Fundación Luis Seoane

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°22′07″N 8°23′22″O / 43.368663, -8.389381

Fundación Luís Seoane
Fundación Luis Seoane Coruña cartel Lois Pereiro.jpg
Cartel Lois Pereiro na Fundación.
País Galicia Galiza
Cidade A Coruña
Tipo Cultural
Sitio Web luisseoanefund.org

A Fundación Luis Seoane é un centro de arte e cultura contemporáneos da cidade da Coruña. Conta unha exposición permanente de Luís Seoane e exposicións sobre arte actual. Na Fundación Luís Seoane conflúen a arte galega, as vangardas históricas e contemporáneas, o cine, a cultura de masas, a arquitectura, a videocreación, o teatro, a estética e a teoría da arte contemporánea.

Localización[editar | editar a fonte]

A Fundación Luis Seoane está situada nas proximidades da Cidade Vella da Coruña, ao carón do Hospital Abente e Lago, nun antigo cuartel rehabilitado e inaugurado en maio do 2003. Foi construído polos arquitectos Juan Creus e Covadonga Carrasco, e está concibido como un gran hórreo de granito e vidro que xira en torno ao que fora Patio de Armas da antiga edificación militar.

Obxectivos[editar | editar a fonte]

Amais de investigar e divulgar a obra e o legado intelectual de Luis Seoane, a fundación completa os seus obxectivos co desenvolvemento de proxectos expositivos en torno á cultura e ao pensamento contemporáneos, seminarios e ciclos de conferencias, programación didáctica destinada a espectadores de tódalas idades e un labor editorial que complementa e investiga en profundidade os diferentes aspectos do discurso expositivo.

O edificio[editar | editar a fonte]

O proceso de construción da sede da Fundación Luis Seoane comezou no ano 2000 a través dun concurso público que solicitaba un proxecto para a remodelación do antigo Cuartel de Macanaz e do seu contorno. O edificio orixinal databa de 1703, e sufrira múltiples transformacións, non sendo unha construción de especial interese patrimonial, aínda que conservaba un fermoso Patio de Armas con lousas de granito e columnas do mesmo material. O 29 de maio do 2000, adxudicouse finalmente o concurso ao estudio dos arquitectos Juan Creus e Covadonga Carrasco.

O interior do edificio consta de catro andares diferenciados:

  • Patio: no que se encontra o miradoiro sonoro.
  • Soto: no que se encontran a área de conservación e o depósito de obras de arte.
  • Planta Baixa: na que se encontran a área de recepción, gardarroupa, tenda, dúas salas de exposicións temporais e o salón de actos.
  • Primeiro Andar: destinada na súa totalidade á exposición permanente da obra de Luis Seoane.
  • Segundo Andar: alberga as zonas de despachos e a biblioteca, esta última dividida en tres zonas (unha pequena sala de exposicións destinada a temas relacionados co mundo editorial, unha zona adicada aos fondos especializados en arte contemporánea e a parte correspondente á biblioteca persoal de Luis Seoane.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Escudo de A Coruña.svg
A Galipedia ten un portal sobre:

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]