Francisco Jiménez de Cisneros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francisco Jiménez de Cisneros
Gobernador do Reino de Castela,
Cardeal presbítero de Santa Balbina,
Arcebispo de Toledo, Primado de España
Chanceler Maior de Castela
Matías Moreno (c. 1878) El cardenal Francisco Jiménez de Cisneros (Museo del Prado).jpg
Presidente do Consello de Rexencia de Castela
25 de setembro de 150617 de agosto de 1507
Predecesor Filipe I, rei de Castela
Sucesor Fernando II de Aragón, gobernador do reino
Gobernador do Reino de Castela
23 de xaneiro de 15168 de novembro de 1517
Predecesor Fernando II de Aragón, gobernador do reino
Sucesor Carlos I, rei de Castela

Nome completo Emmo. e Rvmo. don Francisco Cardenal Ximénez de Cisneros
Nacemento 1436
Torrelaguna
Banner of arms crown of Castille Habsbourg style.svg Corona de Castela[1]
Falecemento 8 de novembro de 1517
(81 anos)
Roa
Flag of Cross of Burgundy.svg España

Escudo de Francisco Jiménez de Cisneros

Francisco Jiménez de Cisneros ou Ximénez de Cisneros, cuxo nome de pila era Gonzalo,[2] máis coñecido como o cardeal Cisneros, nado en Torrelaguna no 1436 e finado en Roa o 8 de novembro de 1517, foi cardeal, arcebispo de Toledo, primado de España e terceiro inquisidor xeneral de Castela, pertencente á Orde Franciscana (O.F.M. Obs.).

Tamén gobernou a coroa de Castela en dúas ocasións por incapacidade da raíña Xoana. Entre 1506 e 1507 presidiu o Consello de Rexencia que asumiu o goberno castelán trala morte do rei Filipe o Fermoso en espera da chegada de Fernando o Católico. Entre 1516 e 1517 volveu asumir o goberno trala morte do rei Fernando e en espera de Carlos I.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Torrelaguna (Madrid) en 1436, fillo de fidalgos pobres. Posiblemente foi enviado á próxima vila de Alcalá de Henares na súa adolescencia a facer estudos de gramática; continuounos no Colexio Maior de San Bartolomé, en Salamanca; de alí pasou a Roma, onde foi ordenado sacerdote.

Tralo falecemento do seu pai, regresa a Castela e consegue o arciprestado de Uceda, enfrontándose co arcebispo de Toledo, o que significou o encarceramento de don Gonzalo polo arcebispo Carrillo durante algúns anos. Malia a súa reclusión, Cisneros non renunciou ao seu cargo, no que foi mantido polo cardeal Gónzalez de Mendoza, aínda que o encerro debeu de durar pouco tempo segundo dedúcese nalgunhas biografías, pois pouco despois, en 1478, Cisneros era capelán maior da catedral de Sigüenza.

Sufriu unha profunda crise espiritual que lle levou a entrar na orde dos franciscanos; foi entón cando substituíu o seu nome de Gonzalo polo de Francisco en honor a san Francisco de Asís. Encerrouse no convento da Salceda e durante sete anos levou unha vida monacal.

De alí sacouno a raíña Isabel a Católica no ano 1492, tras convencerlle de que aceptase ser o seu confesor, seguindo os consellos do entón arcebispo de Toledo, o cardeal González de Mendoza, primeiro protector de Cisneros.

Foi nomeado provincial da orde franciscana, e acometeu nela unha profunda reforma. Máis tarde reformou o clero secular.

Á morte do cardeal Mendoza en 1495, foi consagrado arcebispo de Toledo no convento de San Francisco de Tarazona, en presenza dos Reis Católicos, o que na Baixa Idade Media era ostentar o maior poder tras a coroa, ao ser Primado de España e chanceler maior de Castela.[3]

Personaxe político[editar | editar a fonte]

Escudo de Cisneros no Concello de Torrelaguna.
Cisneros, fundador do hospital de Illescas, Toledo, por Alejandro Ferrant.

Isabel a Católica tivo en Cisneros non só un confesor, tamén un conselleiro. Ao morrer a raíña, Xoana I de Castela e o seu esposo Filipe de Habsburgo foron nomeados reis de Castela. O 24 de setembro, un día antes da morte de Filipe I, os nobres acordaron formar un Consello de Rexencia interina para gobernar provisionalmente o reino presidido por Cisneros e formado polo almirante de Castela, o condestable de Castela, Pedro Manrique de Lara e Sandoval duque de Nájera, Diego Hurtado de Mendoza e Luna, duque do Infantado, Andrés do Burgo, embaixador do emperador, e Filiberto de Vere, mordomo maior do rei Filipe.

A nobreza e as cidades contenderon achega de quen debía desempeñar a rexencia, pois por unha banda estaban os que querían ao emperador Maximiliano durante a minoría do príncipe Carlos, como os Manrique, Pacheco e Pimentel; e doutra banda, os que querían a regencia de Fernando o Católico tal e como quedou establecida no testamento de Isabel a Católica e as cortes de Toro de 1505, como os Velasco, Enríquez, Mendoza e Álvarez de Toledo[4][5]. Porén, a raíña Xoana tratou de gobernar por si mesma, revogou e invalidou as mercés outorgadas polo seu marido, para o que intentou restaurar o Consello Real da época da súa nai.[6]

Sen consultar a Xoana, Cisneros acudiu a Fernando o Católico para que regresase a Castela.[7] Pero Pero malia os intentos de Cisneros, nobres e prelados, a raíña non reclamou ao seu pai para gobernar[8] e de feito chegou a prohibir a entrada do arcebispo a palacio..[9] Para dar legalidade ao nomeamento como rexente de Fernando o Católico, o Consello Real e Cisneros buscaron encamiñar o baleiro de poder coa convocatoria de Cortes, pero a raíña negouse a convocalas, e os procuradores abandonaron Burgos sen haberse constituído en asemblea.[10]

Tras regresar de tomar posesión do Reino de Nápoles, Fernando o Católico entrevistouse coa súa filla o 28 de agosto de 1507, e volveu asumir o goberno de Castela. En decembro de 1509 pactou co emperador a renuncia das pretensións imperiais á rexencia en Castela, e as Cortes de 1510 ratificáronlle como rexente.[11]

Agradecido con Cisneros, o Rei Católico conseguiulle o capelo cardinalicio. Entre 1507 e 1516, aínda con extremadas dificultades, Cisneros e o rei Fernando lograron devolver un tanto o prestixio que a monarquía perdera.[12] Renovouse o entusiasmo conquistador, desempeñando Cisneros un papel importante na conquista de Orán, do mesmo xeito que nos tempos de Isabel a Católica participara de xeito activo na conquista de Granada.

Tumba do cardeal Cisneros, obra de Domenico Fancelli e Bartolomé Ordóñez, na capela de San Ildefonso (aínda que se encontra baleira, xa que o cardeal está enterrado na catedral maxistral) en Alcalá de Henares.

Morto Fernando o Católico, por disposición testamentaria, Cisneros queda constituído de novo como rexente do Reino de Castela ata que o novo príncipe Carlos, que se atopaba entón en Flandres, viñese a España para ocupar o trono. Nesta etapa de case dous anos, Cisneros, que contaba xa con oitenta anos, mostrou uns dotes políticos e unha habilidade para gobernar extraordinarias. Soubo facer fronte a un clima interior extremadamente inestable, cos nobres casteláns ávidos de recuperar o poder perdido, así como ás intrigas dos que pretendían substituír no trono español a Carlos polo seu irmán Fernando, que fora educado en España por Fernando o Católico. Os acontecementos desbordáronse e Carlos foi proclamado en Bruxelas rei de Castela e Aragón, nun acto que se podería asemellar a un golpe de Estado, pois a raíña lexítima era Xoana e ninguén declarara a súa destitución. Con todo, Cisneros adiantouse aos feitos de Bruxelas e enviou emisarios a Flandes urxindo a inmediata presenza de Carlos como único medio de parar as inquietudes de rebelión que corrían polo reino. Así pois, de facto había dous gobernos: o da corte de Bruxelas e o de Cisneros en Castela.[13]

Cisneros morreu en Roa (Burgos), o 8 de novembro de 1517, cando se dirixía a recibir ao futuro Carlos I.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. En 2010 un historiador venezolano aseguró haber encontrado un documento en el que se demostraba que el cardenal habría nacido en Cisneros (Palencia): «Un documento afirma que el Cardenal Cisneros nació en la villa palentina». Diariopalentino.es (14/09/2010).
  2. Thomas, Hugh (2004). El imperio español: de Colón a Magallanes. Barcelona, España: Editorial Planeta. p. 840. ISBN 9789504911876. 
  3. Fléchier, Esprit (1773). Historia del Señor Cardenal D. Francisco Ximenez de Cisneros. Libro quarto. Trad. Dr. Miguel Franco de Villalva. Madrid: Imprenta de Pedro Marin. p. 308. 
  4. Quintanilla Raso, M. C. (2006). Títulos, grandes del reino y grandeza en la sociedad política: fundamentos en la Castilla Medieval, Silex Ediciones, pp. 171-172.
  5. Suárez Fernández, Luis (1990). Los reyes católicos: el camino hacia Europa Luis Suárez Fernández 5. Ediciones Rialp. pp. 349–350. ISBN 9788432125898. 
  6. Nieto Soria, José Manuel (2008). Gobernar en tiempos de crisis: las quiebras dinásticas en el ámbito hispánico, 1250–1808, Silex Ediciones, p. 39.
  7. Aram, Bethany (2001). La reina Juana: gobierno, piedad y dinastía, Marcial Pons Historia, p. 167.
  8. Aram, Bethany (2001). La reina Juana: gobierno, piedad y dinastía, Marcial Pons Historia, p. 159.
  9. Von Hefele, Karl Joseph (1869). El Cardenal Jiménez de Cisneros y la Iglesia española a fines del siglo XV y principios del XVI: para ilustrar la historia de la Inquisición, Imprenta del Diario de Barcelona, p. 150.
  10. Carretero Zamora, Juan Manuel (1988). Cortes, monarquía, ciudades: las Cortes de Castilla a comienzos de la época moderna (1475–1515), Siglo XXI de España Editores, pp. 213–215.
  11. Aram, Bethany (2001). La reina Juana: gobierno, piedad y dinastía, Marcial Pons Historia, p. 159.
  12. VV. AA. Historia de España, vol. 6, La España de los Austrias I, Madrid: Espasa-Calpe, 2004, pp. 44–45.
  13. VV. AA. Historia de España, vol. 6, La España de los Austrias I, Madrid: Espasa-Calpe, 2004, pp. 48–50.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Pedro González de Mendoza
Arcebispo de Toledo
14951517
Sucesor:
Guillerme de Croy
Predecesor:
Diego de Deza
Escudo inquisicion.gif
Inquisidor Xeneral de España
(Só Castela)

15071517
Sucesor:
Adriano de Utrecht
Predecesor:
Felipe I
(Rei de Castela)
Escudo Corona de Castilla.png
Presidente do Consello de Rexencia de Castela

15061507
Sucesor:
Fernando II de Aragón
(Gobernador do Reino)
Predecesor:
Fernando II de Aragón
(Gobernador do Reino)
Escudo Corona de Castilla.png
Gobernador do Reino de Castela

15161517
Sucesor:
Carlos I
(Rei de Castela)