Fenosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Fenosa (1942)")
Fuerzas Eléctricas del Noroeste
Tipo Sociedade anónima
Fundación 1943
Localización A Coruña, España
Persoas clave Pedro Barrié de la Maza
Industria Electricidade
Produtos Electricidade
Número de empregados +1.000
Páxina web Gasnaturalfenosa.es

Fuerzas Eléctricas del Noroeste, S.A., (en galego Forzas Eléctricas do Noroeste), máis coñecida polas súas siglas en español Fenosa foi fundada na Coruña en 1943 polo empresario Pedro Barrié de la Maza, co obxectivo de reunir as compañías do sector que posuía a través de varias sociedades: algunhas xestionadas polo Banco Pastor (que era da súa propiedade), como Sociedad General Gallega de Electricidad (que xestionaba a expropriada Electra Popular Coruñesa); e outras baixo o seu mando directo, como Fábrica de Gas y Electricidad.[1]

A fidelidade do fundador ao réxime de Franco foi premiado polo xeneral Franco a Barrie, que foi nomeado en 1955 Conde de Fenosa, o único caso dun título dado para homenaxear un empresa.[2][3]

Concedido o monopolio polo réxime, permitiu o despegamento da empresa en todo o país ao longo de 1960 e 1970, culminando na súa fusión coa Unión Eléctrica Madrileña en 1983 para formar a poderosa Unión Eléctrica Fenosa.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Asociación Galega do Patrimonio Industrial. "244 Salto de Güimil". Consultado o 25 de agosto de 2015. 
  2. Ponte, José Manuel. "Un conde y una condesa" (en español). Faro de Vigo. Consultado o 25 de agosto de 2015. 
  3. Zurdo, David; Gutiérrez, Ángel (2005). La vida secreta de Franco: el rostro oculto del dictador (en español). EDAF. p. 234. ISBN 8441417067. 
  4. R. Casado. Expansión, ed. "Kilovatio a golpe de fusión" (en español). Consultado o 23 de agosto de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Escudo de A Coruña.svg
A Galipedia ten un portal sobre: