As Palmas de Gran Canaria
Las Palmas de Gran Canaria (es) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Illas Canarias | |||
Provincia | Las Palmas | |||
Capital de | ||||
Capital | Las Palmas de Gran Canaria (en) | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 378.027 (2023) (3.759,59 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 100,55 km² | |||
Bañado por | Océano Atlántico | |||
Altitude | 8 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Creación | 1833 | |||
Día festivo | ||||
Santo padrón | Cristo de la Vera Cruz (Las Palmas de Gran Canaria) (en) e Santa Ana | |||
Organización política | ||||
• Alcaldesa das Palmas | Carolina Darias (2023–) | |||
Orzamento | 384.961.600,72 € | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 35001–35020 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 928 | |||
Código INE | 35016 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | laspalmasgc.es |
As Palmas de Gran Canaria[1][2] (en castelán: Las Palmas de Gran Canaria) é unha cidade española e concello, situado na costa nordeste da illa de Gran Canaria, capital da provincia das Palmas, unha das cidades co-capitais da comunidade autónoma das Canarias (xunto con Santa Cruz de Tenerife) e o principal centro urbano do arquipélago das Canarias, cunha área de 100,55 km² e unha poboación de 383.308 habitantes (2010).
Xeneralidades
[editar | editar a fonte]A cidade foi fundada o 24 de xuño de 1478 co nome de Santa María del Real de Las Palmas, por Juan Rejón, xefe das tropas invasoras castelás, que se enfrontarían aos guanches (poboación indíxena das illas Canarias). En 1492, Cristovo Colón ancorou no porto de Las Palmas, na súa primeira expedición a América.
Las Palmas é hoxe unha cidade cosmopolita. Ten tres praias (Las Canteras, Las Alcaravaneras e San Cristóbal) e un gran porto (Puerto de la Luz) - importante durante o período 1970-1990 (no que se beneficiou avantaxadamente do pechamento do Canal de Suez, como consecuencia da guerra árabe-israelí de 1973). Debido á súa situación como nexo de tres continentes, e á súa relevancia como punto turístico, innúmeros traballadores estranxeiros emigraron e se asentaron na cidade. Mercadores e viaxeiros procedentes de África, China, Europa occidental, Rusia e Oriente Medio pululan mesturados polas rúas da cidade e os centros comerciais da urbe. As comunidades coreana e india son as maiores da cidade, aínda que a maioría dos individuos adquiriron a nacionalidade española co paso dos anos.
Segundo un estudo efectuado por Thomas Whitmore, director de investigacións climatolóxicas da Universidade de Syracuse (USA), a cidade de Las Palmas de Gran Canaria goza do mellor clima do mundo.
A principal festa (Festas de San Xoán), o 24 de xuño, conmemora ao tempo a data da fundación da cidade.
O Entroido das Palmas de Gran Canaria é amplamente coñecido non só en España, senón no resto do mundo, é constitúe unha das máximas atraccións turísticas.
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]- A catedral, comezada a inicios do século XVI e rematada no XIX. É a sede do bispado das illas Canarias.
- A Casa Colón, antigo pazo dos primeiros gobernadores da illa, onde se hospedou Cristovo Colón; na actualidade acolle un museo dedicado ás expedicións para o novo mundo.
- O Museo Canario, conserva importantes vestixios da época dos guanches.
- O Paseo de las Canteras, avenida que se estende ao longo da fermosa praia urbanas Las Canteras.
- O Centro Atlántico de Arte Moderno.
- A fortificación do Castillo de la Luz, construída no século XVI, para protexer a cidade dos ataques dos piratas. Emprégase hoxe para albergar exposicións temporais.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para palmense.
- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 101. ISBN 84-8158-266-2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: As Palmas de Gran Canaria |