Apeadoiro de Elviña-Universidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°20′07″N 08°24′47″O / 43.33528, -8.41306

Elviña-Universidade
Apeadeiro de Elvina Universidade A Coruña.jpg
Apeadoiro de Elviña Universidade.
SituaciónA Coruña
Liñas
Media distanciaMD
Intermodalidade
BSicon CLRV.svg
Bus
Liña E (Compañía de Tranvías da Coruña)

Elviña-Universidade é un apeadoiro de tren de Adif situada na parroquia de Elviña, no concello da Coruña. Dá servizo á propia localidade e ao campus da Universidade da Coruña.

Ten servizos de Media Distancia operados por Renfe. No ano 2008, daba servizo a 6000 pasaxeiros, é dicir, este apeadoiro é usado por unha media diaria de 18 persoas. Porén, logo de 2017, os datos de Renfe Operadora indicaban que menos dun milleiro de persoas empregaban este servizo anualmente.[1]

Situación ferroviaria[editar | editar a fonte]

A estación atópase no punto quilométrico 547,9 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña[2], entre as estacións do Burgo-Santiago e A Coruña. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

A estación[editar | editar a fonte]

Foi inaugurada en outubro de 2002, aínda que non entrou en funcionamento ata xullo de 2003.[3] Foi construída principalmente para dar servizo á Universidade da Coruña. Para iso construíuse un sinxelo apeadoiro dotado dun refuxio e unha plataforma de 150 metros de longo.[3] Unha única vía accede ao mesmo. En total o investimento alcanzou os 480.000 euros.[3]

Servizos ferroviarios[editar | editar a fonte]

Media distancia[editar | editar a fonte]

Actualizado a 18 de xuño de 2016.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
4 MD A Coruña <> Monforte de Lemos
Ourense-Empalme
5 MD A Coruña <> Ferrol

Notas[editar | editar a fonte]

  1. R. D. Rodríguez (2018-01-14). "El apeadero del tren del campus de Elviña moviliza menos de mil usuarios al año". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 2018-10-08. 
  2. Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento.
  3. 3,0 3,1 3,2 O apeadoiro máis exclusivo La Voz de Galicia

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]