Casa da Cultura Salvador de Madariaga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°22′03.8″N 08°24′17.2″O / 43.367722, -8.404778

Casa da Cultura Salvador de Madariaga.

A Casa da Cultura Salvador de Madariaga é unha sala de exposicións e centro cultural da cidade da Coruña. Situada en pleno centro da cidade é sede do Arquivo Municipal, o Servizo Municipal de Educación, unha Biblioteca Municipal, o Centro Galego de Artes da Imaxe e o Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses. A xestión correspóndelle ao Palacio de Exposicións Municipal Kiosco Alfonso.

No edificio atópanse ademais a sede do CGAI[1] e da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia.[2]

Descrición[editar | editar a fonte]

O edificio ten un baixo e catro plantas cun patio central cuberto por unha cristaleira. As catro plantas están articuladas a partir deste patio central cunha escaleira que se divide en dous corpos e leva ás outras plantas.

Historia[editar | editar a fonte]

Real Casa da Aduana de Madrid (Ministerio de Facenda), que inspirou o edificio coruñés.

O edificio foi deseñado en 1925 polo arquitecto Miguel Durán Salgado[3] como Delegación Provincial de Facenda,[4] polo que está inspirado na sede do Ministerio de Facenda de Madrid, de Francesco Sabatini. Durán era fillo de Juan Jacobo Durán Loriga, matemático que dá nome á rúa onde se atopa.[3]

En 1978 instalouse no edificio o arquivo municipal.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. CGAI - Centro Galego de Artes da Imaxe
  2. Homenaje póstumo de la Academia de Medicina a Camilo Veiras Candal
  3. 3,0 3,1 "El legado de Durán Loriga". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 27 de novembro de 2015. 
  4. 4,0 4,1 "Archivo municipal. Sedes.". Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2015. Consultado o 01 de xaneiro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]