Concellos de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mapa das parroquias de Galicia e límites de concello.

En Galicia hai 313[1] concellos, que é a administración básica máis próxima á cidadanía. Deles 93 pertencen á provincia da Coruña, 67 á de Lugo, 92 á de Ourense, e 61 concellos están en Pontevedra. Desde 1989 están asociados na Federación Galega de Municipios e Provincias.

Con respecto aos demais concellos do estado, os galegos son grandes en extensión e especialmente en poboación, pois só 21 teñen menos de 1000 habitantes (conforme o censo de 2011). Consecuentemente, a densidade de poboación de Galicia é maior cá media de España, máis especialmente na costa occidental.

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 986 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 219 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab/km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab/km² no 2016.

Mapa dos concellos de Galicia coa poboación de 2010.

Historia[editar | editar a fonte]

En xeral, a organización actual dos concellos obedece ao proxecto de organización territorial de España de 1822, logo confirmada na división territorial de España en 1833. Abandonouse a estrutura do antigo réxime e desapareceron concellos (por exemplo, o de Cereixa na actual Pobra do Brollón[2]), cando o territorio estaba organizado en xurisdicións, e adoptouse o modelo francés, que incluíu as provincias e os concellos.

Co tempo, algunhas vilas e cidades foron anexionando concellos limítrofes: Vigo absorbeu os municipios de Bouzas (1904) e Lavadores (1941); A Coruña o concello de Oza en 1912; Ourense absorbeu Canedo en 1943; Santiago de Compostela anexionou Conxo (1925) e A Enfesta (1962); Pontevedra sumou Alba (1868), Salcedo e Mourente, Xeve (1944) e Ponte Sampaio (1960); Ferrol incluíu Serantes en 1940; Vilagarcía de Arousa sumou O Carril e Vilaxoán en 1913; Celanova anexionou Vilanova dos Infantes (1927) e Acevedo do Río (1967). En 1927 o concello de Moreiras integrouse no de Xinzo de Limia.

En 1836 o concello de Rianxo absorbeu os de Asados e Taragoña[3]. En 1837 uníronse os concellos de Coutos de Vega e Oca, Viso, Codeseda e Vea con Tabeirós, dando lugar ao concello de Cereixo, con sede en Pernaviva, mais en 1841 o municipio mudou o seu nome polo da Estrada ao mudar a capital. En 1845 uníronse os concellos de Conforto e Miranda, creando o novo concello de Vilaoudriz. En 1853 o concello de Chapa pasou a chamarse Silleda ao mudarse a capital. Entre 1840 e 1874 o concello do Incio tivo a súa capital en Rendar, con ese nome[4].

En 1924 Mondariz-Balneario constituíuse como concello de seu, independizándose do de Mondariz. Até 1925 o concello da Proba de Burón abrangueu os actuais municipios da Fonsagrada e Negueira de Muñiz. Nese mesmo ano Pontecesures independízase de Valga, e Rábade segregouse de Begonte. En 1926 creouse o concello de Ramirás ao se fusionaren Freás de Eiras con Vilameá de Ramirás.

En 1944 o concello de Carbia pasou a chamarse Vila de Cruces, ao pasar a este lugar a capitalidade. En 1950 Vilameá mudou o seu nome polo de Puente Nuevo, fusionándose á súa vez en 1963 con Vilaoudriz co nome da Pontenova. En 1952 Riobarba pasou a denominarse Vicedo, e desde 1983 O Vicedo. En 1960 o concello de Buxán mudou o seu nome polo de Val do Dubra. En 1974 Neira de Xusá pasou a chamarse Baralla.

En xullo de 1982 as parroquias de Goente, Bermui, Espiñaredo, San Pedro de Eume, Ribadeume, A Faeira e Seoane, pasaron do concello da Capela ao das Pontes de García Rodríguez.

En 1988 o concello de Cariño segregouse de Ortigueira, En 1995 Burela separouse de Cervo, e en 1997 A Illa de Arousa independizouse de Vilanova de Arousa. No ano 2012 os concellos de Oza dos Ríos e Cesuras iniciaron un proceso de fusión, culminado en xuño de 2013 coa creación do concello de Oza-Cesuras. O 22 de setembro de 2016 creouse o concello de Cerdedo-Cotobade, formado pola fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade.[5]

Moitos dos concellos reciben o seu nome da cidade ou vila principal. Outros municipios mudaron a súa capital, polo que o topónimo do concello non se corresponde co lugar onde está a casa consistorial. Noutros casos o nome do concello non se corresponde co dunha entidade de poboación concreta, como no caso de Alfoz ou O Saviñao.

Lista de concellos[editar | editar a fonte]

(Véxase tamén Lista de concellos galegos por poboación)

Concello Habitantes
(2017)
Superficie
(km²)
Capital[6] Comarca Provincia Alcaldía
Abadín 2.490 196 Abadín A Terra Chá Lugo Xosé María López Rancaño (PPdG; 1983-)
Abegondo 5.467 83,9 San Marco A Coruña A Coruña José Antonio Santiso Miramontes (PPdG; 2009-)
Agolada 2.431 147,8 Agolada O Deza Pontevedra Luís Calvo Miguélez (PAY; 2019-)
Alfoz 1.782 77,5 A Seara A Mariña Central Lugo Jorge Val Díaz (PSdeG-PSOE; 2015-)
Allariz 6.026 86 Allariz Allariz - Maceda Ourense María Cristina Cid Fernández (BNG; 2019-)
Ames 30.835 80 Bertamiráns Santiago A Coruña José Miñones Conde (PSdeG; 2015-)
Amoeiro 2.231 39,7 Amoeiro Ourense Ourense Jose Luís González López (PSdeG; 2019-)
Antas de Ulla 2.059 103,6 Antas de Ulla A Ulloa Lugo Javier Varela Pérez (PPdG; 1999-)
Aranga 1.935 119,6 Ponte Aranga Betanzos A Coruña Alberto Platas (PPdG; 2011-)
Arbo 2.711 42,9 Arbo A Paradanta Pontevedra Horacio Gil (PPdG; 2014-)
Ares 5.658 18,3 Ares Ferrol A Coruña Julio Iglesias Redondo (PSdeG; 2007-)
A Arnoia 1.013 20,7 Outeiro Cruz O Ribeiro Ourense Rodrigo Aparicio Santamaría (PPdG; 2015-)
Arteixo 31.534 93,4 Arteixo A Coruña A Coruña Carlos Calvelo (PPdG; 2011-)
Arzúa 6.123 155,4 Arzúa Arzúa A Coruña Xosé Luís García López (BNG 2011-2015; AA 2015-)
Avión 1.860 120,5 San Xusto O Ribeiro Ourense Antonio Montero Fernández (PPdG; 2005-)
Baiona 12.169 34,5 Baiona Vigo Pontevedra Carlos Gómez Prado (PSdeG; 2015-)
Baleira 1.296 168,8 O Cádavo A Fonsagrada Lugo Ángel Martínez-Puga (PPdG; 2013-)
Baltar 957 94 Baltar A Limia Ourense José Antonio Feijoo Alonso (PPdG; 2007-)
Bande 1.618 99 Bande A Baixa Limia Ourense Sandra Quintás Vázquez (PPdG; 2019-)
A Baña 3.541 98 San Vicenzo A Barcala A Coruña José Antonio Pereira Gil (PSdG; 2019-)
Baños de Molgas 1.623 67,6 Baños de Molgas Allariz - Maceda Ourense Xaime Iglesias Pérez (BNG; 2015-)
Baralla 2.630 141,2 Baralla Os Ancares Lugo Miguel González Piñeiro (PPdG; 2019-)
Barbadás 10.791 30,2 Barbadás Ourense Ourense Xosé Carlos Valcárcel Doval (PSdeG-PSOE; 2015-)
O Barco de Valdeorras 13.581 85,7 O Barco Valdeorras Ourense Alfredo García Rodríguez (PSdeG; 1999-)
Barreiros 2.948 72,4 San Cosme A Mariña Oriental Lugo Ana Belén Ermida Iglesias (PPdG; 2019-)
Barro 3.699 37,6 Santo Antoniño Pontevedra Pontevedra Xosé Manuel Fernández Abraldes (BNG; 2015-)
Beade 411 6,4 Beade O Ribeiro Ourense Senén Pousa (PPdG; 1974-)
Beariz 982 56 Beariz O Carballiño Ourense Manuel Prado López (PPdG; 1983-)
Becerreá 2.856 172,1 Becerreá Os Ancares Lugo Manuel Martínez Núñez (PSdeG; 2007-)
Begonte 3.071 126,8 Begonte A Terra Chá Lugo José Ulla Rocha (PPdG; 2011-)
Bergondo 6.623 32,7 Carrio A Coruña A Coruña Alejandra Pérez Máquez (PSdeG; 2008-)
Betanzos 12.941 24,2 Betanzos Betanzos A Coruña María Barral Varela (PSdeG; 2019-)
Os Blancos 812 47,6 Os Blancos A Limia Ourense José Manuel Castro Blanco (APG 2011-2015, PPdG 2015-)
Boborás 2.375 87,8 Boborás O Carballiño Ourense Ana Patricia Torres Madureira (PPdG; 1991-)
Boimorto 2.040 82,4 Vilanova Arzúa A Coruña María Jesús Novo Gómez (PPdG; 2016-)
Boiro 18.885 86,6 Boiro A Barbanza A Coruña Jose Ramón Romero García (PSdG; 2019-)
A Bola 1.251 34,9 Campo de Veiga A Terra de Celanova Ourense María Teresa Barge Bello (IPB 2003-2007, BNG 2007-2015, PPdG 2015-)
O Bolo 938 91,2 O Bolo Valdeorras Ourense Manuel Corzo Macías (PPdG; 1999-)
Boqueixón 4.242 73,2 O Forte Santiago A Coruña Manuel Fernández Munín (PPdG; 2016-)
Bóveda 1.527 91,1 Bóveda A Terra de Lemos Lugo José Manuel Arias López (PPdG; 1999-)
Brión 7.699 74,9 Pedrouzos Santiago A Coruña Pablo Lago Sanmartín (PSdeG; 2019-)
Bueu 12.145 30,8 Bueu O Morrazo Pontevedra Félix Juncal Novas (BNG; 2007-)
Burela 9.524 7,3 Burela A Mariña Central Lugo Alfredo Llano García (PSdeG-PSOE; 2007-2011 e 2015-)
Cabana de Bergantiños 4.347 99,8 A Carballa Bergantiños A Coruña José Muíño Domínguez (PPdG; 2003-)
Cabanas 3.314 30,3 Cabanas O Eume A Coruña Carlos Ladra Brage (PSdG; 2019-)
Caldas de Reis 9.825 68,2 Caldas de Reis Caldas Pontevedra Juan Manuel Rey Rey (PSdeG; 2007-)
Calvos de Randín 818 97,7 Calvos A Limia Ourense Aquilino Valencia Salgado (PSdeG; 2007-)
Camariñas 5.419 51,9 Camariñas A Terra de Soneira A Coruña Sandra Ínsua Rial (PSdeG; 2019-)
Cambados 13.900 23,4 Cambados O Salnés Pontevedra Fátima Abal Roma (PSdeG-PSOE; 2015-)
Cambre 24.348 40,7 Cambre A Coruña A Coruña Óscar Alfonso García Patiño (UxC; 2015-)
Campo Lameiro 1.867 63,8 A Lagoa Pontevedra Pontevedra Carlos Costa Domínguez (PPdG; 2019-)
Cangas 26.490 38,1 Cangas O Morrazo Pontevedra Victoria Portas[7] (ACE-SON; 2021-)
A Cañiza 5.233 108,1 A Cañiza A Paradanta Pontevedra Luís Antonio Gómez Piña (PsdG; 2019-)
A Capela 1.247 58 As Neves O Eume A Coruña Manuel Meizoso López (PSdeG; 2011-)
Carballeda de Avia 1.356 47 Carballeda de Avia O Ribeiro Ourense Luís Milia Méndez (PSdeG; 2001-)
Carballeda de Valdeorras 1.623 222,7 Sobradelo Valdeorras Ourense María Carmen González Quintela (PPdG; 1991-)
Carballedo 2.266 138,8 A Barrela Chantada Lugo Julio Yebra-Pimentel (PPdG; 1983-)
O Carballiño 13.854 54,4 O Carballiño O Carballiño Ourense Francisco Fumega Piñeiro (PSdeG-PSOE; 2015-)
Carballo 31.195 186,8 Carballo Bergantiños A Coruña Evencio Ferrero Rodríguez (BNG; 2003-)
Cariño 4.004 46,8 Cariño Ortegal A Coruña José Miguel Alonso Pumar (PSdeG-PSOE; 2015-)
Carnota 4.060 70,9 Carnota Muros A Coruña Juan Manuel Saborido Rama (PSdG; 2019-)
Carral 6.237 48 Carral A Coruña A Coruña Francisco Javier Gestal Pose (AV; 2019-)
Cartelle 2.683 94,3 Outomuro A Terra de Celanova Ourense Jaime Sousa Seara (PPdG; 2017-)
Castrelo de Miño 1.445 39,7 Barral O Ribeiro Ourense Avelino Pazos Pérez (PPdG; 2019-)
Castrelo do Val 1.028 122 Castrelo do Val Verín Ourense Vicente Gómez García (PSdeG; 2007-)
Castro Caldelas 1.298 87,6 O Castro de Caldelas A Terra de Caldelas Ourense Sara Inés Vega Núñez (PSdeG-PSOE; 2014-)
Castro de Rei 5.013 177 Castro de Rei A Terra Chá Lugo Francisco Balado Teijeiro (PPdG; 2011-)
Castroverde 2.676 174,2 Castroverde Lugo Lugo Xosé María Arias Fernández (PSdeG; 1999-)
Catoira 3.337 29,4 Catoira Caldas Pontevedra Alberto García García (PSdeG; 1989-)
Cedeira 6.888 85,4 Cedeira Ferrol A Coruña Pablo Diego Moreda Gil (PSdeG; 2015-)
Cee 7.539 57,5 Cee Fisterra A Coruña Margarita Lamela Louzán (PSOE; 2019-)
Celanova 5.455 67,3 Celanova A Terra de Celanova Ourense Antonio Puga Rodríguez (CD; 2019-)
Cenlle 1.176 29 Cenlle O Ribeiro Ourense José Manuel Rodríguez Lamas (PPdG; 2019-)
Cerceda 4.992 110,9 Cerceda Ordes A Coruña Juan Manuel Rodríguez García (PSdG; 2019-)
Cerdedo-Cotobade 6.107 214,50 A Chan Pontevedra - Tabeirós - Terra de Montes Pontevedra Jorge Cubela López [8] (PP; 2016-)
Cerdido 1.170 52,7 As Felgosas Ortegal A Coruña Benigno Galego Castro (PSdeG-PSOE; 2015-)
Cervantes 1.423 277,6 San Román Os Ancares Lugo Benigno Gómez Tadín (PSdeG; 2007-)
Cervo 4.274 78,3 Cervo A Mariña Occidental Lugo Alfonso Villares Bermúdez (PPdG; 2007-)
Chandrexa de Queixa 494 171,8 Celeiros A Terra de Trives Ourense Francisco Rodríguez Rodríguez (PPdG; 1991-)
Chantada 8.371 176,7 Chantada Chantada Lugo Manuel Lorenzo Varela Rodríguez (INTA; 2011-2019; PPdG 2019-)
Coirós 1.801 33,9 Coirós Betanzos A Coruña Francisco Quintela Requeijo (PPdG; 1991-)
Coles 3.077 38,1 Vilarchao Ourense Ourense Manuel Rodríguez Vázquez (PSdeG; 2007-)
Corcubión 1.592 6,5 Corcubión Fisterra A Coruña Manuel Insua Insua (PSdeG; 2015-)
O Corgo 3.523 157,3 O Corgo Lugo Lugo Felipe Labrada Reija (PPdG; 2019-)
Coristanco 6.313 141,1 San Roque Bergantiños A Coruña Juan Carlos García Pose (PPdG; 2019-)
Cortegada 1.125 26,9 Cortegada O Ribeiro Ourense Avelino de Francisco Martínez (PSdeG-PSOE 2007-2015, PPdG 2015-)
A Coruña 244.099 37,83 A Coruña A Coruña A Coruña Inés Rey (PSdeG/PSOE; 2020-)
Cospeito 4.665 144,8 A Feira do Monte A Terra Chá Lugo Armando Castosa Alvariño (PPdG; 1991-)
Covelo 2.505 125,3 Santiago de Covelo A Paradanta Pontevedra Pablo Castillo (PPdG; 2014-)
Crecente 2.082 57,5 Crecente A Paradanta Pontevedra Julio César García-Luengo Pérez (PPdG; 2007-2014 e 2015-)
Cualedro 1.721 117,6 Cualedro Verín Ourense Luciano Rivero Cuquejo (PPdG; 2006-)
Culleredo 29.982 62,3 Tarrío A Coruña A Coruña José Ramón Rioboo Castro (PSdeG; 2019-)
Cuntis 4.750 79,8 Cuntis Caldas Pontevedra Manuel Campos Velay (PSdeG-PSOE; 2015-)
Curtis 3.968 116,6 Teixeiro Betanzos A Coruña Javier Francisco Caínzos Vázquez (PPdG; 2001-)
Dodro 2.832 36,1 Tallós O Sar A Coruña Francisco Xabier Castro Tourís (PSdG; 2019-)
Dozón 1.179 74,2 O Castro O Deza Pontevedra Adolfo Campos Vázquez (PPdG; )
Dumbría 3.053 124,7 Dumbría Fisterra A Coruña José Manuel Pequeño Castro (PSdeG; 1983-)
Entrimo 1.184 85,4 A Terrachá A Baixa Limia Ourense Ramón Alonso López (PSdeG; 2003-)
Esgos 1.154 37,8 Esgos Ourense Ourense Mario Rodríguez González (PPdG; 2011-)
A Estrada 20.700 281,8 A Estrada Tabeirós - Terra de Montes Pontevedra José Carlos López Campos (PPdG; 2011-)
Fene 13.110 26,3 Fene Ferrol A Coruña Juventino Trigo Rey (BNG; 2015-)
Ferrol 67.569 82,6 Ferrol Ferrol A Coruña Ángel Manuel Mato Escalona (PSdeG; 2015-)
Fisterra 4.734 29,4 Fisterra Fisterra A Coruña José Marcote Suárez (PSdeG-PSOE; 2015-)
Folgoso do Courel 1.025 192,8 Folgoso do Courel Quiroga Lugo Dolores Castro Ochoa (PPdG; 2009-)
A Fonsagrada 3.670 438,4 A Fonsagrada A Fonsagrada Lugo Carlos López López (PSdeG)
Forcarei 3.523 168,4 Forcarei Tabeirós - Terra de Montes Pontevedra Verónica Pichel Guisande (PSdG; 2012-)
Fornelos de Montes 1.694 83,1 Fornelos de Montes Vigo Pontevedra Emiliano Lage Rodríguez (PSdeG; 2011-)
Foz 9.931 100,3 Foz A Mariña Central Lugo Javier Jorge Castiñeira (PPdG; 2011-)
Frades 2.422 81,7 Cimadevila Ordes A Coruña Roberto Rey Martínez (PPdG; 2012-)
Friol 3.842 292,3 Friol Lugo Lugo José Ángel Santos Sánchez (PPdeG; 2015-)
Gomesende 778 28,3 Sobrado A Terra de Celanova Ourense Pura Rodríguez Álvarez (PPdG; 2007-)
Gondomar 14.233 74,5 Gondomar Vigo Pontevedra Juan Francisco Ferreira González (PSdeG-PSOE; 2015-)
O Grove 10.746 21,9 O Grove O Salnés Pontevedra José Antonio Cacabelos Rico (PSdeG-PSOE; 2007-2011 e 2015-)
A Guarda 10.051 20,5 A Guarda O Baixo Miño Pontevedra Antonio Lomba Paz (PSdeG-PSOE; 2015-)
A Gudiña 1.360 171,4 A Gudiña Viana Ourense José María Lago Cabo (PP; 2016-)
Guitiriz 5.512 293,7 Guitiriz A Terra Chá Lugo María Sol Morandeira Morandeira (PSdeG-PSOE; 2019-)
Guntín 2.780 154,8 Guntín de Pallares Lugo Lugo Mª José Gómez Rodríguez (PPdG; 2019-)
A Illa de Arousa 4.968 7 Arousa O Salnés Pontevedra Carlos Iglesias Cores (PSdeG-PSOE; 2015-)
O Incio 1.667 146,2 A Cruz do Incio Sarria Lugo Héctor Manuel Corujo González (PPdeG; 2019-)
O Irixo 1.519 121 O Irixo O Carballiño Ourense Manuel Cerdeira Lorenzo (PPdG; 2019-)
Irixoa 1.361 68,6 O Pazo de Irixoa Betanzos A Coruña Antonio Deibe Sanmartín (PPdG; 2005-)
Lalín 20.075 326,8 Lalín O Deza Pontevedra José Crespo Iglesias (PPdG; 2019-)
A Lama 2.478 111,8 A Lama Pontevedra Pontevedra Jorge Canda Martínez (PPdG; 1999-)
Láncara 2.696 121,7 A Pobra de San Xiao Sarria Lugo Darío Antonio Piñeiro López (PSdeG-PSOE; 2007-2009 e 2015-)
A Laracha 11.281 125,8 A Laracha Bergantiños A Coruña José Manuel López Varela (PPdG; 1999-)
Larouco 472 23,7 Larouco Valdeorras Ourense Patricia Lamelas Rodríguez (PPdG; 2019-)
Laxe 3.090 36,9 Laxe Bergantiños A Coruña José Luis Pérez Añón (PPdeG; 2019-)
Laza 1.331 215,9 Laza Verín Ourense José Ramón Barreal (PPdG; 2011-)
Leiro 1.601 38,3 Leiro O Ribeiro Ourense Francisco José Fernández Pérez (PPdG; 1995-)
Lobeira 825 68,9 A Vila A Baixa Limia Ourense Antonio Iglesias Álvarez (PPdG; 2015-)
Lobios 1.795 168,4 Fondevila A Baixa Limia Ourense María del Carmen Yáñez Salgado (PPdG; 2011-)
Lourenzá 2.224 62,6 Lourenzá A Mariña Central Lugo Rocío López García (PSdeG-PSOE; 2015-)
Lousame 3.447 93,6 Portobravo Noia A Coruña Teresa Villaverde Pais (PPdG; 2012-)
Lugo 97.995 329,78 Lugo Lugo Lugo Lara Méndez López (PSdeG-PSOE; 2015-)
Maceda 2.924 101,9 Maceda Allariz - Maceda Ourense Rubén Quintas Rodríguez (PPdG; 2015-)
Malpica de Bergantiños 5.518 61,4 Malpica Bergantiños A Coruña Walter Pardo Añón (PSdeG-PSOE; 2019-)
Manzaneda 906 114,6 Manzaneda A Terra de Trives Ourense Amable Fernández Basalo (PSdeG-PSOE; 2019- )
Mañón 1.391 82,2 Caión Ortegal A Coruña Alfredo Dovale Pereira (PPdG)
Marín 24.637 36,7 Marín O Morrazo Pontevedra María Pilar Ramallo Vázquez (PPdG; 2011-)
Maside 2.797 40 Maside O Carballiño Ourense José/Juan Manuel Iglesias Araújo (PSOE)
Mazaricos 4.014 187,3 A Picota O Xallas A Coruña Juan José Blanco Riveiro (BNG; 2015-)
Meaño 5.318 27,8 As Covas O Salnés Pontevedra Carlos Vieitez Fernández (PPdG)
Meira 1.726 46,5 Meira Meira Lugo Antonio de Dios Álvarez (PSdeG-PSOE; 2007-2011 e 2015-)
Meis 4.788 52,4 O Mosteiro O Salnés Pontevedra Marta Giráldez Barral (PSdG)
Melide 7.503 101,3 Melide A Terra de Melide A Coruña José Manuel Pérez Penas (AMLD)
Melón 1.254 53,4 Melón O Ribeiro Ourense Emilio Luís Díaz Vidal (PSdG)
A Merca 1.924 51 Merca A Terra de Celanova Ourense José Manuel Garrido Sampedro (PPdG; 2003-)
Mesía 2.637 106,8 A Pobra Ordes A Coruña Mariano Iglesias Castro (PSdeG; 2007-)
A Mezquita 1.034 104,3 A Mezquita Viana Ourense Rafael Pérez Vázquez (BNG; 2011-)
Miño 5.905 33 A Carreira Betanzos A Coruña Manuel Vázquez Faraldo (PSdG)
Moaña 19.439 35,1 Moaña O Morrazo Pontevedra Leticia Santos Paz (BNG; 2015-)
Moeche 1.230 48,5 San Ramón Ferrol A Coruña Beatriz Bascoy Maceiras (BNG; 2015-)
Mondariz 4.548 85,1 Mondariz O Condado Pontevedra Xosé Emilio Barros Bello (BNG)
Mondariz-Balneario 627 2,3 Mondariz-Balneario O Condado Pontevedra José Antonio Lorenzo Rodríguez (PPdG; 1983-)
Mondoñedo 3.722 142,7 Mondoñedo A Mariña Central Lugo Manuel Ángel Otero Legide (PPdG)
Monfero 1.985 171,7 Rebordelo O Eume A Coruña Andrés Feal Varela (PSdeG-PSOE; 1987-2011 e 2015-)
Monforte de Lemos 18.783 199,5 A Terra de Lemos Lugo José Tomé Roca (PSdeG-PSOE; 2015-)
Montederramo 760 135,6 A Terra de Caldelas Ourense Antonio Rodríguez Álvarez (PPdG; 1991-)
Monterrei 2.655 119,1 Monterrei Verín Ourense José Luís Suárez Martínez (PPdG; 2015-)
Monterroso 3.678 114,6 Monterroso A Ulloa Lugo Rocío Seijas Vázquez (independente)
Moraña 4.246 41,3 Santa Lucía de Moraña Caldas Pontevedra José Cela Camiño (PPdG)
Mos 15.132 53,2 Reguengo Vigo Pontevedra Nidia Arévalo (PPdG; 2008-)
Mugardos 5.303 12,8 Mugardos Ferrol A Coruña Juan Domingo de Deus Fonticoba ([PPdG)
Muíños 1.514 109,7 Mugueimes A Baixa Limia Ourense Plácido Álvarez Dobaño (PPdG; 1995-)
Muras 648 163,8 Muras A Terra Chá Lugo Manuel Requeijo Arnejo (BNG; 2015-)
Muros 8.792 72,9 Muros Muros A Coruña María Inés Monteagudo Romero (PPdG)
Muxía 4.852 121,3 Muxía Fisterra A Coruña Santiago Manuel Toba Campaña (PSdeG)
Narón 39.280 67 Narón Ferrol A Coruña Marian Ferreiro Díaz (TEGA)
Navia de Suarna 1.140 242,6 A Proba Os Ancares Lugo José Fernández Fernández (PSdeG; 2007-)
Neda 5.165 23,8 Neda Ferrol A Coruña Ángel Alvariño Saavedra (PSdeG-PSOE; 2015-)
Negreira 6.883 115,1 Negreira A Barcala A Coruña Manuel Ángel Leis Míguez (PSdeG-PSOE)
Negueira de Muñiz 219 72,3 Negueira A Fonsagrada Lugo José Manuel Braña (PSdeG; 2003-)
As Neves 3.968 65,5 As Neves O Condado Pontevedra Xosé Manuel Rodríguez Méndez (BNG; 2015-)
Nigrán 17.622 34,8 Nigrán[9] Vigo Pontevedra Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE; 2015-)
As Nogais 1.146 110,3 As Nogais Os Ancares Lugo Jesús Núñez Díaz (PPdG; 2011-)
Nogueira de Ramuín 2.033 98,3 Luíntra Ourense Ourense César Parente Pérez (PPdG; 2011-)
Noia 14.295 37,2 Noia Noia A Coruña José Santiago Freire Abeijón (PP; 2016-)
Oia 3.004 83,3 O Arrabal O Baixo Miño Pontevedra Cristina Correa Pombal (PPdG; 2015-)
Oímbra 1.818 71,9 Verín Ourense Ana María Villarino Pardo (PPdG; 2015-)
Oleiros 35.198 43,8 A Coruña A Coruña Ángel García Seoane (AV; 2003-)
Ordes 12.580 157,3 Ordes A Coruña José Luis Martínez Sanjurjo (PPdG; 2015-)
Oroso 7.452 72,1 Sigüeiro Ordes A Coruña Luis Rey Villaverde (PSdeG)
Ortigueira 5.966 210 Ortegal A Coruña Juan Vicente Penabad Muras (PSdeG-PSOE; 2015-)
Ourense 105.636 84,5 Ourense Ourense Ourense Gonzalo Pérez Jácome (DO; 2019-)
Ourol 1.016 142,1 A Mariña Occidental Lugo José Luis Pajón Camba (PSdeG-PSOE; 2015-)
Outeiro de Rei 5.063 134,2 Lugo Lugo José Pardo Lombao (PPdG; 1998-)
Outes 6.514 99,7 A Serra de Outes Noia A Coruña Manuel González López (CO)
Oza-Cesuras 5.133 151,8 Oza Betanzos A Coruña José Pablo González Cacheiro (PPdG; 2013-)
Paderne 2.441 39,8 O Consistorio Betanzos A Coruña César Longo Queijo (PSdeG; 1999-)
Paderne de Allariz 1.414 38,8 Allariz - Maceda Ourense José Manuel Fernández Gómez (PPdG; 2007-)
Padrenda 1.838 57 A Terra de Celanova Ourense Manuel Pérez Pereira (PPdG; 1991-)
Padrón 8.463 48,4 O Sar A Coruña Antonio Fernández Angueira (PPdG; 2011-)
Palas de Rei 3.489 199,7 A Ulloa Lugo Pablo José Taboada Camoira (PPdG; 2011-)
Pantón 2.565 143,2 O Castro de Ferreira A Terra de Lemos Lugo José Luis Álvarez Blanco (PPdG; 2007-)
Parada de Sil 593 62,4 A Terra de Caldelas Ourense Aquilino Domínguez Díaz (PSdeG-PSOE)
Paradela 1.851 121,1 Sarria Lugo José Manuel Mato Díaz (PPdG; 1979-)
O Páramo 1.420 74,8 Sarria Lugo José Luis López López (Todo Polo Páramo)
A Pastoriza 3.133 175 A Terra Chá Lugo Primitivo Iglesias Sierra (PSdeG; 2007-)
Pazos de Borbén 2.991 50 Pazos Vigo Pontevedra Andrés Iglesias Rodríguez (PPdG; 1999-)
Pedrafita do Cebreiro 1.070 104,9 Os Ancares Lugo José Luis Raposo Magdalena (PSdeG; 1986-)
O Pereiro de Aguiar 6.228 60,9 Ourense Ourense Luís Menor Pérez (PPdG)
A Peroxa 1.902 54,5 Ourense Ourense Manuel Seoane Rodríguez (PPdG; 1979-)
Petín 921 30,5 Valdeorras Ourense Miguel Bautista Carballo (PSdeG; 1999-)
O Pino 4.644 131,9 Arzúa A Coruña Manuel Taboada Vigo (PPdG; 1995-)
Piñor 1.172 52,7 O Carballiño Ourense José Luís González Rodríguez (PPdG; 2015-)
A Pobra de Trives 2.150 84,2 A Terra de Trives Ourense Patricia Domínguez Barja (PSdG-PSOE)
A Pobra do Brollón 1.709 176,7 A Terra de Lemos Lugo Xosé Lois Maceda Vilariño (BNG; 2007-)
A Pobra do Caramiñal 9.440 32,4 A Barbanza A Coruña Xosé Lois Piñeiro García (Nós Pobra; 2015-)
Poio 16.871 33,9 Pontevedra Pontevedra Luciano Sobral (BNG; 1995-)
Pol 1.663 125,9 Meira Lugo Lino Rodríguez Ónega (PSdeG; 2007-)
Ponte Caldelas 5.562 87 Pontevedra Pontevedra Andrés Díaz Sobral (PSdeG-PSOE; 2015-)
Ponteareas 22.893 125,6 Ponteareas O Condado Pontevedra María Cristina Fernández Davila (BNG)
Ponteceso 5.613 91,9 Bergantiños A Coruña Lois García Carballido (PSdeG-PSOE; 2015-)
Pontecesures 3.037 6,7 Caldas Pontevedra Juan Manuel Vidal Seage (PP; 2016-)
Pontedeume 7.937 29,3 O Eume A Coruña Bernardo Fernández Piñeiro (PSdeG-PSOE; 2015-)
Pontedeva 570 9,9 A Terra de Celanova Ourense José Carlos Guerrero Salgado (PPdG)
A Pontenova 2.330 135,8 A Mariña Oriental Lugo Darío Campos Conde (PSdeG; 2007-)
As Pontes de García Rodríguez 10.324 249,4 O Eume A Coruña Valentín González Formoso (PSdeG; 2007-)
Pontevedra 82.671 118,3 Pontevedra Pontevedra Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores (BNG; 1999-)
Porqueira 848 43,4 A Limia Ourense Susana Vázquez Dorado (PPdG; 2003-)
O Porriño 19.600 61,2 O Porriño Vigo Pontevedra Eva García de la Torre (PSdeG-PSOE; 2015-)
Portas 3.016 22,6 Caldas Pontevedra Ricardo Martínez Chantada (PPdG)
Porto do Son 9.271 94,6 Noia A Coruña Luís Oujo (PPdG; 2011-)
Portomarín 1.508 115,1 Lugo Lugo Pablo Rivas (PPdeG); 2021-
Punxín 713 17,1 O Carballiño Ourense Manuel Vázquez Fernández (PPdG; 2011-)
Quintela de Leirado 615 31,3 A Terra de Celanova Ourense José Antonio Pérez Cortés (PPdG; 1979-)
Quiroga 3.328 317,4 Quiroga Lugo Julio Álvarez Núñez (PPdG; 1987-)
Rábade 1.519 5,2 Lugo Lugo Francisco Fernández Montes (IR; 1999-)
Rairiz de Veiga 1.330 72,4 A Limia Ourense Josefa Asunción Morgade Rúa (PPdG; 2015-)
Ramirás 1.550 40,7 O Picouto A Terra de Celanova Ourense Isabel Gil Álvarez (PSdeG-PSOE)
Redondela 29.392 52,1 Redondela Vigo Pontevedra Digna Rosa Rivas Gómez (PSdeG-PSOE)
Rianxo 11.188 58,8 A Barbanza A Coruña Adolfo Muíños (BNG; 2011-)
Ribadavia 5.095 25,2 O Ribeiro Ourense Noelia Rodríguez Travieso (PSdeG-PSOE)
Ribadeo 9.962 108,9 A Mariña Oriental Lugo Fernando Suárez Barcia (BNG; 2007-)
Ribadumia 5.081 19,7 Barrantes O Salnés Pontevedra David Castro Mougán (IR; 2015-)
Ribas de Sil 980 67,8 Quiroga Lugo Miguel Ángel Sotuela Vega (PSdeG; 1997-)
Ribeira 27.159 69 A Barbanza A Coruña Manuel Ruiz Rivas (PPdG; 2011-)
Ribeira de Piquín 554 73 O Chao de Pousadoiro Meira Lugo Roberto Fernández Rico (PSdeG-PSOE; 2015-)
Riós 1.609 114,4 Verín Ourense Francisco Armando Veiga Romero (PPdG; 1995-)
Riotorto 1.288 66,3 As Rodrigas Meira Lugo Clemente Iglesias González (PPdG; 2015-)
Rodeiro 2.567 154,9 O Deza Pontevedra Rubén Porfirio Quintá Quintá (PPdG)
Rois 4.627 92,8 Samil O Sar A Coruña Ramón Tojo Lens (PPdG; 2007-)
O Rosal 6.328 44,1 O Baixo Miño Pontevedra Ánxela Fernández Callis (BNG)
A Rúa 4.459 35,9 Valdeorras Ourense Álvaro José Fernández López (PPdG)
Rubiá 1.462 100,7 Valdeorras Ourense Elías Rodríguez Núñez (PPdG; 2003-)
Sada 15.242 27,4 A Coruña A Coruña Benito Portela Fernández (Sadamaioría; 2015-)
Salceda de Caselas 9.017 35,9 Vigo Pontevedra Verónica Tourón Domínguez (PSdeG-PSOE)
Salvaterra de Miño 9.657 62,5 O Condado Pontevedra Marta Valcárcel Gómez (PPdG)
Samos 1.343 136,6 Sarria Lugo Julio Gallego Moure (PSdeG; 2007-)
San Amaro 1.112 28,9 O Carballiño Ourense Rubén Gómez González (PSdeG-PSOE)
San Cibrao das Viñas 5.184 39,5 Ourense Ourense Manuel Pedro Fernández Moreiras (PPdG; 2011-)
San Cristovo de Cea 2.241 93,9 O Carballiño Ourense José Luís Valladares Fernández (PPdG; 1991-)
San Sadurniño 2.877 99,7 Ferrol A Coruña Secundino García Casal (BNG; 2007-)
San Xoán de Río 561 61,1 A Terra de Trives Ourense José MiguelPérez Blecua (RÍO)
Sandiás 1.261 52,8 A Limia Ourense Felipe Traveso García (AGRELSAN; 2015-)
Santa Comba 9.477 203,7 O Xallas A Coruña María Josefa Pose Rodríguez (PP; 2014-2015 e 2016-)
Santiago de Compostela 96.456 220,6 Santiago de Compostela Santiago A Coruña Xosé Antonio Sánchez Bugallo (PSdeG-PSOE)
Santiso 1.630 67,4 A Terra de Melide A Coruña Manuel Adán López (BNG; 2015-)
Sanxenxo 17.241 45,1 O Salnés Pontevedra Telmo Martín González (PP; 1999-2006 e 2017-)
Sarreaus 1.220 77,3 A Limia Ourense Gumersindo Lamas Alvar (PPdG; 1991-)
Sarria 13.359 184,6 Sarria Lugo Claudio Melquíades Garrido Martínez (Camiña Sarria)
O Saviñao 3.832 196,6 Escairón A Terra de Lemos Lugo Juan Carlos Armesto Quiroga (PPdG)
Silleda 8.669 168 O Deza Pontevedra Manuel Cuíña Fernández (PSdeG-PSOE; 2013-)
Sober 2.338 133,3 A Terra de Lemos Lugo Luis Fernández Guitián (PPdG; 2011-)S
Sobrado 1.847 120,6 Sobrado A Terra de Melide A Coruña Luis Lisardo Santos Ares (PSdeG-PSOE)
As Somozas 1.128 70,9 Ferrol A Coruña Juan Alonso Tembrás (PPdG; 2014-)
Soutomaior 7.242 25 Vigo Pontevedra Agustín Reguera Ocampo (PPdG; 1995-)
Taboada 2.862 146,7 Chantada Lugo Ramiro Moure Ansoar (PPdG; 2009-)
Taboadela 1.458 25,2 Ourense Ourense Álvaro Vila Araújo (PSdeG-PSOE)
A Teixeira 339 27,6 A Terra de Caldelas Ourense Miguel Antonio Cid Álvarez (PPdG; 1995-)
Teo 18.478 79,3 A Ramallosa Santiago A Coruña Rafael Sisto Edreira (Son de Teo-ANOVA; 2015-)
Toén 2.377 58,3 Ourense Ourense Ricardo González Gómez (PPdG)
Tomiño 13.585 106,6 O Seixo O Baixo Miño Pontevedra Sandra González (BNG; 2007-)
Toques 1.173 77,9 A Terra de Melide A Coruña José Ángel Penas García (BNG; 2015-)
Tordoia 3.433 124,5 Ordes A Coruña Antonio Pereiro Liñares (PPdG; 1999-)
Touro 3.693 115,3 Arzúa A Coruña Ignacio Codesido Barreiro (PPdG; 1992-)
Trabada 1.117 82,7 A Mariña Oriental Lugo Mayra García Bermúdez (PSdeG-PSOE; 2015-)
Trasmiras 1.327 56,7 A Limia Ourense Emilio Pazos Ojea (PPdG; 2007-)
Trazo 3.186 101,4 Ordes A Coruña Josefina Suárez López (PPdG)
Triacastela 658 51,2 Sarria Lugo Olga Iglesias (PPdG; 2011-)
Tui 16.860 68,3 O Baixo Miño Pontevedra Enrique Cabaleiro González (PSdeG; 2015-)
Val do Dubra 3.931 108,7 Bembibre Santiago A Coruña José Varela Ferreiro (PPdG)
O Valadouro 2.002 110,5 A Mariña Central Lugo Edmundo Maseda (PSdG; 2013-)
Valdoviño 6.594 88,2 Ferrol A Coruña Alberto González Fernández (PSdeG-PSOE; 2015-)
Valga 5.986 40,6 Caldas Pontevedra José María Bello Maneiro (PPdG; 1999-)
Vedra 5.051 52,8 Santiago A Coruña Carlos Martínez Carrillo (PPdG; 2011-)
A Veiga 907 290,5 Valdeorras Ourense Juan Anta Rodríguez (PPdG; 2015-)
Verea 956 94,2 A Terra de Celanova Ourense José Antonio Pérez Valado (BNG)
Verín 13.889 94,1 Verín Verín Ourense Gerardo Seoane Fidalgo (PSdeG-PSOE; 2015-)
Viana do Bolo 2.964 270,4 Viana Ourense Abelardo Carballo Alonso (Non adscrito)
O Vicedo 1.747 76 A Mariña Occidental Lugo José Jesús Novo Martínez (PPdG; 2001-)
Vigo 292.986 109,1 Vigo Vigo Pontevedra Abel Caballero (PSdeG; 2007-)
Vila de Cruces 5.389 155 Vila de Cruces O Deza Pontevedra Luis Celso Taboada Sánchez (XPC)
Vilaboa 6.023 36,9 O Toural Pontevedra Pontevedra César Poza González (PSdeG-PSOE)
Vilagarcía de Arousa 37.479 44,2 Vilagarcía de Arousa O Salnés Pontevedra Alberto Varela Paz (PSdeG-PSOE; 2015-)
Vilalba 14.354 379 Vilalba A Terra Chá Lugo María Elba Veleiro Fernández (PSdeG-PSOE)
Vilamarín 1.940 56,1 Vilamarín Ourense Ourense Amador Vázquez Vázquez (PPdG; 1983-)
Vilamartín de Valdeorras 1.771 88,3 Valdeorras Ourense Enrique Álvarez Barreiro (PSdeG-PSOE; 2011-2013 e 2015-)
Vilanova de Arousa 10.361 33,7 O Salnés Pontevedra Gonzalo Durán (PPdG; 1995-)
Vilar de Barrio 1.360 106,7 A Limia Ourense Manuel Conde Gómezl (BNG)
Vilar de Santos 850 20,7 A Limia Ourense Xoán Xardón ((XUNTOSVILARDESANTOS; 2019-)
Vilardevós 1.971 152,1 Verín Ourense Manuel Cardoso Pérez (PPdG; 2011-)
Vilariño de Conso 558 200,2 Viana Ourense Melisa Macía Domínguez (PPdG; 2017-)
Vilarmaior 1.249 30,3 Betanzos A Coruña Carlos Vázquez Quintián (PPdG; 2003-)
Vilasantar 1.241 59,2 Ru Betanzos A Coruña Fernando Pérez Fernández (PPdG; 2011-)
Vimianzo 7.270 187,4 A Terra de Soneira A Coruña Mónica Rodríguez Ordóñez (PSdeG-PSOE; 2019-)
Viveiro 15.550 109,3 A Mariña Occidental Lugo María Loureiro García (PSdeG-PSOE; 2013-)
Xermade 1.884 166,6 A Terra Chá Lugo Roberto García Pernas (PSdeG-PSOE; 2015-)
Xinzo de Limia 9.875 132,7 A Limia Ourense Elvira Lama Fernández (PSdeG-PSOE; 2019-)
Xove 3.342 89,1 A Mariña Occidental Lugo Demetrio Salgueiro Rapa (PPdG; 2007-)
Xunqueira de Ambía 1.438 60,2 Allariz - Maceda Ourense José Luis Gavilanes (PPdG; 1979-)
Xunqueira de Espadanedo 756 27,6 Allariz - Maceda Ourense Carlos Gómez Blanco (PPdG; 2011-)
Zas 4.671 133,2 A Terra de Soneira A Coruña Manuel Muíño Espasandín (BNG; 2007-)

Listas de concellos por provincias[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]