Rianxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°39′N 8°49′O / 42.650, -8.817

Rianxo
Logo de Rianxo
Bandeira de Rianxo
Escudo de Rianxo
Vila de Rianxo.jpg
Panorámica da vila.
Situacion Rianxo.PNG
Situación
Xentilicio[1]rianxeiro/-a
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca do Barbanza
Poboación10.949 hab. (2022)[2][3]
Área58,8 km²[3]
Densidade186,21 hab./km²
Entidades de poboación6 parroquias[4]
Capital do concelloRianxo
Política (2019[5])
AlcaldeAdolfo Muíños (BNG[6])
ConcelleirosBNG: 6
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 4
Outros: Rianxo en Común 2, C's 1
Eleccións municipais en Rianxo
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes85,73%
Na rede
rianxo.gal
editar datos en Wikidata ]

Rianxo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barbanza. Linda ó norte cos municipios de Lousame e Rois, ó oeste con Boiro, ó leste con Dodro e Catoira a través da ponte sobre o río Ulla, e ó sur coa ría de Arousa. Sitúase a menos de 50 km de Santiago de Compostela e a 150 km da capital de provincia galega máis distante: Ourense.

Segundo o IGE no 2015 tiña unha poboación de 11.386 habitantes [8] (11.729 en 2012, 11.780 en 2011, 11.826 en 2010), o que o converte no terceiro concello en poboación da comarca, despois de Ribeira e Boiro. O concello posúe unha densidade de poboación de 197,24 hab./km², e unha superficie de 58,8 km².

O seu xentilicio é rianxeiro/rianxeira.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situación[editar | editar a fonte]

O concello de Rianxo atópase na marxe dereita do río Ulla e da ría de Arousa, a uns 50 km de Compostela. Rianxo fai fronteira polo norte cos concellos de Lousame e Rois; polo sur coa ría de Arousa, que o separa da provincia de Pontevedra; polo leste cos concellos de Dodro e Catoira (separada do territorio rianxeiro polo río Ulla), e polo oeste co concello de Boiro.

Demografía[editar | editar a fonte]

Censo total 11.386 (2015)
Menores de 15 anos 1.454 (12.77 %)
Entre 15 e 64 anos 7.165 (62.93 %)
Maiores de 65 anos 2.767 (24.3 %)
Serie de poboación histórica de Rianxo
(Fonte/s: INE)
Ano19001930195019812004200920112012201320142015
Poboación8.2779.46111.12012.71511.58211.76911.78011.72911.59811.47911.386

Historia[editar | editar a fonte]

Cultura[editar | editar a fonte]

Orixinarios da vila son personaxes de tanto peso na cultura galega coma Castelao, Manuel Antonio ou Rafael Dieste, entre outros.

Toponimia[editar | editar a fonte]

O topónimo de Rianxo provén seguramente do latín rivus angulus, «a curvatura do río» (Rivu(m) Ángulu(m) > Riv'ang'lo > Rianxo) dada a forma que describe a ría ao seu paso pola vila. Porén, tamén se especula con que provén de rivus amplus, «río ancho».

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A vila de Rianxo destaca polo seu atractivo turístico e cultural. Na parroquia do Araño atópase o meirande hórreo de toda Galicia[9], en canto a lonxitude (36,75 metros a cámara e 37,05 m o celeiro) e capacidade (cámara 109,31 m³, celeiro 59,09 m³). No tocante ao seu atractivo paisaxístico a vila destaca polo esteiro do Ulla, as súas praias e os miradoiros do Castro Barbudo, do Monte Pena e do Pico Muralla, dende o que se pode ver as torres da catedral de Santiago de Compostela e incluso as Illas Cíes, na bocana da Ría de Vigo, e aínda máis alá, ata preto da costa portuguesa. Rianxo tamén destaca polo seu patrimonio arqueolóxico e cultural. Na vila atópanse numerosas mámoas como Os Campiños; petróglifos, na actualidade están catalogadas 59 estacións rupestres no concello; castros como o do Castriño, o das Sercas ou o de Traba; ademais de igrexas, capelas, ermidas, pazos, hórreos e os máis de 188 cruceiros catalogados na vila[10].

Etnografía[editar | editar a fonte]

Festas e celebracións[editar | editar a fonte]

Folclore[editar | editar a fonte]

Ademais de polas súas paisaxes e patrimonio, Rianxo tamén é coñecida por A Rianxeira, canción popular galega, convertida nun dos símbolos culturais de Galicia e particularmente representativa do colectivo dos emigrantes popularizada por emigrantes rianxeiros no exterior.

Rianxo na literatura popular[editar | editar a fonte]

Cantigueiro
  • A aldeia da Atalaia/ rodeada de loureiros/ non a pasean casados/ que a pasean solteiros [11].
  • Aí vén o maio/ pola punta de Rianxo,/ vén a patadas/ co fillo do Macanxo [12].
  • Alá vén Nosa Señora/ andando pola ribeira,/ trai as perniñas ó aire,/ parece unha rianxeira [13].
  • Araño, meu Arañiño/ Na parroquia do Araño/ teño todo o meu cariño [14].
  • As miniñas de Rianxo/ pagan as rendas ó cuco,/ eu como son rianxeira/ tócalle o pito, Farruco! [15][16].
  • As mociñas do Araño/ mentras os máis van á misa,/ quedan na corte coas vacas/ rillando palla maísa.
  • Cando veño do axexo,/ cando vou para a luzada/ quérote ver rianxeira/ sempre no muelle sentada [17].
  • De Rianxo, miña nai,/ de Rianxo para Noia,/ de Rianxo, miña nai,/ que se fai a festa toda [18].
  • Deprendéronme a cantar/ as neniñas de Rianxo,/ deprendéronme a cantar/ indo polo mar abaixo [19].
  • En Somoza nace o sol,/ na Marquesa nace a lúa,/ na aldea da Atalaia/ nace a estrela da fortuna [20].
  • Eu caseime no Araño/ co fillo dun arañón,/ pensando que non pasaba fame/ o forno da miña sogra cría silvas no verán.
  • Eu de onde estou ben vexo/ as rabizas en Teaio,/ tamén vexo os meus amores/ na arrechán de Araño [21].
  • Para bailar e cantar/ xa Rianxo ten a sona,/ para rapazas bonitas/ vivan as de Taragoña [22].
  • Quérenme as nenas de eiquí/ e as da banda de Leiro,/ se me collen en Rianxo/ berraranme en Abanqueiro [23].
  • Señor San Bartolomeu/ feito de pau de laranxo/ quen che mandou dar pintura/ foi o cura de Rianxo [24].
  • Señor San Bartolomeu/ feito de pau de sanguiño/ líbrame, santo bendito/ do lobo de Rianxiño [25].
  • Señor San Bartolomeu/ que estás no medio da Ría,/ dunha banda tes Rianxo/ e doutra Vilagarcía [26].
  • Si o río de Te/ fora de coñá/ máis de catro mozos/ irían alá [27].
  • Teño un amor en Rianxo/ outro en Vilagarcía./ Para ver os meus amores/ teño que cruza-la ría.

Economía[editar | editar a fonte]

Na vila de Rianxo o sector predominante é o primario no que destacan principalmente a pesca de baixura (sobre todo da sardiña e da xouba), o marisqueo (do berberecho e da ameixa), e o cultivo do mexillón, existindo tamén outras actividades como a agricultura, a explotación forestal e a gandería. A maior presenza industrial é a conserveira. Nos últimos anos produciuse un notable incremento do turismo que influíu notable e positivamente na economía da vila, chegando nos meses estivais case a duplicarse a poboación. En Rianxo existe unha grande oferta de festas variadas, actos culturais e actividades deportivas[28].

Política e goberno[editar | editar a fonte]

Casa do concello

Adolfo Muíños (BNG) é o alcalde de Rianxo dende xuño de 2011, cando accedeu ao posto tras as eleccións do 22 de maio de 2011[29]. Nas eleccións municipais do 2007, cun 63,77% de participación, o PSdG-PSOE foi o partido máis votado con 3.540 votos (49,73 %), obtendo así a maioría absoluta con 9 edís; o BNG foi a segunda candidatura máis votada con 1.737 sufraxios (24,40%) e 4 concelleiros, seguido polo PP con 1.725 apoios (24,23%) e 4 representantes[30].

Eleccións municipais, 25 de maio de 2003[31]
Partido Votos % Concelleiros
PSOE 4.404 58,88 % 11
PP 1.275 16,47 % 3
BNG 1.178 15,22 % 2
Eleccións municipais, 22 de maio de 2011[32]
Partido Votos % Concelleiros
PP 2.439 36.11 % 6
BNG 2.146 31.77 % 6
PSOE 2.030 30.05 % 5
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007[33]
Partido Votos % Concelleiros
PSOE 3.540 49,27 % 9
BNG 1.737 24,18 % 4
PP 1.725 24,01 % 4
Eleccións municipais, 2 de xuño de 2015[34]
Partido Votos % Concelleiros
BNG 2.164 34.38 % 6
PP 1.687 26.80 % 5
PSOE 1.662 26.41 % 4
SON 695 11.04 % 2

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Rianxo
Vila de Rianxo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Rianxo".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. "Resultados eleccións 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 28 de maio de 2019. 
  6. Concello de Rianxo na FEGAMP
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. "IGE". Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2018. Consultado o 13 de maio de 2008. 
  9. http://portelo.rianxo.com/index.php?idMenu=374&idIdioma=2 Arquivado 16 de agosto de 2009 en Wayback Machine. O hórreo máis grande
  10. Lois M. Blanco, La Voz de Galicia, 4.03.1993.
  11. A Atalaia é un lugar da parroquia de Santa María de Asados (Rianxo). Fermín Bouza Brey 1929, 203. No orixinal: Atalaya, non-a.
  12. Fermín Bouza-Brey 1929, 177. No orixinal: Ahí, ven, pol-a.
  13. Fermín Bouza-Brey 1929, 184. No orixinal: ven, pol-a, ô.
  14. Fermín Bouza Brey 1929, 202.
  15. José Pérez Ballesteros, II, 54,17. No orixinal: tócall'o pito.
  16. Fermín Bouza-Brey 1929, 177. No orixinal: neniñas, ô cuco.
  17. Lino Lema Bouzas, 13. No orixinal: asexo. Pescar ó axexo é facelo desde o solpor ata que se fai noite; e pescar á luzada é facelo ó mencer.
  18. Fermín Bouza-Brey 1929, 204. No orixinal: Noya.
  19. Fermín Bouza-Brey 1929, 166.
  20. Fermín Bouza-Brey 1929, 202. No orixinal: Atalaya. Somoza, A Marquesa e A Atalaia son tres lugares da parroquia de Santa María de Asados (Rianxo).
  21. Teaio é lugar da parroquia de San Xoán de Laíño, estremeira coa do Araño (Rianxo). As rabizas son as follas tenras do nabo. Fermín Bouza-Brey 1929, 202. No orixinal: Teayo.
  22. Fermín Bouza-Brey 1929, 172.
  23. Exemplo da confrontación entre parroquias lindeiras: Leiro (de Rianxo) e Abanqueiro (de Boiro). Fermín Bouza-Brey 1929, 162.
  24. Fermín Bouza-Brey 1929, 184.
  25. Refírese a unha capela dedicada a este santo, nuns cons de Rianxo. Rianxiño é un lugar da parroquia de Santa Comba de Rianxo. Fermín Bouza-Brey 1929, 184.
  26. Refírese a unha capela dedicada a San Bertomeu que había, no século XVIII, nas illas Malveiras; Bouza Brey engade que estas illas aparecen como ínsua de San Bartolomeu nas cartas de navegación antigas. Fermín Bouza-Brey 1929, 187. No orixinal: de unha, de outra.
  27. O río Te (ou río da Torre) atravesa a parroquia de Taragoña, en Rianxo. Fermín Bouza-Brey 1929, 187.
  28. http://portelo.rianxo.com/index.php?idMenu=151&idIdioma=2 Arquivado 03 de setembro de 2011 en Wayback Machine. Economía de Rianxo
  29. http://eleccions.crtvg.es/eleccions/historico.php?id=1076[Ligazón morta] Histórico das Eleccións Municipais nos concellos galegos
  30. http://www.elpais.com/comunes/2007/elecciones/municipales/Rianxo/15/072/ Resultados Elecciones Municipales 2007 - Rianxo en castelán
  31. Eleccións 2003
  32. "Resultados provisionales - Elecciones Municipales 2011 - A Coruña - Rianxo 2011". elecciones.mir.es. Consultado o 2016-06-22. 
  33. Eleccións 2007
  34. "Resultados provisionales - Elecciones Municipales 2015 - A Coruña - Rianxo 2015". elecciones.mir.es. Consultado o 2016-01-14. 
  35. http://www.laopiniondezamora.es/comarcas/2010/07/03/requejo-rianxo-hermanados-virgen-guadalupe/447317.html Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine. Noticia en "La Opinión de Zamora" en castelán
  36. "Rianxo y Padrón afianzan su histórica hermandad". La Voz de Galicia (en castelán). 2012-09-12. Consultado o 2018-07-04. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II].
  • LEMA BOUZAS, Lino (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993.
  • PÉREZ BALLESTEROS, José: Cancionero popular gallego y en particular de la provincia de la Coruña. 1885-1886; reed. facs. Akal, Madrid 1979.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Rianxo

O Araño (Santa Baia) | Asados (Santa María) | Isorna (Santa María) | Leiro (Santa María) | Rianxo (Santa Comba) | Taragoña (San Salvador)