Manuel Guzmán
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1878 Errenteria, España |
| Morte | 31 de agosto de 1936 O Campo da Rata, España |
| Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Representa: Izquierda Republicana 3 de marzo de 1936 – 2 de febreiro de 1939 Lexislatura: III lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: A Coruña | |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Madrid |
| Ocupación | político, comerciante |
| Partido político | Izquierda Republicana |
Manuel Guzmán García, nado en Errenteria en 1878 e finado na Coruña o 31 de agosto de 1936,[1] foi un político español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traballou como carabineiro durante 12 anos e despois dedicouse ao comercio. Animado polo seu amigo Santiago Casares Quiroga, afiliouse a Izquierda Republicana e foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas eleccións xerais de 1936. O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno na Coruña, onde foi detido o 27 de xullo. Foi condenado a morte e fusilado no Campo da Rata o 31 de agosto de 1936, xunto ao seu amigo Francisco Prego Campos, Alfredo Suárez Ferrín, Joaquín Martín Martínez, Ramón Maseda Reinante e Francisco Mazariegos Martínez.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ruben Ventureira (3 de maio de 2003). "Regreso al lugar del crimen". La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ La Voz de Galicia, 1-9-1936, p. 4.