempada 1971-72, porén na tempada 1972-73 o equipo finalizou na penúltima posición, descendendo unha vez máis á Segunda División.[13] ao final da tempada Arsenio marcharía para o Hércules.[28] Esa sería a última tempada que o equipo herculino xogaría en Primeira, tiveron que pasar 18 anos ata que na tempada 1991–92 o Deportivo volveu xogar en Primeira.

Na tempada seguinte tocou fondo descendendo a Terceira División logo de perder por 2 goles a 0 no campo do Barakaldo o 26 de maio de 1974. O descenso provocou a dimisión do daquela presidente, Manuel Sánchez Candamio (cuxa xestión fora moi criticada), ocupando o seu lugar Antonio Álvarez Rodríguez e o cesamento de tres adestradores e fichaxes que non deron os resultados esperados, aínda que as lesións tampouco axudaron o equipo a evitar o descenso.[27][29] Esa tempada, a 1974–75, e baixo a dirección de José Antonio Irulegui e con xogadores como Seoane, Belló, Luis, Canosa, Cobas, Caamaño, Piño, Vales, Castro, Muñoz e Rabadeira, o equipo proclamouse campión na categoría, ascendendo novamente.[27] Na tempada do seu regreso á categoría de prata o equipo herculino acadou o 5º posto na clasificación, con todo, desde ese momento o club experimentou un declive deportivo nas seguintes campañas que finalmente o conduciría, na tempada 1979-80 logo de cinco tempadas en Segunda, a descender á recentemente creada Segunda B, categoría na que só xogou unha tempada, a 1980–81, na que finalizaron na segunda posición, o que lle outorgou unha das prazas de ascenso directo xunto co seu máximo rival, o Celta de Vigo, que descendera un ano antes.[13] Tras o ascenso viñeron dez tempadas consecutivas na división de prata.

Con todo, a situación económica do club, cunha débeda que non paraba de medrar dende había varios anos, e que ascendía nos anos 1980s a 600 millóns de pesetas, era complicada. Por outra banda, os resultados deportivos non acompañaron, e na tempada 1987-88 o equipo estivo a piques de descender de novo á Segunda B, conseguindo a permanencia na derradeira xornada.[30] Ese mesmo ano marcaría un punto de inflexión na historia do club coruñés, o 13 de xuño de 1988 celebrábase no Colexio dos Salesianos unha asemblea aberta e popular na que foi elixido presidente Augusto César Lendoiro.[13][30] Logo de acceder á presidencia, Lendoiro deu os primeiros pasos para levar o equipo ao cumio, modernizando a institución e fichando xogadores de peso que aumentaran o nivel do equipo.[13] O regreso de Arsenio na tempada seguinte e a recuperación económica deron paso, logo dun intento no 1990 que fallou, ao subcampionato e o ascenso a primeira división na tempada 1990-91 tras case dúas décadas en Segunda División.[30] O Deportivo pasaría de ser dun equipo ascensor e ao bordo da desaparición, a un equipo que anos máis tarde estaría á par dos grandes de Europa.

O brasileiro Bebeto foi o símbolo do Super Depor.

O Superdépor[editar | editar a fonte]

Logo dunha tempada de transición cun equipo que combinaba veteranía e xuventude dirixido por Marco Antonio Boronat, que sería substituído por Arsenio Iglesias para salvar o equipo do descenso, na tempada 1992-93, o club viuse obrigado a converterse en Sociedade Anónima Deportiva. O club deseñou un modelo de accións economicamente alcanzables e primou os pequenos accionistas fronte aos grandes. Co obxectivo de non volver sufrir para manter a categoría realizáronse as fichaxes dos brasileiros Bebeto e Mauro Silva e o seu terceiro posto na Liga esa tempada realizando un bo xogo, supuxeron o nacemento do que se veu en chamar "Superdépor". Aínda que o Deportivo caeu na cuarta rolda da Copa do Rei fronte ao Club Polideportivo Mérida, de segunda división, logo da quenda de penaltis, o terceiro posto conseguido na tempada 1992-93 valeulle ao equipo herculino para clasificarse para a Copa da UEFA por primeira vez na súa historia.[31][32] Esa tempada Bebeto finalizou como máximo goleador da liga con 29 goles, converténdose no primeiro deportivista en conquistar o Trofeo Pichichi.[33]

A tempada 1993-94 iniciouse coa viaxe do equipo branquiazul a Dinamarca para enfrontarse ao Aalborg BK, o seu primeiro rival na Copa da UEFA, ao que conseguiu eliminar por un contundente 5-1 no cómputo global, logo de caer por un gol a cero no Aalborg Stadion de Aalborg e derrotar os dinamarqueses na Coruña por cinco goles a cero o 28 de setembro. Na segunda rolda da competición europea o Deportivo eliminou aoAston Villa inglés, que viña de conseguir o subcampionato da Premier League, por un marcador global de dous goles a un, logo de gañar o partido de volta no estadio de Villa Park en Birmingham (0-1). Finalmente o Deportivo caeu eliminado nos oitavos de final polo Eintracht Frankfurt alemán logo de perder por un gol a cero os dous partidos.[34][35] O equipo que debutou na Copa da UEFA foi o seguinte:

Na liga, o Deportivo estivo a piques de adxudicarse a súa primeira liga, logo de manterse á fronte da clasificación boa parte da tempada e de chegar á derradeira xornada con opcións ao título. Con todo, un penalti malogrado polo serbio Djukic no último minuto do partido disputado contra o Valencia, que pechaba o campionato, deulle o título ao FC Barcelona, que finalizou cos mesmos puntos que os herculinos.[36] Ademais, esa tempada o Dépor conseguiu o Trofeo Zamora con Liaño, que converteu o Deportivo no mellor equipo defensivo nunha tempada de Liga, encaixando tan só 18 goles nas 38 xornadas de Liga, o que fai unha media de 0,474 goles/partido.[37][38]

Nas dúas seguintes tempadas (1994-95) o equipo logrou de novo o subcampionato de Liga e chegou aos oitavos de final da Copa da UEFA, onde o Borussia Dortmund alemán o privou de chegar aos cuartos de final. Con todo, o maior éxito da tempada foi a consecución do primeiro gran título do club coruñés a nivel estatal, a Copa do Rei (con independencia do Concurso España de 1912, nominalmente o primeiro título estatal pero de rango menor). O equipo venceu en Madrid ao Valencia CF (2-1), nunha final que se tivo que suspender debido á intensa choiva que inundou o Estadio Santiago Bernabéu nos últimos minutos, e que obrigou a continuar o partido días despois.[36] Os autores dos tantos da final foron Manjarín e Alfredo.[39] O equipo que conquistou a primeira Copa do Rei para o club foi o seguinte:

Antes da tempada 1995-96 Arsenio deixou o banco coruñés e decidiu retirarse, sendo substituído polo técnico galés John Benjamin Toshack. A tempada comezou cun novo título, ao alzarse coa Supercopa de España tras vencer o Real Madrid a dobre partido. Ademais o Deportivo conseguiu chegar ás semifinais da desaparecida Recopa de Europa, onde foi eliminado polo Paris Saint Germain,[36] que finalmente se alzaría co título, por un dobre 0-1.[40] Na liga o equipo finalizou na 9ª posición e Bebeto decidiu non continuar do Deportivo, aceptando unha oferta do Flamengo brasileiro. Na tempada 1996-97 coa chegada de xogadores estranxeiros como Rivaldo, Naybet ou Songo'o, o Deportivo logra un terceiro posto na liga logo dun inicio ligueiro no que bateu o seu récord de xornadas imbatido, 17 xornadas imbatido; con todo unha fase de malos resultados provocaron a saída de Toshack a falta de 19 xornadas para o final da competición, sendo substituído polo brasileiro Carlos Alberto Silva.[36]

A pesar da chegada de reforzos como Djalminha ou Luizão, a seguinte foi unha mala tempada para un Deportivo que viu como a poucos días do inicio da liga o Barça fichaba a Rivaldo logo de pagar a cláusula de rescisión de 4.000 millóns. Finalmente o equipo coruñés foi eliminado da Copa da UEFA na primeira rolda fronte ao AJ Auxerre por 2-1 e 0-0.[36][41]

O Eurodépor[editar | editar a fonte]

Diego Tristán logrou un trofeo Pichichi co Deportivo

Na tempada 1998–99 chegou ao banco coruñés o adestrador irundarra Javier Irureta procedente do Celta de Vigo.[42] Nese momento chegan ao club xogadores como Manuel Pablo, Scaloni, Pauleta ou Turu Flores entre outros. Logo de conquistar o Trofeo Teresa Herrera e o Trofeo Ramón de Carranza, o Deportivo finaliza a liga en sexta posición, clasificándose para a Copa da UEFA e alcanzando as semifinais da Copa do Rei, onde foi eliminado polo Atlético de Madrid logo de empatar (0-0) no partido de ida e perder (1-0) no partido de volta.[43][44]

Na tempada 1999–00 chegaría o primeiro e único título de Liga do Deportivo. Logo dun bo inicio ligueiro, no que se mantiveron entre os primeiros clasificados, na 12ª xornada o equipo herculino situouse á cabeza da táboa, posto que xa non deixarían no que restaba de tempada. Grazas a unha boa racha de imbatibilidade os de Irureta conseguiron contar con oito puntos de vantaxe sobre os seus perseguidores, con todo, unha etapa máis crítica na que o equipo non acababa de funcionar ben lonxe do seu estadio fixo que volveran as pantasmas de 1994. Esa tempada o Deportivo derrotou por 5-2 en Riazor ao Real Madrid, que meses máis tarde alzaría a Copa de Europa, así como ao Barcelona de Louis van Gaal (2-1). Con Songo'o, Djalminha, Pauleta, Fran, Mauro Silva, Donato, Naybet, Turu Flores e Roy Makaay como protagonistas, o Dépor proclamouse campión de liga o 19 de maio de 2000, nun Estadio Municipal de Riazor cheo ante o Espanyol, logo de gañar 2-0 con goles de Donato e Makaay. O Deportivo pechou deste xeito unha tempada de liga na que finalmente conseguiu cinco puntos de vantaxe sobre o segundo e o terceiro clasificados: Barcelona e Valencia respectivamente, convertendo a cidade da Coruña na segunda cidade máis pequena, logo de Donostia, que conseguía un título de liga.[43][45] Os xogadores que formaron parte do equipo que conquistou o primeiro título liga do club coruñés foron os seguintes:

Con todo, as participacións dos deportivistas na competición europea e na Copa do Rei foron máis discretas. Na Copa da UEFA os branquiazuis superaron tres eliminatorias, caendo nos oitavos de final fronte ao Arsenal F.C., que daquela marchaba segundo na Premier League inglesa. Na competición copeira tamén chegaría aos oitavos de final, sendo desta volta o Osasuna o que apearía aos de Irureta da competición.[43] A partir de aí, e da man de futbolistas como Molina, Valerón, Diego Tristán, Sergio e moitos dos campións de liga, e tamén da man de Irureta e Lendoiro, vivíronse cinco anos de éxitos na Liga de Campións (atinxindo unha semifinal e por tres veces os cuartos de final), lográronse dous novos subcampionatos de Liga e unha nova Copa do Rei en 2002.

O título de liga conseguido na tempada 1999-00 supuxo a clasificación directa por primeira vez na historia do club para disputar a Liga de Campións da UEFA. A tempada seguinte comezou coa chegada dun novo título, a segunda Supercopa de España, conquistada despois de derrotar o Espanyol por 2 goles a 0 (0-0 no partido de ida, e 2-0 na volta disputada en Riazor).[46][47] Na estrea dos branquiazuis na Liga de Campións o equipo quedou encadrado no grupo E, xunto co Hamburger SV alemán, o Panathinaikos grego, e a Juventus de Turín, finalizando a primeira fase de grupos na primeira posición e sen coñecer a derrota,[48] a mesma posición que ocuparía na segunda fase de grupos, superando a equipos como o Milan, o Paris Saint-Germain e o Galatasaray.[49] Con todo, a andaina dos coruñeses na máxima competición continental finalizou nos cuartos de final logo de caer fronte ao Leeds United.[50] O equipo que debutou na Liga de Campións estaba integrado polos seguintes xogadores:

Na liga, o Deportivo finalizou na segunda posición a sete puntos do Real Madrid.[51] Con todo, na Copa do Rei caeu eliminado fronte ao Club Deportivo Tenerife nos dezaseisavos de final.[52]

A tempada 2001-02 concluíu de xeito similar á anterior. Na súa segunda participación na Liga de Campións o equipo herculino chegou de novo aos cuartos de final, caendo eliminado fronte ao Manchester United,[53] mentres que na liga o equipo loitou polo título ata as últimas xornadas, finalizando na segunda posición a sete puntos do campión, o Valencia, e cun Diego Tristán que gañou ese ano o Trofeo Pichichi logo de anotar 21 goles na liga.[46][54] Con todo, o maior éxito da tempada chegou o 6 de marzo, cando o Deportivo conquistou a súa segunda Copa do Rei na final disputada no Estadio Santiago Bernabéu contra o Real Madrid, no día en que a entidade merengue celebraba o seu centenario,[46] feito que popularmente se coñece como o "Centenariazo", dado o seu gran parecido coa final da Copa Mundial de Fútbol de 1950 que historicamente foi coñecida como Maracanazo.

Logo de conquistar a terceira Supercopa de España da súa historia, o Deportivo iniciou unha tempada na que finalizaría na terceira posición no campionato de liga e conseguindo chegar ás semifinais da Copa do Rei, mais sendo eliminado na segunda rolda da Liga de Campións. Esa tempada Roy Makaay gañou o Trofeo Pichichi e a Bota de Ouro. Na tempada 2003-04 o equipo conseguiu de novo finalizar na terceira posición na liga e fixo historia ao chegar ás semifinais da Liga de Campións.[46] Despois de acabar segundo na fase de grupos por detrás do Mónaco, o Dépor superou á Juventus en oitavos de final. En cuartos de final, contra o Milan, os coruñeses perderon o partido de ida por 4-1 pero conseguiron remontar no de volta, cun 4-0 en Riazor. Nas semifinais, o Dépor caeu eliminado contra o FC Porto de José Mourinho que acabaría sendo campión desa edición, cun empate a cero en Portugal e 0-1 na volta en Riazor.[46]

O centenario[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Centenario do Deportivo.

Logo da etapa dourada do Deportivo con Irureta no banco, o 2006, ano no que o club celebrou o seu centenario, comeza unha etapa de transición marcada pola grave crise económica e as débedas. A chegada de Joaquín Caparrós supón unha auténtica revolución no cadro. Moitos dos pesos pesados do vestiario, como Molina, Scaloni, Víctor ou Diego Tristán abandonan a entidade, que inviste 9,3 millóns de euros na fichaxe de 17 xogadores, a maioría novos e con proxección, entre os que destacan Riki, Filipe Luis, Lopo ou Juan Rodríguez. Prodúcese tamén unha reformulación dos obxectivos deportivos, fixados agora na permanencia. Mais, a pesar da falta de apuros deportivos e a participación na Copa Intertoto, o mal xogo e o desencontro coa bancada propician a saída do técnico despois de dúas temporadas.

A etapa de Lotina e fin dun ciclo (2007–2011)[editar | editar a fonte]

Deportivo da Coruña no 2008.

A era de Miguel Ángel Lotina no banquiño branquiazul daba comezo na tempada 2007-08.[55] O mexicano Andrés Guardado[56] firma polo Deportivo por 7 millóns de euros e marcha Jorge Andrade á Juventus que paga 10 millóns polo xogador.[57] Nesta temporada, tras unha primeira volta do campionato con posicións preto do descenso, o equipo consegue rematar unha segunda volta con bos resultados, clasificándose para a Copa Intertoto tres anos despois da última participación en Europa, tras quedar 9º por encima do Athletic de Bilbao (o seu máis próximo perseguidor inscrito para a Intertoto).[58] O equipo xogou en xullo de 2008 a Copa Intertoto na que se enfrontou ao Bnei Sakhnin, conxunto árabe de Israel.[59] No partido de ida en Israel o Deportivo gañou 1-2 con tantos de Lafita e Riki, mentres que na volta, xogada en Riazor, o resultado foi de 1-0 con gol de Valerón. Con este resultado o equipo clasificouse por fin para unha competición europea despois de 4 anos de ausencia.

Na seguinte tempada, a 2008–09, marcada polas fichaxes de Aranzubia,[60] Zé Castro[61] e o mexicano Omar Bravo,[62] a pesar de non pasar dos dezaoitavos de final da Copa da UEFA ao ser eliminado polo Aalborg BK danés,[63] o Deportivo consegue superar o seu eterno rival histórico, o Celta de Vigo, na clasificación histórica da Liga, grazas á continuada permanencia do conxunto olívico na segunda división e aosétimo posto do Deportivo en Liga.

Andrés Guardado foi un referente do proxecto deportivista entre 2007 e 2012.

Na tempada 2009–10, o equipo realiza unha gran primeira volta que o leva a ocupar postos europeos durante máis de 20 xornadas (3 delas en prazas de Liga de Campións). Namentres, as lesións lévano a realizar unha mala segunda volta na que asina unha racha de 11 partidos consecutivos sen gañar. Finalmente o equipo termina na 10ª posición.[13][64] Nesta tempada hai que destacar o debut de varios xogadores do Fabril nos partidos de Liga e Copa do Rei: Juan Domínguez, Iván Pérez, Rochela, Dani, Seoane, Añón e Raúl.

Na tempada 2010–11 descendeu á segunda división tras 20 anos seguidos na categoría de elite. O descenso produciuse logo de perder o derradeiro partido (0–2) contra o Valencia CF, converténdose no primeiro equipo que perde a categoría con 43 puntos.[65]

Subidas e baixadas de categoría (2012-2020)[editar | editar a fonte]

Tras un inicio irregular en segunda división e con José Luis Oltra no banquiño, a tempada 2011–12 remata co equipo como campión da categoría, producíndose o ascenso o 27 de maio de 2012, a falta dunha xornada para rematar o campionato.[66] O 3 de xuño de 2012, na derradeira xornada, o Deportivo conseguiu alcanzar a cota de 91 puntos, récord na categoría (a anterior marca estaba en 88 puntos, conseguidos polo Real Valladolid na tempada 2006–07).[67]

Porén, ao comezo da tempada en 1ª División, o 30 de decembro de 2012, é despedido tras sumar soamente 12 puntos nos primeiros 17 partidos.[68] Oltra foi substituído no banco do conxunto herculino polo adestrador portugués Domingos Paciência.[69] Mais os resultados non melloraron a situación do club, que andaba no último lugar da táboa, xa que só conseguiu sumar 4 puntos en 6 partidos, e ao cabo de mes e medio desvinculouse do club.[70]

Partido Deportivo-Xaén, (1-0), o 31 de maio de 2014, no que o Dépor acadou o ascenso a primeira división no 2014.
Fernando Vázquez conseguiu o ascenso a Primeira División na tempada 2013-2014.

O 11 de febreiro de 2013, tras destituír a Paciência, Augusto César Lendoiro firma o contrato que vinculaba ao adestrador Fernando Vázquez á entidade branquiazul.[71] O escenario do debut en Riazor non podía ser mellor: o Dépor pon sobre as cordas ao Real Madrid, que acaba levándose o triunfo con moitas dificultades, 2-1.[72] Pese a comezar bastante mal (3 derrotas e 1 empate) o conxunto coruñés enlaza 4 vitorias seguidas, entre elas o derbi galego contra o Celta de Vigo. O Dépor, que semellaba desafiuzado, volvía á loita pola permanencia.[73] Pese a iso, ao rematar a tempada, Vázquez non consegue acadar ese obxectivo.[74]

Pese ao descenso, Vázquez segue á fronte do banco deportivista e, cunha primeira volta case perfecta fóra de Riazor (pese a complicacións en casa), remata como campión de inverno. Fóra do plano deportivo, o 10 de xaneiro foi un día clave para o futuro do club, pois presentouse ante o xuíz concursal unha proposta de convenio na Audiencia Provincial da Coruña que obtivo o apoio do 59,44% dos acredores, pero non do acredor principal, a Axencia Tributaria. O maxistrado decidirá cara a finais de mes, momento no que o club contará cun novo Consello de Administración.[75] Por outra banda, na xunta de accionistas celebrada o 21 de xaneiro a candidatura encabezada por Tino Fernández acadou un 72,09% dos votos, alzándose como novo presidente do club.[76] Finalmente, o 31 de maio de 2014 o Dépor volve á categoría raíña trala vitoria contra o Real Jaén por 1 a 0.[77]

Deportivo da Coruña no 2015.

Pese a que Vázquez firmara un ano máis de contrato, o Deportivo decidiu prescindir dos servizos do de Castrofeito, so pretexto dunhas declaracións polémicas deste.[78] Ese mesmo verán o Deportivo contratou como adestrador a Víctor Fernández,[79] mais os resultados non acompañan e o Dépor ve perigar a salvación. Con todo a directiva dálle varias oportunidades, pero o equipo non remata de funcionar. Todo isto fai que, tralo empate co Córdoba, último na clasificación, Fernández sexa cesado como adestrador do Deportivo.[80]

Partido disputado entre o Deportivo e o FC Barcelona en Riazor na tempada 2016-17, con resultado de 2-1 favorable aos galegos.
Alex Bergantiños.

O 9 de abril de 2015 chega como adestrador Víctor Sánchez del Amo[81] que comeza inmediatamente o seu traballo e o Dépor sofre unha metamorfose completa, pese a que os resultados non sexan demasiado bos. Chega á última xornada contra o FC Barcelona dependendo de si mesmo para manterse en Primeira. O 2-0 inicial a favor dos culés fai pensar na perda da categoría, pero dous goles, de Lucas Pérez e Diogo Salomão, e varias intervencións chaves de Fabricio Agosto manteñen o club en primeira división ao rematar o partido con empate a dous.[82] A salvación do equipo propiciou a continuidade do técnico madrileño unha tempada máis, na que o cadro herculino reforzouse con xogadores como Fernando Navarro, Cani, Alejandro Arribas, Pedro Mosquera, Fayçal Fajr, Luis Alberto ou Fede Cartabia, e logrou o traspaso de Lucas Pérez. O 1 de setembro de 2015 o club anunciou que pagara toda a débeda prevista para a tempada 2015–16, unha cantidade que ascendía a 3.169.861,80 euros máis 99.177,59 de xuros.[83] Esa temporada o Deportivo realizou unha gran primeira volta na que finalizou 9º, chegando a ocupar postos de Europa League durante nove xornadas. Con todo, o equipo realizou unha mala segunda volta na que gañou unicamente dous partidos, o segundo deles na penúltima xornada fronte ao Villarreal CF por 0-2, co que asegurou matematicamente a permanencia na máxima categoría do fútbol español.[84] A pesar da salvación, o 30 de maio de 2016 Víctor Sánchez foi destituído debido á mala relación con algúns xogadores e á mala segunda volta do equipo.[85] O 10 de xuño o Deportivo anunciou que o substituto de Víctor Sánchez para a tempada 2016-17 sería o bilbaíno Gaizka Garitano.[86]

A tempada 2016-17 comeza con altos e baixos. Xa en 2017 e despois de dúas derrotas contra Alavés (0-1) e Leganés (4-0), o equipo decide rescindir o contrato de Garitano, que é substituído por Pepe Mel o 28 de febreiro. O adestrador madrileño conseguiu o obxectivo da permanencia, destacando a vitoria por 2-1 en Riazor contra un FC Barcelona que levaba 19 partidos consecutivos sen perder en liga.

Na tempada 2017-18, o equipo só consegue dúas vitorias nos primeiros nove partidos, sendo un dos equipos máis goleados do campionato. O 24 de outubro de 2017, o Deportivo destitúe a Pepe Mel e o seu cargo é ocupado por Cristóbal Parralo, ata entón adestrador do Fabril.[87] Porén, o cambio de adestrador non fai que melloren os resultados do equipo e Cristóbal Parralo é destituído o 4 de febreiro de 2018, co equipo na 17ª posición e despois de 3 vitorias, 3 empates e 9 derrotas entre Liga e Copa.[88] ao día seguinte anunciouse a chegada do neerlandés Clarence Seedorf para dirixir o equipo.[89] A falta de 3 xornadas para finalizar o campionato, o 29 de abril de 2018, o equipo certifica o seu descenso á Segunda División.[90]

A tempada 2018-19 comezou con novo adestrador, Natxo González,[91] tras o despido de Seedorf.[92] Aínda que durante os primeiros meses de competición o equipo estivo entre os postos altos da clasificación,[93] unha mala xeira de resultados levou ao seu despido en abril[94] e á chegada de Pep Martí.[95] Finalmente o Deportivo acabou sexto, o que lle daba dereito a xogar os playoffs de ascenso a Primeira.[96] Na primeira eliminatoria eliminou o Málaga tras gañar en Riazor 4-2[97] e na Rosaleda 0-1.[98] Na final contra o Mallorca non foi quen de manter a vantaxe que conseguira na ida en Riazor, 2-0, e non puido materializar o ascenso ao perder na volta por 3-0 en Son Moix.[99]

Para a tempada 2019-20 chegou ao banco Juan Antonio Anquela, mais foi destituído o 7 de outubro tras os malos resultados acadados nas 10 primeiras xornadas de competición (1 vitoria, 5 empates, 4 derrotas), co equipo ocupando postos de descenso a Segunda B.[100] Foi substituído polo arousán Luis César Sampedro, que disputou 11 partidos, co balance dunha vitoria, catro empates e seis derrotas[101]. Cesado a finais de ano, Fernando Vázquez regresou ao equipo. Baixo o seu mando o Dépor chegou a encadear sete vitorias seguidas. O equipo acabou descendendo na última xornada, cando o partido que debía disputar co Fuenlabrada foi suspendido a causa do contaxio por Covid-19 de doce xogadores rivais.[102]

Na terceira categoría (2020-2024)[editar | editar a fonte]

Lucas Pérez voltou ao Dépor pra xogar en Primeira RFEF procedente do Cádiz CF de Primeira División.

Para a tempada 2020-21 o Deportivo seguiu contando con Vázquez como adestrador. Armou un conxunto cheo de ilustres veteranos, como Álex Bergantiños, Eneko Bóveda, Celso Borges, Claude Beauvue ou Miku Fedor.[103] A equipa nunca deu boas sensacións, e Fernando Vázquez foi substituído a inicios de ano por Rubén de la Barrera. Sentiuse unha lixeira melloría no xogo e debutaron futbolistas da canteira, entre os cales logrou asentarse Diego Villares. Malia todo, o Depor houbo de xogar o play-off de permanencia, que salvou sen ningún apuro. Logrou tamén garantirse unha praza en Primeira Federación, unha categoría de nova creación no terceiro chanzo do fútbol español.

Nas tempadas 2021-22 e 2022-23 o Deportivo xogaría sen éxito as fases de ascenso a Segunda División. Na 2021-22, adestrada por Borja Jiménez, a equipa perdeu a súa oportunidade de ascenso na derradeira eliminatoria, contra o Albacete. A derrota foi aínda máis dura se temos en conta que até o minuto 80 do segundo partido o Deportivo levaban vantaxe. Na 2022-23, en que o Deportivo foi dirixido por tres adestradores (Borja Jiménez, Óscar Cano e Rubén de la Barrera), o Deportivo nin sequera logrou chegar á última eliminatoria.

A tempada foi notábel polo regreso ao Deportivo de Lucas Pérez. O xogador rescindiu o seu contrato co Cádiz, da 1ª División, para asinar un contrato de tres anos co Dépor[104]. Foi tamén a tempada da retirada de Álex Bergantiños, que aceptou un posto no Consello de Administración do club.

O curso 2023-24 comezou de novo co obxectivo do ascenso de categoría. Como adestrador chegou Imanol Idiákez. A equipa arrincou o campionato con pobres resultados. Na xornada oitava, con só 8 puntos, chegou a estar en postos de descenso. A inicios de decembro, coa equipa na metade da táboa, o adestrador afrontou un ultimato que superou ao vencer ao Barça Atlètic. Dúas semanas despois superou outro ultimato ao vencer ao Arenteiro. No inicio da segunda volta a equipa acumulou sete vitorias seguidas e logrou o liderado da categoría.

Na xornada 33, tras outra racha de cinco vitorias consecutivas, sacaba 6 puntos de vantaxe ao segundo clasificado, o Barça Atlètic. Na xornada 36, desputada o 12 de maio, ambos equipos enfrontáronse en Riazor. O Depor partía con catro puntos de vantaxe sobre o seu rival. A vitoria neste partido, lograda con gol de Lucas Pérez, aseguroulle o ascenso de categoría.

Escudo[editar | editar a fonte]

O autobús do Deportivo co escudo do club pintado no seu lateral.

O escudo oficial do club consiste nun cinto de cabaleiro que rodea o pendón morado da Sala Calvet e a bandeira de Galicia. Coroa real no centro do pendón e sobre o escudo.

Coroa e cinto
Banderín

As cores oficiais son as seguintes:[105]

Dourado

Pantone 872

Morado

Pantone 255

Azul

Pantone 299

Vermello

Pantone 179

Uniforme[editar | editar a fonte]

Aínda que desde a súa fundación se estableceu que o equipo defendería unha camiseta a franxas verticais azuis e brancas, non sería ata 1912 cando o club coruñés faría habituais estas cores nos seus partidos oficiais. Dende entón, o primeiro uniforme do Deportivo continúa sendo branquiazul, mentres que o segundo e terceiro varían practicamente cada tempada en función de motivacións comerciais. Dende 2017 a empresa encargada dos deseños e fabricación do equipamento é a italiana Macron.

Uniforme 2020/21[editar | editar a fonte]

Para a tempada 2020/21, o Deportivo ten os seguintes tres uniformes:[106]

  • Uniforme titular: Camiseta a franxas azuis e brancas en forma de "T"; pantalón azul; medias azuis.
  • Uniforme alternativo: Camiseta de cor azul escuro cunha franxa vertical dourada na parte esquerda; pantalón azul escuro; medias azul escuro.
  • Terceiro uniforme: Camiseta coa franxa da bandeira de Galicia; pantalón branco; medias brancas.
Titular


Alternativo


Terceiro


Himno[editar | editar a fonte]

Aínda que o Deportivo contaba cun himno máis tradicional que o actual (composto en 1924 por Maximiliano Svarrmanoff[107]), a aparición do "Superdépor" e a imaxe de renovación do club levaron á directiva a substituír o himno histórico por un máis moderno, composto por Francisco Gómez Seijo "Gandy" e que posteriormente gravaría o grupo coruñés Cacahué. Devandito himno, en estilo rock,[108] sería versionado posteriormente pola Orquestra Sinfónica de Galicia.[109] No ano 2006, o grupo La Banda del Camión compuxo o himno do centenario, que incluía os nomes das grandes figuras que pasaron polo club.[110][c]

Instalacións[editar | editar a fonte]

Estadios[editar | editar a fonte]

Corralón da Gaiteira[editar | editar a fonte]

Partido no antigo Corralón da Gaiteira en 1907.

O chamado Corralón da Gaiteira foi primeiro escenario dos partidos do Deportivo da Coruña (daquela aínda coa denominación de Club Deportivo da Sala Calvet), sendo o campo no que o equipo herculino disputou os seus partidos de xeito habitual durante os seus primeiros dous anos e medio de existencia. O Corralón foi a principios do século XX o único campo da Coruña no que se podía practicar o deporte que acababa de chegar á cidade. Estaba situado nos terreos anexos á Fábrica de Tabacos, medía 18.000 m² e tiña bancadas con capacidade para 6.000 espectadores.[11][111] Eduardo del Río y Santos-Lartaud, comerciante e cónsul de Dinamarca en Galicia, era propietario de varios terreos nas proximidades da Palloza e deu o visto e prace para que os deportistas da Sala Calvet puidesen adestrar e xogar os seus encontros no Corralón.[112]

Foi no chamado Corralón da Gaiteira onde o Deportivo disputou o primeiro partido contra o seu máximo rival na época, o Coruña Foot-ball Club, o 9 de decembro de 1906, que acabaría con marcador favorable para os integrantes do equipo da Sala Calvet (2-1).[111] En maio de 1909 o Deportivo abandonou o Corralón da Gaiteira para trasladarse ao vello campo de Riazor.[11]

Campo de Riazor[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Campo de Riazor.

Dende que en 1909 o Deportivo abandonou o Corralón da Gaiteira ata 1944, ano no que se inaugurou o Estadio Municipal de Riazor, o Deportivo xogou os seus encontros no coñecido como campo de Riazor. Este terreo de xogo estaba situado nas proximidades do actual estadio, no lugar que na actualidade ocupa o colexio das Escravas.[113] O novo campo foi inaugurado o 16 de maio de 1909 cun partido fronte ao Fortuna de Vigo. O partido finalizou coa vitoria do equipo vigués por 1-3. O xornal El Noroeste relataba o acontecemento do seguinte xeito:[111]

O partido foi bastante forte e moi lucido e agradou a concorrencia, que aplaudiu entusiasmada a ambos os equipos

Finalmente en outubro de 1944 o Deportivo trasladouse de novo ao actual estadio construído orixinalmente por Santiago Rey Pedreira.[111]

Estadio de Riazor[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Estadio Municipal de Riazor.
RC Deportivo e CD Lugo no Estadio Municipal de Riazor (tempada 2018/19).

O estadio do Deportivo é o Estadio Municipal de Riazor, situado a carón da praia de Riazor, na Coruña. A pesar de ser de titularidade municipal, o Deportivo utiliza o recinto a cambio dun alugueiro simbólico de 1 ao ano.[114] Ten unha capacidade de 32.490 espectadores, todos sentados, sendo o estadio con maior cabemento de Galicia.[115] A súa primeira construción data de 1909 no terreo que hoxe ocupa a igrexa das Escravas, a escasos metros da súa actual localización. A súa segunda construción, xa na súa actual localización, foi en 1944, obra do arquitecto Santiago Rey Pedreira. O estadio tivo varias remodelacións, como a de 1982 con motivo do Campionato Mundial de Fútbol dese ano,[116] e a última, comezada en 1996 coa construción do fondo de pavillón e terminada en 1997 coa remodelación do fondo de maratón.[117] Ten unhas dimensións de 105×68 metros.[114] Ademais, foi renovada a súa Licenza UEFA para a celebración de partidos de competicións internacionais.

Cidade Deportiva de Abegondo[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Cidade Deportiva de Abegondo.

A Cidade Deportiva de Abegondo é un conxunto de instalacións deportivas propiedade do club herculino situadas en Mabegondo, alí adoita preparar os seus partidos o Deportivo. Foi inaugurado en 2003. Está formado por un edificio principal que alberga os vestiarios, oficinas e cafetería e que serve de bancada para uns 1.200 espectadores cara ao campo principal e uns 500 cara ao campo de céspede artificial. En total a cidade deportiva conta con 7 campos de céspede natural, 1 de céspede artificial, 6 campos de céspede natural de fútbol 7 e máis de 16.000 m² de campos auxiliares de céspede natural. Hai ademais uns 9.000 m² de aparcadoiros.[118]

Outras instalacións[editar | editar a fonte]

Deportienda no estadio de Riazor.
  • A sede social, que se atopa na praza de Pontevedra e foi doada en 1972 por Pedro Barrié de la Maza, presidente de honra do club.[119]
  • A Deportienda: o Deportivo da Coruña ten dúas tendas propias na cidade para a venda dos seus produtos deportivos e publicitarios. Unha situada nos baixos do estadio de Riazor e outra no centro comercial Marineda City[120] desde 2015.
  • A Deporclínica é un centro de fisioterapia aberto ao público e que conta con máis de 300 m²[121] e dotado de tratamentos de hidroterapia, fisioterapia e dous ximnasios.
  • O Playa Club, situado fronte á praia de Riazor, é un local de máis de 3.000 m² con restaurante, cafetería e discoteca na que se adoitan celebrar concertos.

Datos do club[editar | editar a fonte]

Partido da Copa da UEFA entre o Lech Poznań e o Deportivo en 2008.

Datos do club en primeira división[editar | editar a fonte]

(ata a xornada 38 da tempada 2016-17)

Partidos históricos en primeira división[editar | editar a fonte]

Datos do club na Copa do Rei[editar | editar a fonte]

Datos do club en competicións europeas[editar | editar a fonte]

Torneo Partidos xogados Vitorias Empates Derrotas Goles a favor Goles en contra
Liga de Campións 58 23 15 20 74 79
Previa da Liga de Campións 4 2 2 0 4 0
Copa da UEFA 32 14 5 13 43 36
Copa Intertoto da UEFA 10 8 0 2 18 10
Recopa de Europa 8 4 2 2 14 3
Total 112 51 24 37 153 128

Partidos históricos en Europa[editar | editar a fonte]

Historial na liga[editar | editar a fonte]

Para maior detalle véxase: Traxectoria do Deportivo da Coruña.
Tempada División Posto Copa do Rei
1929
1929/30 1/16 de final
1930/31 1/16 de final
1931/32 1/4 de final
1932/33 1/4 de final
1933/34 1/8 de final
1934/35 4ª rolda
1935/36 2ª rolda
1939/40 / 1/8 de final
1940/41      / 3ª rolda
1941/42 1/8 de final
1942/43 1/4 de final
1943/44 12º 1/8 de final
1944/45     14º 1ª rolda
1945/46     2º 1ª rolda
1946/47     13º 1ª rolda
1947/48     2º 6ª rolda
1948/49 12º 1/8 de final
1949/50 1/8 de final
1950/51 12º 1/8 de final
1951/52 11º 1/8 de final
1952/53 14º
1953/54 1/8 de final
1954/55 1/4 de final
1955/56 12º 1/8 de final
1956/57     15º 1/4 de final
1957/58 13º
1958/59 1/8 de final
1959/60 1/16 de final
1960/61 1/16 de final
1961/62     1º 1/16 de final
Tempada División Posto Copa do Rei
1962/63     14º 1/16 de final
1963/64     1º 1/8 de final
1964/65     16º 1/8 de final
1965/66     1º 1/8 de final
1966/67     16º 1/8 de final
1967/68     1º 1ª rolda
1968/69 10º 1/4 de final
1969/70     14º 1/16 de final
1970/71     3º 1/4 de final
1971/72 14º 4ª rolda
1972/73     17º 1/4 de final
1973/74     18º 4ª rolda
1974/75     1º 3ª rolda
1975/76 1ª rolda
1976/77 11º 3ª rolda
1977/78 3ª rolda
1978/79 15º 3ª rolda
1979/80     18º 2ª rolda
1980/81 2ªB     2º 1ª rolda
1981/82 12º 1/4 de final
1982/83 1/8 de final
1983/84 1/4 de final
1984/85 13º 1/8 de final
1985/86 3ª rolda
1986/87 / 3ª rolda
1987/88 16º 3ª rolda
1988/89 10º Semifinais
1989/90 1ª rolda
1990/91     2º 1/8 de final
1991/92 17º Semifinais
1992/93 4ª rolda
Tempada División Posto Copa do Rei
1993/94 1/8 de final
1994/95 Campión
1995/96 1/8 de final
1996/97 1/8 de final
1997/98 12º 1/4 de final
1998/99 Semifinais
1999/00 1/8 de final
2000/01 1/16 de final
2001/02 Campión
2002/03 Semifinais
2003/04 1/8 de final
2004/05 1/16 de final
2005/06 Semifinais
2006/07 13º Semifinais
2007/08 1/16 de final
2008/09 1/8 de final
2009/10 10º 1/4 de final
2010/11     18º 1/4 de final
2011/12     1º 1/16 de final
2012/13     19º 1/16 de final
2013/14     2º 3ª rolda
2014/15 16º 1/16 de final
2015/16 15º 1/8 de final
2016/17 16° 1/8 de final
2017/18     18º 1/16 de final
2018/19 2ª rolda
2019/20     19º 2ª rolda
2020/21 2ªB 2ª rolda

Récords[editar | editar a fonte]

Xogadores[editar | editar a fonte]

Categoría principal: Xogadores do Deportivo da Coruña.

Cadro actual[editar | editar a fonte]

Unha xogada do partido Celta-Deportivo na tempada 2012–13, o 27 de outubro.
Datos do 2 de xaneiro de 2023[127]
Posto País Xogador
1 POR Galicia Ian Mackay Capitán
2 DEF España Antoñito
3 DEF España Adrián Lapeña
4 MED Galicia Álex Bergantiños Capitán
5 DEF España Alberto Retuerta
6 MED España Isi Gómez
7 DIA Galicia Lucas Pérez
8 MED España Roberto Olabe
9 DIA España Alberto Quiles
10 MED España Mario Soriano
12 DEF España Borja Granero
13 POR Galicia Pablo Brea
Posto País Xogador
14 MED España Víctor Narro
15 DEF España Raúl García (cedido polo Real Valladolid)
16 DEF Francia Pablo Martinez
17 DIA España Kuki Zalazar
18 DEF Galicia Trilli
19 DEF España Jaime Sánchez
20 DIA España Max Svensson (cedido polo Espanyol B)
21 MED España Rubén Díez (cedido polo Tenerife)
22 MED Galicia Diego Villares
23 MED España Yeremay Hernández
24 POR España Edu Sousa

  • Capitán Capitán
  • Segundo as normas da LFP, os xogadores do primeiro equipo deberán levar os dorsais do 1 ao 25. A partir do 26, serán xogadores do equipo filial.

Equipo filial[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Deportivo Fabril.
Posto País Xogador
26 MED Galicia Jairo Noriega
Posto País Xogador
28 DEF Galicia Dani Barcia

Cedidos[editar | editar a fonte]

Posto País Xogador
POR España Alberto Sánchez (en Unionistas)

Goleadores históricos[editar | editar a fonte]

Roy Makaay anotou 29 goles na tempada 2002-2003 e gañou a Bota de Ouro.

Máximos goleadores en Primeira División[editar | editar a fonte]

Xogador Partidos Goles
Bebeto 131 86
Países Baixos Makaay 133 79
España Tristán 179 77
Galicia Pahiño 72 46
Galicia Fran 435 44
Franco 74 42
Galicia Tino 138 39
Djalminha 137 38
España Riki 174 38
Donato 303 38

Máximos goleadores en Europa[editar | editar a fonte]

Xogador Champions UEFA Recopa Intertoto Total partidos Total goles
Partidos Goles Partidos Goles Partidos Goles Partidos Goles
España Tristán 45 15 - - - - 5 1 50 16
Países Baixos Makaay 29 12 8 3 - - - - 37 15
Bebeto - - 7 7 5 6 - - 12 13
Uruguai Pandiani 44 13 - - - - - - 44 13
Djalminha 18 5 9 4 - - - - 27 9

Xogadores con máis participacións[editar | editar a fonte]

Xogadores con máis partidos en Primeira División[editar | editar a fonte]

Xogador Tempadas Partidos
Galicia Fran 14 (1991–2005) 435
Mauro Silva 13 (1992-2005) 369
España Manuel Pablo 15 (1998- ) 341
Donato 10 (1993-2003) 303
España Sergio 9 (2001-2010 ) 294
España Valerón 13 (2000-2013) 289
Galicia Acuña 13 (1941-1954) 231
España Romero 8 (1998-2006) 218
Đukić 6 (1991-1997) 212
Naybet 8 (1996-2004) 211

Xogadores con máis partidos en Europa[editar | editar a fonte]

Xogador Champions UEFA Recopa Intertoto Total
España Valerón 48 10 - 8 66
Galicia Fran 43 17 6 - 66
España Romero 50 7 - 8 65
Scaloni 52 5 - 7 64
Mauro Silva 43 14 2 - 59
España Víctor 45 7 - 6 58
Naybet 46 10 - - 56
España Molina 46 - - 8 54

Xogadores do Deportivo na Copa do Mundo[editar | editar a fonte]

Mundial Xogador Partidos Goles
Italia 1934 Galicia Chacho 1 0
Brasil 1950 Galicia Xoán Acuña 0 0
EEUU 1994 España Voro 1 0
Mauro Silva 7 0
Bebeto 7 3
Francia 1998 Noureddine Naybet 3 0
Mustapha Hadji 3 1
Salaheddine Bassir 3 2
Jacques Songo'o 4 0
Nixeria Peter Rufai 3 0
Corea/Xapón 2002 España Juan Carlos Valerón 4 1
España Diego Tristán 2 0
España Enrique Romero 3 0
España Sergio González Soriano 1 0
Alemaña 2006 Lionel Scaloni 1 0
Fabricio Coloccini 2 0
Paraguai Roberto Acuña 3 0
Suráfrica 2010 Andrés Guardado 3 0
Rusia 2018 Suíza Fabian Schär 3 0
Dinamarca Michael Krohn-Dehli 1 0
Celso Borges 3 0
Nixeria Francis Uzoho 3 0
Ismael Díaz 1 0

Distincións individuais de futbolistas[editar | editar a fonte]

Para maior detalle véxase: Premios e distincións individuais.

Pichichis[editar | editar a fonte]

Tempada Xogador Goles Partidos
1992–93 Bebeto 29 37
2001–02 España Diego Tristán 21 34
2002–03 Países Baixos Roy Makaay 29 38

Zamoras[editar | editar a fonte]

Tempada Xogador Partidos Goles Media Notas
1941–42 Galicia Juan Acuña 26 37 1.42
1942–43 Galicia Juan Acuña 25 31 1.24
1949–50 Galicia Juan Acuña 22 29 1.31
1950–51 Galicia Juan Acuña 26 36 1.38
1992–93 España Francisco Liaño 37 31 0.83 Igualado con Santiago Cañizares
1993–94 España Francisco Liaño 38 18 0.47 Media histórica máis baixa
1996–97 Jacques Songo'o 37 28 0.76

Bota de Ouro[editar | editar a fonte]

Tempada Xogador Goles Partidos
2002–03 Países Baixos Roy Makaay 29 38

Corpo técnico[editar | editar a fonte]

Cargo Técnico(s)
Adestradores
Preparadores físicos
Adestrador de porteiros Alberto Casal
Delegado Juan Ángel Barros Botana
Analista Juan Ignacio Subirán
Fisioterapeutas
  • Daniel Varela
  • Rubén Barreiro
  • Antón
Readaptador Fran Molano
Nutricionista Saúl Sánchez
Servizos médicos
  • Carlos Lariño
  • José Ramón Barral
Encargado do material Jesús Méndez

Adestradores[editar | editar a fonte]

Dende a creación da liga teñen pasado polo banquiño branquiazul 77 adestradores, entre os que salientan nomes como Arsenio Iglesias, nado en Arteixo (coñecido como "O raposo de Arteixo") e que fora xogador do equipo, co que o Deportivo subiu a Primeira División e gañou a súa primeira Copa do Rei, ou Javier Irureta, adestrador que gañou a única Liga da historia branquiazul, a famosa e recordada Copa do Rei do "Centenariazo" (fronte o Real Madrid, na súa casa, o día que este club cumpría cen anos) e co que conseguiu cinco participacións consecutivas na Liga de Campións.

Dende o verán de 2023 o adestrador é Imanol Idiakez.

Adestradores con máis partidos en Primeira División[editar | editar a fonte]

Adestrador Tempadas Partidos
España Javier Irureta 7 (1998–2005) 266
Galicia Arsenio Iglesias 6 (1971-73, 1991-1995) 190
España Miguel Ángel Lotina 4 (2007-2011) 152
España Joaquín Caparrós 2 (2005-2007) 76
Gales John B. Toshack 2 (1995-1997) 65
Galicia Cheché Martín 2 (1968-1970) 60
España Ramón de la Fuente 2 (1943-1945) 52
España Víctor 2 (2014-2016) 46
Galicia Celso Mariño 2 (1941-1942, 1942-43) 43
Galicia Chacho 2 (1942-1943, 1951-52) 39

Presidencia[editar | editar a fonte]

Augusto César Lendoiro, presidente do club dende 1988 até 2014.

O Deportivo tivo 49 presidentes ao longo dos seus 115 anos de historia, incluíndo as segundas presidencias de Virgilio Rodríguez, Carlos Allones e Aurelio Ruenes. O primeiro foi Luís Cornide Quiroga e desde 2023 éo Álvaro García Diéguez.

O 24 de decembro de 2013, Lendoiro anunciou que non se presentaría á reelección como presidente. Tras o anuncio desta decisión, Augusto César Lendoiro, poñía fin a vinte e cinco anos de mandato ininterrompidos,[128] o máis longo da historia do fútbol español. Sucedeuno Constantino Fernández Pico, que accedeu ao cargo o 21 de xaneiro de 2014, tras obter unha maioría absoluta co 72,09% dos votos dos accionistas, impóndose así a Manuel López Cascallar.[129] Ocupou o cargo pouco máis de 5 anos, ata a súa dimisión, que anunciou en abril de 2019 tras os malos resultados dese ano na Segunda División.[130] Paco Zas, foi elixido polos accionistas como novo presidente do club o 28 de maio de 2019.[131]

O 9 de decembro de 2019 o consello de administración do club anunciou a súa renuncia e a convocatoria a xunta xeral extraordinaria de accionistas para o 13 de xaneiro, co fin de elixir unha nova directiva.[132] A renuncia produciuse apenas seis meses e medio despois de tomar posesión do cargo e cunha agravada crise de resultados deportivos, onde o Deportivo ocupaba o último posto da clasificación e se atopaba a 8 puntos da salvación (1 vitoria, 9 empates e 9 derrotas).[133]

O 27 de decembro o equipo formado por Paco Zas renunciou á presidencia (que de xeito interino ocupaban até o 14 de xaneiro), en favor dunha xunta xestora formada por membros da candidatura á presidencia encabezada por Fernando Vidal, presentada na anterior xunta de accionistas. Así até a xunta extraordinaria de accionistas presidiu o club, de xeito interino, Juan Antonio Armenteros.[134] O 14 de xaneiro de 2020 Fernando Vidal converteuse oficialmente no novo presidente co club, tras celebrarse no PALEXCO unha xunta xeral extraordinaria que contou só coa súa candidatura.[135][136] Tras a súa dimisión substituíuno no cargo Álvaro García Diéguez, de Abanca Seguros.[4]

Directiva[editar | editar a fonte]

Cargo Nome
Presidente Álvaro García Diéguez
Conselleiros Álex Bergantiños
Carlos Cantó Ballesta
Juan Carlos Escotet Rodríguez
Vicente Fernández Rodríguez
David Villasuso Castaño
  • Última actualización: 17 de xullo de 2023
  • Fonte: Nós Diario[4]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Imaxe do banco de Riazor no que se amosan a Liga 1999/00 e as Copas 1994/95 e 2001/02 gañadas polo Deportivo.
Copa do Rei gañada en 1995.

O Deportivo da Coruña logrou proclamarse campión das tres principais competicións organizadas pola Real Federación Española de Fútbol (RFEF): a Liga de Primeira División, a Copa do Rei e a Supercopa de España; ás que hai que engadir outras competicións oficiais a nivel galego e estatal. A nivel internacional, o seu maior éxito foi acadar as semifinais da Recopa de Europa na tempada 1995-96 e as semifinais da Liga de Campións na tempada 2003-04.

Galicia Torneo nacional Títulos Subcampionatos
Campionato de Galicia 6 1926-1927, 1927-1928, 1930-1931, 1932-1933, 1936-1937, 1939-1940. 1919-1920, 1924-1925, 1925-1926, 1929-1930, 1931-1932, 1933-1934, 1938-1939. (7)
Copa Galicia 1 1945-1946.[137] 1935-1936,[138] 1964-1965.[139] (2)
España Torneo estatal Títulos Subcampionatos
Primeira División 1 1999/00. 1949/50, 1993/94, 1994/95, 2000/01, 2001/02. (5)
Copa do Rei 2 1994/95, 2001/02.
Supercopa de España 3 1995, 2000, 2002.
Concurso España 1 1912.[15][140]
Segunda División 5 1961/62, 1963/64, 1965/66, 1967/68, 2011/12. 1939/40, 1945/46, 1947/48, 1990/91, 2013/14. (5)
Terceira División 1 1974/75.

Premios e distincións[editar | editar a fonte]

Seareiros[editar | editar a fonte]

Durante a tempada 2023/24 o Deportivo acadou a cifra de 28.346 socios, sendo con moita diferenza o equipo da Primeira División RFEF con máis abonados, ademais de superar o número de socios de 21 dos 22 clubs da Segunda División e de 12 equipos da Primeira División.[148]

Agrupacións de afeccionados[editar | editar a fonte]

Peñas (outubro de 2020)[7]
País Número
de peñas
Galicia Galicia 175
España España 17
Estados Unidos 1
Reino Unido 1
Arxentina 1
Panamá 1

O Deportivo ten numerosas agrupacións tanto na cidade da Coruña, como en Galicia, no Estado español e tamén no estranxeiro, sendo o equipo galego con máis socios, agrupacións e representantes en todo o mundo. En 2003 tiña un total de 287 agrupacións: 244 en Galicia (211 na provincia da Coruña), 18 no resto de España, 15 no resto de Europa, 9 en América e 1 en Australia.[149] O número foi aumentando notablemente desde 1952 cando se fundou a primeira delas. Sobre todo cabe destacar o aumento a finais do século XX, xa que en 1988 había 7 grupos, en 1995 xa eran 118, e no ano 2000 superáronse as 200 ata chegar ás 287 de 2003. Segundo datos da web do club, a cifra de agrupacións en outubro de 2020 é de 196.[7]

O conxunto de agrupacións están organizadas, desde 1998, na Federación de Peñas do Deportivo que adoita organizar unha feira anual adicada a actos relacionados co club.

A agrupación máis importante por presenza nas bancadas (bandeiras, cántigas, murais etc.) e número de socios é a dos Riazor Blues.

Riazor Blues[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Riazor Blues.

É a agrupación máis animada do Estadio de Riazor e coas súas cancións, bandeiras e demais actos consegue tirar sempre do resto da bancada en tódolos partidos. O grupo formouse en 1987 e, a pesar de ser incluído como grupo ultra polo Ministerio do Interior de España,[150] caracterízase polo seu comportamento habitualmente pacífico e por unha ideoloxía esquerdista, fundamentalmente antifascista. Se ben hai anos foron un dos grupos de afeccionados máis numeroso de España, con máis de 2.000 integrantes, en 2014 a cifra reducírase a 500,[151] aínda que segundo a policía o número é menor, con 250 integrantes.[152]

Canteira[editar | editar a fonte]

Fabril[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Deportivo Fabril.
Xogadores do Fabril en 2016.

O filial do Deportivo é o Fabril. Foi fundado en 1914 co nome Fabril Foot-ball Club, sendo orixinariamente un club independente, mantendo dende 1948 un convenio de asociación co Real Club Deportivo. En 1963, converteuse no filial, adoptando o nome Fabril Deportivo, e tamén nese mesmo ano, fusionouse co Deportivo Xuvenil –club que tamén tivera un convenio de asociación co Real Club Deportivo ata ese momento–. En 1993 pasa a ser Deportivo da Coruña B. O 10 de xullo de 2017 o equipo recupera o seu nome tradicional, pasando a chamarse Real Club Deportivo Fabril.[153]

Xoga no Grupo 1º da Terceira División. Xogou 11 tempadas en Segunda B, onde acadou o segundo posto do seu grupo como mellor posición na tempada 2017/18 e se clasificou en catro ocasións para xogar a promoción de ascenso a Segunda Divisón. Ocupa o 21º posto na Clasificación histórica de filiais.

Categorías inferiores[editar | editar a fonte]

O Deportivo conta con dous equipos xuvenís, dous cadetes, dous infantís, tres alevíns e dous benxamíns.[154] O Xuvenil A foi campión en dúas ocasións da Copa de Campións Xuvenil (1995–96[155] e 2020–21[156]) e en cinco ocasións da División de Honra Xuvenil (1995–96,[157] 2007–08,[158] 2009–10[159], 2020-21[160] e 2023/24). O Xuvenil B gañou en dez ocasións a Liga Nacional Xuvenil (1997–98,[161] 2006–07,[162] 2007–08,[163] 2008–09,[164] 2009–10,[165] 2012–13,[166] 2015–16,[167] 2020–21,[168] 2022–23 e 2023–24).

Fútbol feminino[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Deportivo da Coruña Feminino.

O Deportivo contou durante a década de 1980 cunha sección de fútbol feminino, o Karbo Deportivo, que foi referencia do fútbol feminino en España, gañando a Copa da Raíña de forma consecutiva en 1983, 1984 e 1985[169].

En 2016 o club recuperou a sección de fútbol feminino,[170][171][172][173] a cal leva como nome oficial Real Club Deportivo ABANCA[174][175][176] por razóns de patrocinio.[177] Xoga na Primeira División dende que acadou o ascenso na tempada 2018/19[178]. A sección conta ademais cun filial que nesa mesma tempada ascendeu a Primeira Nacional.

Outras seccións[editar | editar a fonte]

Entre 1942 e 1992, o Deportivo contou con diversas seccións dedicadas a outros deportes.[179] Entre elas, as de atletismo (con máis de 125 trofeos), hóckey a patíns (con máis de 60 trofeos), xadrez (con arredor de 25 trofeos), ciclismo (no que militou Delio Rodríguez, e que quedou en segunda posición por equipos na Vuelta a España 1942[180]), traíñas ou baloncesto.[181][182][183]

A Asociación de Veteranos do Deportivo, que foi fundada en 1995 e dende 2014 mantén un convenio co club,[184] participou en competicións de fútbol indoor cun equipo formado por grandes xogadores que pasaron polo Deportivo, como Fran, Djalminha, Naybet, Songo'o ou Manjarín, gañando dúas ligas, en 2007/08[185] e 2009/10,[186] e dúas copas de España, en 2008[187] e 2010.[188] Nese intervalo de tres anos o equipo só perdeu nunha ocasión contra o FC Barcelona.[186]

Rivalidades[editar | editar a fonte]

Celta de Vigo[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Derbi entre Celta e Deportivo.
Celebración do gol do Deportivo no derbi celebrado o 27 de outubro de 2012.

Os primeiros roces dos que se ten constancia datan de 1923, no Campionato Galego, unha vez que nese ano o Real Club Fortuna e o Real Vigo Sporting Club, equipos contra os que xa se enfrontara o Deportivo, se fusionaron formando o Celta. Un dos detonantes da inimizade entre os dous equipos adoita buscarse no propio momento do nacemento do equipo celeste, cando Luis Otero Sánchez fichou polo Deportivo xunto con Chiarroni, González e Isidro, feito que motivou as protestas do Celta ante a Federación Galega e que provocou a sanción dos xogadores ata 1924.[189]

O primeiro derbi galego da historia celebrouse na tempada 1924-25, con vitoria do Deportivo por 3 goles a 0, mesmo resultado que no partido de volta.[189] Con todo, o primeiro enfrontamento dos dous equipos en Primeira disputouse o 19 de outubro de 1941 (4ª xornada de Liga) en Vigo, gañando os locais por 2 goles a 1. O equipo herculino vingaría esta derrota na segunda volta do campionato, derrotando os vigueses por 4 goles a 0 no estadio de Riazor.[190]

Na 16ª xornada da tempada 1999-00, coruñeses e vigueses enfrontáronse en Riazor encabezando a clasificación da Liga.[191] O Deportivo conseguiu levarse o partido por 1 gol a 0, anotando o único gol do encontro Turu Flores, e deixando un resultado que afastaba os coruñeses a 8 puntos do segundo clasificado, o Celta.

Na tempada 2011-12 ambos os equipos volveron enfrontarse na segunda división tras 20 anos. O Deportivo gañou entón os dous partidos (2-1 en Riazor, con goles de Jonathan Vila en propia porta e Lassad cun potente disparo dende fóra da área a escasos minutos do final, e 2-3 en Balaídos, con goles de Riki no minuto 2, Lassad e Borja Fernández no último minuto do encontro. Logo deste encontro, os coruñeses asinaron numerosos récords dentro da categoría: con 91 puntos conseguiron o récord de puntos da historia da segunda división, e con 29 vitorias o récord de vitorias da categoría, amais de 9 vitorias consecutivas, feito que tamén pasou á historia como a maior xeira de vitorias consecutivas da historia da categoría.

Categoría Partidos Vitorias (DEP) Empates Vitorias (CEL)
Primeira 66 25 18 23
Copa 6 2 3 1
Segunda 14 7 2 5
Segunda B 2 0 1 1
Total 88 34 24 30
Datos a 3 de abril de 2015

Se ben os encontros entre ambos equipos caracterizáronse por unha gran tensión no campo e nas bancadas, téndose rexistrado enfrontamentos entre as dúas afeccións, as directivas dos dous clubs teñen realizado un esforzo por reducir esta tensión e crear un mellor ambiente. Estes esforzos plasmáronse na imaxe das dúas afeccións cantando xuntas o himno galego no estadio de Riazor o 21 de novembro de 2015 no partido que ambos os equipos disputaron na primeira volta da primeira división.[192]

En total os dous equipos disputaron 88 partidos oficiais 82 en Liga (Primeira e Segunda División e Segunda División B) e 6 en Copa cun rexistro lixeiramente favorable para os deportivistas, tanto en vitorias como en goles.[190][d]

Real Madrid[editar | editar a fonte]

Partido entre o Real Madrid e o Deportivo da Coruña no Santiago Bernabéu na tempada 1992-93.

Aínda que o primeiro partido entre o Deportivo e o Real Madrid se disputou en 1932,[193] foi durante a época dourada do club coruñés cando este mantivo unha intensa rivalidade co equipo branco. Na tempada 1992-93 o Deportivo comezou unha xeira de 18 anos consecutivos sen perder fronte ao equipo branco no estadio de Riazor, nun partido que estaba de cara aos madridistas (0-2) e que acabarían levándose os branquiazuis por 3 goles a 2 cun dobrete de Bebeto e un gol en propia porta de Ricardo Rocha. Pouco despois, na tempada seguinte, chegaría a primeira humillación dos brancos en Riazor, onde perderon 4-0. Con todo, na tempada 1994-95, un gol de Zamorano a cinco minutos para a conclusión do partido dáballe a vitoria (2-1) e o título de Liga ao Real Madrid e deixaba os branquiazuis unha vez máis ás portas do título a falta de dúas xornadas,[194] aínda así, o equipo herculino levaríase pouco despois a Supercopa de España fronte ao equipo branco logo de gañar 3-0 en Riazor e 2-1 no Santiago Bernabéu.[195] O momento de maior rivalidade entre os dous equipos chegou na tempada 2001-02, cando ambos se enfrontaron na final da Copa do Rei no Santiago Bernabéu, levándose os coruñeses a vitoria no día no que a entidade branca cumpría 100 anos, feito que se coñeceu como "Centenariazo". A xeira de imbatibilidade do Deportivo en Riazor finalizaba na tempada 2009-10 coa derrota (1-3),[194] dende aquela o equipo coruñés non foi quen de derrotar o Real Madrid en ningunha ocasión, colleitando varias derrotas avultadas tanto en Riazor como no Santiago Bernabéu, e conseguindo tan só un empate sen goles na tempada 2010-11.[193]

En total os dous equipos disputaron 99 partidos cun rexistro claramente favorable para os madridistas, tanto en vitorias como en goles:[193][d]

Categoría Partidos Vitorias (DEP) Empates Vitorias (RMD)
Liga 88 18 19 51
Copa 9 4 2 3
Supercopa 2 2 0 0
Total 99 24 21 54

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Inicialmente o Real Club Coruña foi denominado Corunna Foot-ball Club, en inglés.
  2. En total Acuña gañaría o Trofeo Zamora catro veces: 1941-42, 1942-43, 1949-50 e 1950-51.
  3. O himno pode escoitarse na páxina web do Deportivo: Versión Rock Arquivado 31 de decembro de 2009 en Wayback Machine.; Versión Sinfónica Arquivado 31 de decembro de 2009 en Wayback Machine..
  4. 4,0 4,1 Os datos achegados están actualizados a xullo de 2016.
Referencias
  1. Cabanelas, Lucía M. (2 de abril de 2016). "El «clasiquiño», el derbi más igualado de toda España". ABC. Consultado o 29 de xuño de 2016. 
  2. "El Deportivo es el club que más dueños tiene en el deporte español". La Opinión A Coruña (en castelán). 2 de febreiro de 2017. Consultado o 4 de agosto de 2020. 
  3. Alonso, Paulo (29 de xullo de 2020). "El Dépor abraza el rescate de Abanca". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "O Deportivo asegúrase contra o caos". Nós Diario. 17 de xullo de 2023. 
  5. "Estadio ABANCA-RIAZOR". Páxina Oficial do R.C. Deportivo de La Coruña. Consultado o 13 de maio de 2024. 
  6. UEFA Team Ranking 2004 Arquivado 19 de maio de 2019 en Wayback Machine. (en inglés)
  7. 7,0 7,1 7,2 Buscador de peñas deportivistas Consultado o 27 de setembro de 2020.
  8. O Deportivo descende logo de 20 tempadas seguidas en Primeira
  9. "O Depor, cuarto na clasificación acumulada dos últimos 19 anos (1991-2009)". Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2010. Consultado o 10 de febreiro de 2010. 
  10. Celta e Deportivo enfrontaranse a próxima pretemporada en Latinoamérica
  11. 11,0 11,1 11,2 "Los orígenes" (en castelán). RCD A Coruña. Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2016. Consultado o 15 de abril de 2016. 
  12. 12,0 12,1 12,2 "Rivalidades de otra época" (en castelán). riazor.org. Consultado o 16 de abril de 2016. 
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 13,4 13,5 13,6 13,7 "Historial del Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D." (en castelán). lafutbolteca.com. Consultado o 16 de abril de 2016. 
  14. "Las 25 Copas del Rey del FC Barcelona". Sport (en castelán). 18 de maio de 2012. Consultado o 16 de abril de 2016. 
  15. 15,0 15,1 "La RFEF reconoce al Levante como campeón de la Copa de la República de 1937 y al Deportivo del Concurso de España 1912 | www.rfef.es". Web oficial de la Real Federación Española de Fútbol. (en castelán). Consultado o 2023-03-25. 
  16. Real Federación Española de Fútbol. "ACUERDOS ADOPTADOS, POR UNANIMIDAD, EN REUNIÓN DE LA JUNTA DIRECTIVA DE LA RFEF CELEBRADA EL DÍA 25 DE MARZO DE 2023" (PDF) (en castelán). 3.- Reconocer la oficialidad de la competición Concurso España y conceder la distinción de Campeón del año 1912 al Real Club Deportivo de La Coruña. 
  17. "Spain - List of Champions of Galicia" (en inglés). rsssf.com. Consultado o 16 de abril de 2016. 
  18. "Nace la liga" (en castelán). RCD A Coruña. Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2016. Consultado o 16 de abril de 2016. 
  19. "Los años cuarenta" (en castelán). RCD A Coruña. Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2016. Consultado o 16 de abril de 2016. 
  20. "Spain, Final Tables 1939-1949" (en inglés). rsssf.com. Consultado o 19 de abril de 2016. 
  21. "Spain, Final Tables 1939-1949" (en inglés). rsssf.com. Consultado o 19 de abril de 2016. 
  22. "Acuña: Juan Acuña Naya" (en castelán). bdfutbol.com. Consultado o 19 de abril de 2016. 
  23. "Un viaje desde el Corralón de A Gaiteira" (en inglés). riazor.org. Consultado o 19 de abril de 2016. 
  24. "Spain, Final Tables 1949-1959" (en inglés). rsssf.com. Consultado o 19 de abril de 2016. 
  25. "Los años cincuenta - década de oro" (en castelán). RCD A Coruña. Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2016. Consultado o 6 de mayo de 2016. 
  26. "Los sesenta - el equipo ascensor" (en castelán). RCD A Coruña. Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2016. Consultado o 6 de maios de 2016. 
  27. 27,0 27,1 27,2 "Años setenta - los peores años" (en castelán). RCD A Coruña. Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2016. Consultado o 21 de maio de 2016. 
  28. 28,0 28,1 "Arsenio Iglesias: Arsenio Iglesias Pardo" (en castelán). bdfutbol.com. Consultado o 22 de maio de 2016. 
  29. "Un año en lo más bajo" (en castelán). riazor.org. 26 de decembro de 2013. Consultado o 22 de maio de 2016. 
  30. 30,0 30,1 30,2 "Los años 80" (en castelán). RCD A Coruña. Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2016. Consultado o 30 de maio de 2016. 
  31. "Los noventa: Real Club Deportivo de La Coruña SAD" (en castelán). RCD A Coruña. Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2016. Consultado o 31 de maio de 2016. 
  32. "Copa del Rey 1992-93" (en castelán). linguasport.com. Consultado o 31 de maio de 2016. 
  33. "TODOS LOS PICHICHIS DE LA LIGA ESPAÑOLA DESDE 1928" (en castelán). webprincipal.com. Consultado o 31 de maio de 2016. 
  34. "RC Deportivo La Coruña 1993-94" (en inglés). UEFA. Consultado o 31 de maio de 2016. 
  35. "England 1992/93" (en inglés). rsssf.com. Consultado o 31 de maio de 2016. 
  36. 36,0 36,1 36,2 36,3 36,4 "En Europa" (en castelán). RCD A Coruña. Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2016. Consultado o 31 de maio de 2016. 
  37. "Todos los zamoras de la liga española desde 1958" (en castelán). webprincipal.com. Consultado o 31 de maio de 2016. 
  38. "1ª División Temporada 1993 / 94" (en inglés). LaFutbolteca.com. Consultado o 17 de xuño de 2016. 
  39. "Copa del Rey 1994-95" (en castelán). linguasport.com. Consultado o 17 de xuño de 2016. 
  40. "Cup Winners' Cup 1995-96" (en inglés). rsssf.com. Consultado o 17 de xuño de 2016. 
  41. "1997/98 Matches. First round" (en inglés). UEFA. Consultado o 17 de xuño de 2016. 
  42. "Irureta: Javier Iruretagoyena Amiano" (en castelán). bdfutbol.com. Consultado o 17 de xuño de 2016. 
  43. 43,0 43,1 43,2 "Los últimos años" (en castelán). RCD A Coruña. Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2016. Consultado o 17 de xuño de 2016. 
  44. "Copa del Rey 1998-99" (en castelán). linguasport.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2016. Consultado o 17 de xuño de 2016. 
  45. "Spain 1999/2000 (Top Three Levels)" (en inglés). rsssf.com. Consultado o 17 de xuño de 2016. 
  46. 46,0 46,1 46,2 46,3 46,4 "La actualidad" (en castelán). RCD A Coruña. Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2016. Consultado o 1 de xullo de 2016. 
  47. "Datos da final en" (en inglés). rsssf.com. Consultado o 1 de xullo de 2016. 
  48. "Standings. Group stage" (en inglés). UEFA. Consultado o 1 de xullo de 2016. 
  49. "Stangings. Second group stage" (en inglés). UEFA. Consultado o 1 de xullo de 2016. 
  50. "Matches. Knockout phase" (en inglés). UEFA. Consultado o 1 de xullo de 2016. 
  51. "Primera Division 2000/01" (en inglés). rsssf.com. Consultado o 1 de xullo de 2016. 
  52. "Copa del Rey. Second round" (en inglés). soccer-spain.com. Consultado o 1 de xullo de 2016. 
  53. "Matches. Knockout phase" (en inglés). UEFA. Consultado o 1 de xullo de 2016. 
  54. "Spain 2001/02. Primera Division" (en inglés). rsssf.com. Consultado o 1 de xullo de 2016. 
  55. "Lotina ficha por una temporada con el Deportivo". El País (en castelán). 25 de xuño de 2007. Consultado o 1 de xullo de 2016. 
  56. "El Depor paga 7 millones por el mexicano Guardado". 20 minutos (en castelán). 11 de xullo de 2007. Consultado o 1 de xullo de 2016. 
  57. "Juventus joy for Jorge Andrade" (en inglés). UEFA. 18 de xullo de 2007. Consultado o 1 de xullo de 2016. 
  58. "El Deportivo no cumplió con su parte, pero estará en la Intertoto". As (en castelán). 18 de maio de 2008. Consultado o 1 de xullo de 2016. 
  59. "Intertoto Cup" (en inglés). soccerassociation.com. Consultado o 1 de xullo de 2016. 
  60. "Aranzubia: Daniel Aranzubia Aguado" (en castelán). bdfutbol.com. Consultado o 1 de xullo de 2016. 
  61. "Zé Castro: José Eduardo Rosa Vale Castro" (en castelán). bdfutbol.com. Consultado o 1 de xullo de 2016. 
  62. "Omar Bravo: Omar Bravo Tordecillas" (en castelán). bdfutbol.com. Consultado o 1 de xullo de 2016. 
  63. "Resultados do Deportivo da Coruña na Copa da UEFA 2008-09" (en inglés). UEFA. Consultado o 1 de xullo de 2016. 
  64. "Spains 2009/10" (en inglés). rsssf.com. Consultado o 1 de xullo de 2016. 
  65. "El Valencia parte el corazón a Riazor... otra vez". Marca (en castelán). 22 de maio de 2011. Consultado o 1 de xullo de 2016. 
  66. "El Dépor es de Primera"
  67. "Un Deportivo de récord"
  68. "Oltra deja de ser el entrenador del Deportivo" (en castelán). riazor.org. 30 de decembro de 2012. Consultado o 1 de xullo de 2016. 
  69. "Domingos Paciência, nuevo entrenador del Deportivo". riazor.org (en castelán). 30 de decembro de 2012. Consultado o 1 de xullo de 2016. 
  70. "Paciência deja de ser el entrenador del Deportivo". riazor.org (en castelán). 11 de febreiro de 2013. Consultado o 1 de xullo de 2016. 
  71. "Fernando Vázquez, presentado como nuevo entrenador del Deportivo" (en castelán). RCD A Coruña. 11 de febreiro de 2013. Consultado o 1 de xullo de 2016. 
  72. "Ficha do partido" (en castelán). RFEF. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 1 de xullo de 2016. 
  73. "El milagro del profesor Vázquez". Mundo Deportivo (en castelán). 16 de abril de 2013. Consultado o 1 de xullo de 2016. 
  74. "Spain=2012/13. Primera División (Liga BBVA)" (en inglés). rsssf.com. Consultado o 3 de xullo de 2016. 
  75. "El Deportivo logra sacar adelante su propuesta de Convenio". Marca (en castelán). 10 de xaneiro de 2014. Consultado o 3 de xullo de 2016. 
  76. "Tino Fernández ya es el nuevo presidente del Deportivo" (en castelán). Marca. 21 de xaneiro de 2014. Consultado o 3 de xullo de 2016. 
  77. "Una victoria de Primera división". Marca (en castelán). 31 de maio de 2014. Consultado o 3 de xullo de 2016. 
  78. "El Real Club Deportivo prescinde de los servicios de Fernando Vázquez" (en castelán). RCD A Coruña. 8 de xullo de 2014. Consultado o 3 de xullo de 2016. 
  79. "Víctor Fernández, nuevo entrenador del Deportivo". Marca (en castelán). 10 de xullo de 2014. Consultado o 3 de xullo de 2016. 
  80. "Víctor Fernández, destituido". diarioinformación.com (en castelán). 9 de abril de 2015. Consultado o 3 de xullo de 2016. 
  81. "Víctor Sánchez sustituye a Víctor Fernández como entrenador del Deportivo". libertaddigital.com (en castelán). 9 de abril de 2015. Consultado o 3 de xullo de 2016. 
  82. "El Deportivo empata en el Camp Nou y logra la permanencia en Primera división". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de maio de 2015. Consultado o 3 de xullo de 2016. 
  83. "El RC Deportivo liquida el pago de toda la deuda prevista para la Temporada '15-'16". RCD A Coruña (en castelán). 1 de setembro de 2015. Consultado o 3 de xullo de 2016. 
  84. "Hasta luego Lucas". Marca (en castelán). 8 de maio de 2016. Consultado o 3 de xullo de 2016. 
  85. "El Deportivo destituye a Víctor Sánchez del Amo". libertaddigital.com (en castelán). 30 de maio de 2015. Consultado o 3 de xullo de 2016. 
  86. "Gaizka Garitano, nuevo entrenador del Real Club Deportivo" (en castelán). RCD A Coruña. 10 de xuño de 2016. Consultado o 3 de xullo de 2016. 
  87. As, ed. (24 de outubro de 2017). "Pepe Mel, destituido: le sustituye Cristóbal Parralo hasta junio" (en castelán). Consultado o 29 de xaneiro de 2018. 
  88. Europa Press, ed. (4 de febreiro de 2018). "Cristóbal Parralo, destituido como entrenador del Deportivo" (en castelán). Consultado o 18 de febreiro de 2018. 
  89. La Vanguardia, ed. (5 de febreiro de 2017). "Clarence Seedorf, nuevo entrenador del Deportivo" (en castelán). Consultado o 18 de febreiro de 2018. 
  90. Antena 3, ed. (29 de abril de 2018). "O Deportivo da Coruña certifica o seu descenso a Segunda tras perder ante o Barcelona". 
  91. "El Dépor oficializa el fichaje de Natxo González como nuevo entrenador". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de xuño de 2018. Consultado o 24 de xuño de 2019. 
  92. "Otro entrenador de la Liga que deberá buscarse equipo" (en castelán). 22 de maio de 2018. Consultado o 24 de xuño de 2019. 
  93. "El Málaga adelanta al Alcorcón y se coloca tercero" (en castelán). 16 de decembro de 2018. Consultado o 24 de xuño de 2019. 
  94. "El Deportivo despide a Natxo González" (en castelán). 7 de abril de 2019. Consultado o 24 de xuño de 2019. 
  95. "El Deportivo presenta a Martí como técnico" (en castelán). 9 de abril de 2019. Consultado o 24 de xuño de 2019. 
  96. "El Deportivo jugará el play off de ascenso a LaLiga Santander" (en castelán). 8 de xuño de 2019. Consultado o 24 de xuño de 2019. 
  97. "Crónica del Deportivo-Málaga" (en castelán). 12 de xuño de 2019. Consultado o 24 de xuño de 2019. 
  98. "El Deportivo vence al Málaga y se mete en la final del playoff (0-1)" (en castelán). 15 de xuño de 2019. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2019. Consultado o 24 de xuño de 2019. 
  99. "El Deportivo regala el ascenso al Mallorca". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de xuño de 2019. Consultado o 24 de xuño de 2019. 
  100. "El Deportivo destituye a Anquela y recluta a Luis César". El País (en castelán). 7 de outubro de 2019. Consultado o 9 de outubro de 2019. 
  101. "Oficial: Luis César deja de ser el técnico del Dépor". 27/12/2019. Consultado o 15/4/2024. 
  102. "El Deportivo desciende matemáticamente a Segunda B pese a no disputar su partido por los positivos en el Fuenlabrada". 21/7/2020. Consultado o 15/4/2024. 
  103. "Así quedan los dorsales y la plantilla del Deportivo 2020-21". 6/10/2021. Consultado o 15/04/2024. 
  104. "El mundo del fútbol se rinde a Lucas Pérez: "Se guía por los sentimientos"". 3/1/2023. Consultado o 13/05/2024. 
  105. "Identidade corporativa oficial do RCD da Coruña". Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2015. Consultado o 18 de xuño de 2015. 
  106. "Así son las tres camisetas del Deportivo para la temporada 20/21". riazor.org (en castelán). 24 de setembro de 2020. 
  107. De Llano López 1988, p. 93.
  108. "Un cuarto de siglo de himno". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de abril de 2012. Consultado o 29 de xullo de 2016. 
  109. "Versión sinfónica do himno do Deportivo interpretado pola Orquestra Sinfónica de Galicia". Consultado o 29 de xullo de 2016. 
  110. "Nosotros también tenemos himno del Centenario" (en castelán). davidparedes.es. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2016. Consultado o 29 de xullo de 2016. 
  111. 111,0 111,1 111,2 111,3 Aguiar, Iván (13 de setembro de 2014). "Un viaje desde el Corralón de A Gaiteira" (en castelán). riazor.org. Consultado o 18 de xuño de 2016. 
  112. Varela, Pablo (30 de marzo de 2016). "El Corralón, el lugar donde empezó todo" (en castelán). riazor.org. Consultado o 18 de xuño de 2016. 
  113. "Riazor: Historia" (en castelán). RCD A Coruña. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 18 de xuño de 2016. 
  114. 114,0 114,1 "Un lujo futbolístico a precio de saldo" (PDF) (en castelán). RCD A Coruña. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de agosto de 2014. Consultado o 28 de xullo de 2016. 
  115. "Estadio de Riazor (Deportivo la Coruña)" (en castelán). viajejet.com. Consultado o 29 de xullo de 2016. 
  116. "Riazor: Historia" (en castelán). RCD A Coruña. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 29 de xullo de 2016. 
  117. "Ampliación Estadio Riazor" (en castelán). Grupo TAU. Consultado o 29 de xullo de 2016. 
  118. "El mundo del fútbol: datos generales" (en castelán). Deportivo da Coruña. Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2009. Consultado o 6 de maio de 2016. 
  119. "Sede social". rcdeportivo.es. Consultado o 3 de febreiro de 2023. 
  120. El Deportivo abrirá otra tienda de productos oficiales en Marineda City. La Opinión A Coruña
  121. "El centro" (en castelán). Deporclínica. Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2016. Consultado o 29 de xullo de 2016. 
  122. Piñeiro, Sergio (30 de setembro de 2023). "El Deportivo cierra su campaña de abonados tras alcanzar los 28.346 socios". Riazor.org (en castelán). Consultado o 9 de novembro de 2023. 
  123. "Attendances" (en inglés). european-football-statistics.co.uk. Consultado o 3 de febreiro de 2022. 
  124. Presupuesto 19/20 rcdeportivo.es
  125. "Clasificación histórica de la liga. Alsolano". Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2016. Consultado o 10 de novembro de 2016. 
  126. "El Depor destroza el mito del Bayern". El País (en castelán). 19 de setembro de 2002. 
  127. "Cadro Real Club Deportivo". Consultado o 10-01-2023. 
  128. "Lendoiro retira su candidatura y no se presentará a las elecciones del Deportivo". lainformación.com (en castelán). 24 de decembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2014. Consultado o 29 de xullo de 2016. 
  129. "Tino Fernández pone el punto y final a 25 años de lendoirismo". ABC (en castelán). 24 de xaneiro de 2014. Consultado o 29 de xullo de 2016. 
  130. "Tino Fernández renuncia en el peor momento futbolístico del Dépor" (en castelán). 22 de abril de 2019. Consultado o 29 de maio de 2019. 
  131. "Paco Zas chega á presidencia dun Dépor dividido grazas ao apoio de Tino Fernández". Sermos Galiza. 29 de maio de 2019. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2019. Consultado o 29 de maio de 2019. 
  132. "Comunicado Real Club Deportivo". 9 de decembro de 2019. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  133. "Paco Zas dimite y convoca elecciones". La Opinión A Coruña (en castelán). 10 de decembro de 2019. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  134. "Paco Zas renuncia y le deja vía libre a Fernando Vidal". Diario As (en castelán). 27 de decembro de 2019. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  135. "Fernando Vidal, nuevo presidente del Deportivo sin oposición". Marca (en castelán). 14 de xaneiro de 2020. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  136. "Fernando Vidal, nuevo presidente del Deportivo: “Nuestro objetivo es sacar al Dépor de las penumbras que nos acechan”" (en castelán). 14 de xaneiro de 2020. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  137. "El Celta venció por 4-3, pero la Copa Galicia se fue para La Coruña". El Pueblo Gallego nº 7.287 (en castelán). 24 de diciembre de 1946. p. 3. 
  138. "Desenlace en la Copa Galicia". El Pueblo Gallego nº 4.020 (en castelán). 30 de junio de 1936. p. 5. 
  139. "El Pontevedra goleó al Deportivo en Pasarón (5-0). Con este resultado los granates se adjudicaron la Copa Galicia". El Pueblo Gallego nº 14.861 (en castelán). 20 de mayo de 1966. p. 13. 
  140. "Copa "ESPAÑA" de la Federación Española de Clubs de football" (PDF). Vida Sportiva nº 17. Donostia. 15 de setembro de 1912. p. 5. 
  141. "Medalla de Ouro de Galicia en canaldeportivo.com". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2009. Consultado o 21 de xaneiro de 2009. 
  142. El Deportivo recibe la medalla de oro de A Coruña - Marca (en castelán)
  143. "Medalla de Ouro da Universidade da Coruña en canaldeportivo.com". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2009. Consultado o 21 de xaneiro de 2009. 
  144. Historia do R.C.Deportivo da Coruña, os mellores anos (2/2)
  145. "Ha sido concedida al Sevilla la Copa Foronda" (PDF). ABC (en castelán). 14 de agosto de 1952. p. 20. 
  146. Juego Limpio en España - Real Federación Española de Fútbol Arquivado 13 de maio de 2014 en Wayback Machine. (en castelán)
  147. "Un Dépor-Real Madrid en Riazor abre el telón de la Liga" (en castelán). 17 de xullo de 2008. Consultado o 6 de febreiro de 2020. 
  148. "El Dépor cierra el cupo de socios por encima del Barcelona y de 12 equipos de Primera División" (en castelán). 30 de setembro de 2023. Consultado o 9 de novembro de 2023. 
  149. Sitio web do Deportivo. Afición. Peñasarquivado do orixinal o 28 de xuño de 2012.
  150. "Los Riazor Blues acordaron disolverse". As (en castelán). 9 de outubro de 2003. Consultado o 21 de maio de 2016. 
  151. "El mapa ultra del fútbol español". MARCA (en castelán). 1 de decembro de 2014. Consultado o 21 de maio de 2016. 
  152. "El mapa ultra de España". El País (en castelán). 6 de decembro de 2014. Consultado o 21 de maio de 2016. 
  153. O Dépor B volve chamarse oficialmente Fabril
  154. Ficha do Deportivo da Coruña na páxina web da Federación Galega de Fútbol Consultado o 27 de setembro de 2020
  155. ‘Cuando fuimos los mejores’: 25 años de la gesta del Juvenil del Deportivo riazor.org. 12 de maio de 2021. Consultado o 20 de xullo de 2021.
  156. La Copa de Campeones es de un Deportivo soberbio DxT Campeón. 27 de xuño de 2021. Consultado de 20 de xullo de 2021.
  157. División de Honor Juvenil (Grupo 1) 1995-96
  158. División de Honor Juvenil (Grupo 1) 2007-08
  159. División de Honor Juvenil (Grupo 1) 2009-10
  160. El Juvenil A del Dépor, campeón y con nota en la División de Honor. BeSoccer. Consultado de 20 de xullo de 2021.
  161. Liga Nacional Juvenil (Grupo 1) 1997-98
  162. Liga Nacional Juvenil (Grupo 1) 2006-07
  163. Liga Nacional Juvenil (Grupo 1) 2007-08
  164. Liga Nacional Juvenil (Grupo 1) 2008-09
  165. Liga Nacional Juvenil (Grupo 1) 2009-10
  166. Liga Nacional Juvenil (Grupo 1) 2012-13
  167. CanalDeportivo (1 de maio de 2016). "El Fabril cae en Ordes en un fin de semana en el que el Juvenil B se proclama campeón de Liga". 
  168. "O xuvenil B empata co Celta (1-1) e proclámase campión de Liga". Deportivo da Coruña. 12 de xuño de 2021. Consultado o 1 de outubro de 2021. 
  169. Karbo Deportivo CanalDeportivo
  170. El equipo femenino del Dépor nacerá con la estructura del Orzán La Voz de Galicia. 25 de febreiro de 2016
  171. Deportivo y Orzán presentan el nuevo equipo femenino blanquiazul, que arrancará la próxima temporada rcdeportivo.es
  172. "#ASNOSAS". Página Oficial del R.C. Deportivo de La Coruña. Consultado o 7 de setembro de 2019. 
  173. "Memoria anual de sostenibilidad 2016/2017" (PDF). Página Oficial del R.C. Deportivo de La Coruña. Consultado o 18 de setembro de 2019. 
  174. Ficha do equipo na web da Real Federación Galega de Fútbol Consultado o 27 de setembro de 2020
  175. Datos do equipo na web da Real Federación Española de Fútbol Arquivado 18 de maio de 2020 en Wayback Machine. Consultado o 27 de setembro de 2020
  176. Plantilla Real Club Deportivo Abanca rcdeportivo.es
  177. El Dépor y ABANCA se unen para impulsar el fútbol femenino rcdeportivo.es
  178. "El Depor Abanca se proclama campeón de liga". 31 de marzo de 2019. Consultado o 11 de abril de 2019. 
  179. #ANosaHistoria: Hace 75 años nacieron las secciones deportivas del RC Deportivo rcdeportivo.es
  180. "Cen anos de Delio Rodríguez, o home das 38 etapas na Vuelta a España", artigo en Praza Pública, 19 de abril de 2016.
  181. "As seccións deportivas do Deportivo". Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2014. Consultado o 05 de maio de 2014. 
  182. Carlos Fernández Santander, Vicente Leirachá (1992). La Voz de Galicia, ed. Historia del Real Club Deportivo de La Coruña. 
  183. Abelenda Lado, Daniel (11 de maio de 2024). "A Coruña, ciudad de pelota naranja". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 20 de maio de 2024. 
  184. Veteranos rcdeportivo.es
  185. "O Dépor proclámase campión goleando (8-21) ó Valencia"". Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2008. Consultado o 10 de decembro de 2008. 
  186. 186,0 186,1 O Deportivo conquista por segunda vez a Liga de Fútbol 'Indoor'
  187. "Super-Dépor Campión". Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2008. Consultado o 26 de decembro de 2008. 
  188. El Dépor, todavía mejor, La Opinión, 20/06/2010.
  189. 189,0 189,1 González, Esteban (19 de febreiro de 2015). "Celta y Deportivo, historia de una rivalidad" (en castelán). falso9sports.com. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2016. Consultado o 26 de xullo de 2016. 
  190. 190,0 190,1 "Deportivo vs Celta de Vigo" (en castelán). ceroacero.es. Consultado o 26 de xullo de 2016. 
  191. "Clasificación da Liga na xornada 16" (en castelán). ceroacero.es. Consultado o 27 de xullo de 2016. 
  192. "Vídeo do himno galego en Riazor". Consultado o 29 de xullo de 2016. 
  193. 193,0 193,1 193,2 "Deportivo vs Real Madrid" (en castelán). ceroacero.es. Consultado o 26 de xullo de 2016. 
  194. 194,0 194,1 "LA ÚLTIMA GRAN RIVALIDAD DEL MADRID". Marca (en castelán). Consultado o 26 de xullo de 2016. 
  195. "Spain - List of Super Cup Finals. 1995" (en inglés). rsssf.com. Consultado o 26 de xullo de 2016. 

Véxase tamén[