Saltar ao contido

Pucho Boedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPucho Boedo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) José Boedo Núñez Editar o valor en Wikidata
4 de xaneiro de 1929 Editar o valor en Wikidata
A Silva, España Editar o valor en Wikidata
Morte26 de xaneiro de 1986 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Santo Amaro da Coruña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico, cantante Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoFolk e música pop Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiJosé Boedo Editar o valor en Wikidata
IrmánsJosé Antonio Boedo Núñez Editar o valor en Wikidata

BNE: XX860153 BUSC: boedo-pucho-1928-1986 Musicbrainz: 1e2b195f-6f2c-4c71-8598-4cfb870e355b Discogs: 4706031 Editar o valor en Wikidata

José Boedo Núñez, coñecido como Pucho Boedo, nado na Coruña o 4 de xaneiro de 1929 e finado na mesma cidade o 26 de xaneiro de 1986, foi un cantante e compositor galego, considerado un mito da canción galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu na aldea da Silva en 1929,[1] fillo de José Boedo, membro da CNT asasinado en 1936. Un ano despois, o seu irmán José Antonio foi tamén fusilado. Outro irmán, Manuel, con só dezaseis anos, conseguiu fuxir. Anos despois, lograrían reencontrarse.

A finais da década de 1940 comezou a cantar Radio Juventud no Kiosco Alfonso. Gañou un concurso e foi fichado pola orquestra Los Trovadores de Alfonso Saavedra. Fíxose profesional primeiro con este grupo e despois con Los Satélites. Con eles viaxou a Venezuela, a primeira orquestra galega que cruzaba o Atlántico. Los Satélites trouxeron de América aos campos da festa a música tropical, vinte anos antes de que en Nova York se inventase a palabra salsa. Pucho, porén, ficou en Venezuela.

Popularidade

[editar | editar a fonte]
Rúa Pucho Boedo en Oleiros.

Pucho volveu para xuntarse de novo con Los Trovadores, quen tocaban en Madrid no inverno. Con eles gravou os primeiros discos. Fíxose popular a partir da súa incorporación a Los Tamara en 1959, chamado por Prudencio Romo. Cantou boleros, rancheiras, xotas, tangos, canción italiana e merengues. Actuou no Teatro Olympia de París, no que compartiu cartaz con Charles Aznavour e Jacques Brel. En Suíza, entre as comunidades de emigrantes, a súa voz protagonizou o renacemento da canción en galego, unha lingua prohibida polo franquismo.[2]

Musicou versos de Manuel Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro e Rosalía de Castro. Deixou Los Tamara en 1976 por problemas de saúde e non volvería cantar até 1982, cando comezou a súa carreira en solitario.

Faleceu na noite do 26 de xaneiro de 1986 na súa casa da Coruña, por mor dun fallo cardíaco.[3] Está enterrado no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.[4]

Discografía

[editar | editar a fonte]

Con Los Tamara

[editar | editar a fonte]

En solitario

[editar | editar a fonte]

Filmografía relacionada

[editar | editar a fonte]
Homenaxe a Pucho Boedo na Cidade Vella da Coruña.

Paco Lodeiro produciu un documental, conxuntamente con Xurxo Souto, Pucho Boedo, un crooner na fin do mundo[5] e un disco sobre a súa figura, Sempre Pucho[6].

  1. "Veinticinco aniversario de la muerte de Pucho Boedo. elcorreogallego.es". Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2013. Consultado o 14 de decembro de 2013. 
  2. Un crooner na fin do mundo
  3. "José 'Pucho' Boedo, cantante y compositor". El País (en castelán). 28 de xaneiro de 1986. 
  4. Na tumba número 885: Ventureira, Rubén, ed. (2012). O cemiterio de Santo Amaro (PDF). Concello da Coruña. Consultado o 12 de outubro de 2015. 
  5. Ficha en Culturagalega.org
  6. "Ficha do CD". Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2009. Consultado o 31 de agosto de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]