Industria
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2016.) |


A industria é un proceso de transformación de materias primas en produtos elaborados. Por extensión, conxunto de instalacións nas que se realizan ditas transformacións.
Se ben a actividade industrial así definida pode facerse extensiva ó que comunmente se denomina artesanía, a diferenza fundamental entre ambas estriba principalmente en que mentres o artesán realiza por si mesmo todas as operacións necesarias para obter o produto final, a industria caracterízase pola súa especialización, de modo que as diferentes etapas do proceso son realizadas por diferentes traballadores, ou incluso empresas.
Para que o sistema así concibido funcione correctamente é necesaria a intercambiabilidade, é dicir, os produtos obtidos en cada etapa deben cumprir unha serie de requisitos que permitan o seu uso como materia prima na etapa seguinte.
En efecto, mentres o artesán realiza creacións únicas na súa especie, a industria dedícase a clonar indefinidamente un determinado produto. A recente introdución da robótica e a fabricación flexible na industria, pretende rematar con esta disxuntiva, tendéndose actualmente cara á fabricación de produtos á carta, de modo que o consumidor se figure que adquiriu un produto exclusivo.
Tamén se coñece como industria ó conxunto de actividades económicas clasificadas no sector secundario.
Índice
Historia[editar | editar a fonte]
Dende a orixe do ser humano, este tivo a necesidade de transformar os elementos da natureza para poder aproveitalos; en sentido estrito xa existía a industria, mais contra finais do século XVIII e durante o século XIX, cando o proceso de transformación dos recursos naturais sufriu un cambio radical, coñecido como revolución industrial.[1]
Este cambio baseouse na diminución do tempo de traballo necesario para transformar un recurso nun produto útil, grazas á utilización do modo de produción capitalista, que pretende a consecución dun beneficio aumentando os ingresos e diminuíndo os gastos. Coa revolución industrial o capitalismo adquire unha nova dimensión e a transformación da natureza alcanza límites insospeitados ata entón.
A industria foi o sector motor da economía dende o século XIX, e ata a segunda guerra mundial a industria foi o sector económico que máis contribuía ao produto interior bruto (PIB), e o que máis man de obra ocupaba. Dende entón, co aumento da produtividade pola mellora das máquinas e o desenvolvemento dos servizos, pasou a un segundo termo. Porén, continúa a ser esencial, posto que non pode haber servizos sen desenvolvemento industrial.
O capital de investimento en Europa procede da acumulación de riqueza na agricultura. O capital agrícola investirase na industria e nos medios de transporte necesarios para pór no mercado os produtos elaborados.
En principio, os produtos industriais aumentan a productividade da terra, co que se diminúe forza de traballo para a industria e se obteñen produtos agrícolas excedentarios para alimentar unha crecente poboación urbana, que non vive do campo. Xa que logo, a agricultura, proporciona á industria capitais, forza de traballo e mercadorías. Todo iso é unha condición necesaria para o desenvolvemento da revolución industrial.
Grazas á revolución industrial as rexións poden especializarse, sobre todo debido á creación de medios de transporte eficaces, nun mercado nacional e outro mercado internacional, o máis libre posible de trabas arancelarias e burocráticas.
Unha nova estrutura económica e a destrución da sociedade tradicional garantiron a dispoñibilidade de suficiente forza de traballo asalariada e voluntaria.
Nos países do Terceiro Mundo e nalgúns países de industrialización tardía o capital proporciónao o investimento estranxeiro, que monta as infraestruturas necesarias para extraer a riqueza e as plusvalías que xera a forza do traballo; sen liberar das tarefas agrícolas á man de obra necesaria, senón só á imprescindible. Nun principio recorreuse á escravitude para garantir a man de obra. O cambio da estrutura económica e a destrución da sociedade tradicional, garantiu a dispoñibilidade de suficientes capitais.
Tipos[editar | editar a fonte]
As industrias divídense en grupo:[2][3][4]
Tipo de industria | Descrición |
---|---|
Industria de base | Transforman materia prima bruta en materia prima procesada, para a utilización por outras industrias. |
Industria de bens intermediários[3] | Producen máquinas e equipamentos utilizados nas industrias de bens de consumo.[3] |
Industria de bens de consumo | Transforman materia prima fabricada pola industria de base en elementos para o consumidor final. Poden subdividirse en tres subgrupos, de acordo co que producen:
Atópanse moi dispersas xeograficamente, situadas próximas as centros urbanos, para proporcionar maior acceso por parte dos consumidores.[4] |
Desindustrialización[editar | editar a fonte]

Historicamente algunhas industria declinaron debido a varios factores económicos, incluíndo o desenvolvemento de tecnoloxía de substitución ou a perda de vantaxes competitivas. Un exemplo do primeiro foi a decadencia da fabricación de carruaxes cando os automóbiles comezaron a ser producidos en masa.
Unha tendencia recente é a migración de estados prósperos e industrializados cara á unha sociedade postindustrial. Isto maniféstase por un incremento no sector terciario a expensas da industria, e o desenvolvemento dunha economía baseada na información (revolución da información). Nas sociedades postindustriais as industrias relocalízanse en lugar máis axeitados nun proceso denominado off-shoring.
As medidas para comparar beneficios e efectos económicos das industrias variaron historicamente. Tradicionalmente, o éxito víñase medindo polo número de empregos creados. O número reducido de empregados no sector de fabricación asumíase que era o resultado dun declive na competitividade do sector, ou da introdución do proceso de lean manufacturing ("produción axustada").
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Ángel, Daniel (2 de xullo de 2016). "Los Tiempos Modernos de la Productividad" (PDF). Revista Acuerdos (3): 8. Consultado o 5 de novembro de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 "Tipos de indústria". Mundo Educação. Consultado o 5 de febreiro de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Tipos de Indústrias". Brasil Escola. Consultado o 5 de febreiro de 2012.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Tipos de Indústrias". Alunos Online. Consultado o 5 de febreiro de 2012.
- ↑ "Ficha Informativa - Indústria" (PDF). Escola Básica Padre Donaciano de Abreu Freire. 2009. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de outubro de 2012. Consultado o 5 de febreiro de 2012.
- ↑ "Tipos de indústrias". Colégio WEB. Consultado o 5 de febreiro de 2012.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Industria ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Krahn, Harvey J., e Graham S. Lowe. Work, Industry, and Canadian Society. 2.ª edición. Scarborough, Ont.: Nelson Canada, 1993. xii, 430 p. ISBN 0-17-603540-0
Outros artigos[editar | editar a fonte]
|
|