Luís Huici

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Luis Huici»)
Infotaula de personaLuís Huici
Biografía
Nacemento1896 Editar o valor em Wikidata
Provincia de Zaragoza, España Editar o valor em Wikidata
Morte20 de agosto de 1936 Editar o valor em Wikidata (39/40 anos)
Pastoriza, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor , debuxante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Tumba de Luís Huici no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.

Luís Huici Fernández, nado en Barballor (Zaragoza) en 1896 e finado en Pastoriza (Arteixo) o 20 de agosto de 1936, foi un xastre, pintor, debuxante e gravador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun farmacéutico galego e de nai asturiana. Cando morreu o seu pai foi vivir con súa nai a Oviedo, onde aprendeu o oficio de xastre.[1] Instalouse na Coruña cara a 1920. No seu taller celebrábase un parladoiro no que participaban Álvaro Cebreiro, Manuel Crestar, Francisco Miguel Fernández Moratinos, Luís Seoane e José Villaverde Velo. Militante de Izquierda Republicana, foi presidente do grupo Amigos de las Artes Nuevas (ADLAN) e pertenceu ao Centro de Estudios Sociales Germinal. Fundou o primeiro cineclub da Coruña. Foi redactor de El Noroeste e as súas obras publicáronse en La Zarpa, Vida, Galicia, Tonel, Luz e Alfar. Foi asasinado en agosto de 1936.[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Aurora Carreras Cao.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Isabel Bugallal (2 de xuño de 2013). "Luis Huici, el sastre artista". La Opinión de A Coruña (en castelán). 
  2. Luís Huici na páxina web Nomes e Voces.
  3. "Del Registro Civil". El Ideal Gallego. 28/07/1925. p. 5. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]